Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Sistemas de información Código 611448011
Titulación
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
carlos.psanchez@udc.es
Profesorado
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
carlos.psanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Esta materia pretende proporcionar unha formación básica en materia de sistemas de información, dende a perspectiva da xestión das empresas. O sistema de información defínese como unha infaestrutura destinada a facilita-la toma de decisións proporcionando os datos e os modelos de análise precisos para avaliar problemas e adoptar decisións. En termos organizacionais, o sistema de informasción ocúpase da xestión dos recursos de información, que se relacionan cos activos intanxibles. A infraestrutura TIC subxacente no sistema pode facer posible que a empresa se introduza en novos modelos de negocio, e desenvolva estruturas organizativas máis flexibles e eficientes.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións.
A8 Coñecemento da normativa contable relevante para entidades e instrumentos financeiros.
A11 Desenvolvemento dun sistema de información: fases e puntos críticos, perfil profesional e funcións dos profesionais implicados e sistemática para especificacións funcionais.
A12 Análise global de sistemas de información específicos: empresas fabrís, comerciais, de servicios en xeral e entidades financeiras.
B1 Habilidades lingüísticas básicas.
B2 Planificación para a resolución de problemas.
B3 Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles.
B4 Habilidades informáticas.
B5 Habilidades de presentación oral e escrita.
B6 Pensamento crítico e avaliación das accións propias e alleas.
B10 Habilidades interpersonais, saber relacionarse con outros.
B12 Preocupación pola calidade, por facer as cousas ben.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprende-la natureza dos procesos de decisión, e o papel da información AP2
AP8
Saber analizar e deseñar un sistema de información, dende a perspectiva de xestión da empresa AP2
AP11
AP12
Comprende-lo papel das TIC no desenvolvemento de novas formas de organización e de facer negocios AP12
CM3
CM4
CM6
Desenvolve-las habilidades para o traballo cooperativo e en equipo BP2
BP10
Capacidade para analizar problemas e situacións novas, buscando información ou referencias relevantes e aplicándoas racionalmente á situación en curso BP2
BP3
BP4
BP12
CM3
CM7
CM8
Planear e afrontar con acerto a defensa dun traballo ou proxecto BP1
BP5
BP6
BP12
CM1
CM2
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos de sistemas de información Decisións empresariais
O papel da información
Os sistemas transaccionais TPS
EDI
Data Warehousing e Data Mining
Os sistemas orientados á decisión MIS
DSS
ERP
Aspectos organizacionais e estratéxicos A integración do sistema de información e a estratexia empresarial
O impacto das TIC na estructura organizacional
O mundo da Internet. Comercio-e... e máis Comercio electrónico
Seguridade
Problemática de xestión Avaliación de investimentos en TI
Os procesos de reestructuración
A externalización
A xestión do coñecemento
Os activos invisibles

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos 8 16 24
Sesión maxistral 11 33 44
Proba obxectiva 1 5 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Estudo e debate de casos de traballo
Sesión maxistral Presentación dos aspectos básicos de cada capítulo
Proba obxectiva Proba de avaliación de tipo test. As características concretas da proba (número de preguntas, penalización por erros, etc.) detallaránse no seu momento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada pretende axudar ó alumno no seguemento da materia e o desenvolvemento das tarefas persoais.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Grao de asimilación das nocións e conceptos básicos, e de desenvolvemento das habilidades correspondentes á materia 70
Estudo de casos Grao de comprensión dos problemas ou cuestións formulados, capacidade analítica, flexibilidade interpretativa, capacidade para identifica-los problemas de fondo e aportar solucións, capacidade para buscar información; aptitudes para a colaboración e o traballo en equipo 30
 
Observacións avaliación

Os
criterios para o cómputo da cualificación son aplicables con total uniformidade
nas "oportunidades" de Xuño e Xullo. Nesta última tamén son
puntuables, coa ponderación sinalada, as actividades persoais dos alumnos.

As tarefas
deben entregarse nas datas, polos procedementos, e cos requisitos de contido
que se sinalen en cada caso; puntuaranse como cero cando se incumpran estas
condicións, e tamén cando sexan desenvolvidas en fraude. O plaxio total ou
parcial terá a interpretación de fraude, coas consecuencias académicas que se
deriven.

Salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e
aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista, e
durante os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas
ou o uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión.

O exame
versa sobre os obxectivos didácticos, competencias e contidos da materia, de
acordo con esta guía e coas indicacións que se realicen durante o curso, e de
conformidade cos tempos de traballo presencial e autónomo que deben render os
alumnos. Caso de se considerar conveniente publicarase un documento de “normas
de exame” con aclaracións adicionais de
cara á realización da proba.

Cualificarase
a tódolos alumnos que accedan á aula de exame.

Para
libera-la materia é preciso que a cualificación do exame sexa igual ou superior
a tres puntos sobre un total de sete. Os alumnos que non cumpran esta condición
terán unha cualificación global igual á do exame.

A comisión de fraude na realización das prácticas, dos exames, ou de calquera outra actividade da materia poderá implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.

A cualificación "non presentado" outorgarase seguindo as
directrices xerais da Facultade: “corresponde
ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación acadada”.


Fontes de información
Bibliografía básica Laudon, K. (2009). Essentials of management information systems . Londres: Pearson
Willcocks, L. (1996). Investing in information systems evaluation and management . Londres: Chapman & Hall
Escobar, B. (1997). La evaluación económica de los sistemas de información . Sevilla:Universidad de Sevilla
Arjonilla, S. (2007). La gestión de los sistemas de información en la empresa : teoría y casos prácticos . Madrid: Pirámide
Sieber, S. (2005). Los sistemas de información en la empresa actual aspectos estratégicos y alternativas tácticas . Madrid: McGraw - Hill
McLeod, R. (2000). Sistemas de información gerencial. México: Prentice Hall
Piñeiro, C. (2002). Sistemas y tecnologías de la información en la empresa. Una perspectiva de gestión. Santiago: Tórculo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
A bibliografía amosada nesta guía refírese ós aspectos xerais da materia. Complétase con fontes e referencias específicas para cada capítulo, que se proporcionarán oportunamente.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías