Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Macroeconomía Código 611G01017
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Estevez Mengotti, Carlos Benigno
Correo electrónico
c.mengotti@udc.es
Profesorado
Estevez Mengotti, Carlos Benigno
Correo electrónico
c.mengotti@udc.es
Web
Descrición xeral Á hora de planificar a docencia nesta materia cabe facer dúas consideracións:
1) en primeiro lugar, trátase dunha materia troncal no grao de Economía. Logo, o dominio rigoroso das temáticas da materia constitúen un requisito indispensable que debe alcanzar o graduado.
2) En segundo lugar, o nivel co que se aborda é intermedio. Isto significa que debe combinarse a profundización de coñecementos xa adquiridos nun primeiro nivel cun programa onde figuren todos os temas relavantes en Macroeconomía

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A7 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
En xeral, capacidade para interrelacionar as variables macroeconómicas e identificar a influencia das expectativas en tales inter-relacións A3
En particular, no ámbito da determinación da actividade económica a partir da evolución do gasto agregado, identificar as inter-relacións entre os determinantes do gasto e os mercados financeiros e como das mesmas derívanse efectos sobre os desemprego, a inflación, déficit e débeda pública, balanza de pagos e mercados cambiarios A3
A4
A5
Po lo lado da oferta, capacidade para analizar a influencia das variables da estrutura produtiva (custos, produtividade, etc) sobre os desequilibrios macroeconómicos máis relevantes. A3
A4
A5
A7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O marco temporal na análise macroeconómica: curto, medio e longo prazo
1.1. Introdución
1.2. Os desequilibrios macroeconómicos relevantes
Tema 2. Primeira aproximación o entorno internacional. A balanza de pagos
2.1. Introdución
2.2. Os desequilibrios externos
2.3. As inter-relacións entre os fluxos comerciais e financeiros
Tema 3. A oferta agregada e o medio prazo. A influencia da estrutura produtiva nos desequilibrios macroeconómicos da inflación e o desemprego
3.1. Introdución
3.2. A fixación dos prezos polas empresas: grao de competencia nos mercados e estrutura de custos (custos laborais unitarios)
3.3. O funcionamento do mercado de traballo e os custos laborais. O papel das expectativas de prezos e a produtividade
3.3.1. Conceptos previos
3.3.2. Desemprego cíclico e estrutural ou natural
3.4. As variables estruturais nos procesos inflacionarios e no desemprego. A ecuación da curva de Phillips e a ecuación da oferta agregada
3.5. Os shocks de oferta
Tema 4. A oferta agregada e o curto prazo. O entorno financeiro e do gasto agregado como determinantes da actividade económica e o emprego (desemprego). A demanda agregada
4.1. Introdución
4.2. Os mercados financeiros. Determinantes dos prezos dos activos e as súas inter-relacións
4.2.1. Os mercados monetarios
4.2.2. Os mercados de renda fixa
4.2.3. Os mercados bolsistas
4.2.4. Os mercados financeiros internacionais. Os mercados de divisas. A determinación do tipo de cambio no curto prazo
4.3. Os determinantes do gasto agregado
4.3.1. O consumo das familias
4.3.2. O investimento das empresas
4.3.3. O gasto público. O déficit e a débeda pública como factor endoxeneizante
4.3.4. O gasto externo neto. O tipo de cambio real e a relación real de intercambio.
4.3.5. A curva de demanda agregada. A interrelación dos factores reais e financeiros. O modelo Mundell-Fleming. Os shocks de demanda
Tema 5. A dinámica do curto o medio prazo. A interacción da oferta e a demanda agregadas 5.1. Introdución
5.2. O axuste de prezos e produción ante shocks de oferta e de demanda. A influencia das expectativas inflacionarias. A neutralidade do diñeiro
5.3. Os tipos de cambio a curto e a longo prazo

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 34 51
Discusión dirixida 10 14 24
Estudo de casos 10 10 20
Solución de problemas 5 15 20
Seminario 4 0 4
Proba mixta 2 18 20
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral e escrita, que pode ser complementada co uso de medios audiovisuais, incentivando aos estudantes para que realicen as oportunas preguntas co fin de aumentar a comprensión dos temas
Discusión dirixida Valoraranse as respostas dos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas expostas nas sesións interactivas
Estudo de casos Valoraranse as solucións propostas polos alumnos na resolución dos casos
Solución de problemas Valoraranse as respostas dos alumnos ás cuestións prácticas nas sesións interactivas
Seminario Impartirase en grupos de 15 alumnos. Destinarase a resolver dúbidas en relación coa temática da asignatura, coa forma de avaliación, etc.
Proba mixta Durante o período lectivo poderanse realizar probas escritas que complementarán a evaluación contínua e que computarán cara a cualificación final. No caso de non acadar na evaluación continua da clase (composta por discusión dirixida, estudo de casos, solución de problemas e probas escritas) a valoración polo menos de aprobado, realizarase unha proba obxectiva escrita final, a cal computará o 70 por cento da cualificación final. Esta proba constará de dous partes: unha primeira parte, de tipo test con penalización de respostas incorrectas e carácter eliminatorio, abordará unha panorámica de todos os temas con preguntas, principalmente, de tipo conceptual. Na segunda parte, co requisito dunha cualificación mínima (2,8 sobre 7), esixiranse respostas razoadas a diferentes cuestións sobre temáticas do programa

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Solución de problemas
Seminario
Descrición
Atenderase individualmente aos estudantes que requiran explicacións complementarias

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Valoraranse as respostas dos estudantes ás cuestións nas sesións interactivas 10
Estudo de casos Valoraranse as solucións dos alumnos nos casos expostos 10
Proba mixta Durante o período lectivo poderanse realizar probas escritas que complementarán a evaluación contínua e que computarán cara a cualificación final. No caso de non acadar na evaluación continua da clase (composta por discusión dirixida, estudo de casos, solución de problemas e probas escritas) a valoración polo menos de aprobado, realizarase unha proba obxectiva escrita final, a cal computará o 70 por cento da cualificación final. Esta proba constará de dous partes: unha primeira parte, de tipo test con penalización de respostas incorrectas e carácter eliminatorio, abordará unha panorámica de todos os temas con preguntas, principalmente, de tipo conceptual. Na segunda parte, co requisito dunha cualificación mínima (2,8 sobre 7), esixiranse respostas razoadas a diferentes cuestións sobre temáticas do programa 70
Solución de problemas Valoraranse as solucións e o razoamento dos estudantes aos problemas expostos 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Olivier Blanchard (2006). Macroeconomía . Madrid, Prentice Hall
Belzunegui y otros (2002). Macroeconomía. Ejercicios y problemas. Madrid, Prentice Hall

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase un alto grao de participación nas clases. Resolver as dúbidas que xurdan nas explicacións do profesor e/ou no estudo persoal, recorrendo se fose necesario á atención personalizada


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías