Esta materia pretende dous obxectivos primordiais. Por un lado, coñecer as transformacións económicas que conduciron ao mundo contemporáneo á situación actual. Partindo da preponderancia europea e occidental na economía mundial, buscamos as bases dese liderado, sen facer táboa rasa do resto do mundo. Por outro lado, analizar a evolución económica de España no longo prazo, tomando como punto de inicio as condicións determinadas pola crise do Antigo Réxime, para despois determinar o marco xeral do crecemento económico español contemporáneo.
Desenvolvemos o temario baixo unha dobre perspectiva, cronolóxica e espacial. Para elo, analízase o impacto da expansión europea no resto do mundo durante os séculos modernos, na que España tivo un rol sobresaínte, aínda que con importantes contrastes, sobre todo de carácter rexional; as consecuencias da industrialización europea na economía internacional no século XIX, incluído o insuficiente impacto sobre a modernización da economía española; e, finalmente, as tensións dun século de globalización, o XX, que para España significou unha loita –non sempre exitosa– por achegarse aos ritmos socioeconómicos europeos. Así mesmo, pese ao contido xeneralista da materia, prestarase especial atención á análise da evolución da empresa nos dous últimos séculos, e ao estudo das relacións entre a empresa e o crecemento económico.
Competencias do título
Código
Competencias da titulación
A3
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10
Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
C1
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe)
Competencias da titulación
Coñecer e entender a realidade económica internacional e española, coas súas transformacións no longo prazo, así como a evolución das institucións económicas e da actividade empresarial.
A7 A8
Coñecer e entender a natureza da empresa e a súa relación co entorno socioeconómico
A4 A5 A6
C6
Asimilar que as realidades económicas son complexas, interrelacionadas con variables sociais, políticas e culturais, e inmersas nun contexto dinámico
C4 C6
Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico
A7
Análise das variábeis que determinaron o liderado occidental no proceso de crecemento económico contemporáneo
A7
Axudar a entender as orixes e persistencia das desigualdades socioeconómicas entre países
A7
Aplicar conceptos básicos da economía e da empresa a diferentes contextos históricos
A4 A8
Coñecer as distintas modalidades de empresa xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento
A7 A10
Potenciar o emprego de técnicas e instrumentos cuantitativos básicos que impliquen o uso de material estatístico e gráfico
A8
Capacidade analítica e sintética
C4
Capacidade crítica e autocrítica
C4 C6
Capacidade de traballo en grupo
A12
C4
Capacidade de expresión, oral e escrita
C1
Reforzar a capacidade de comprensión lectora
C1 C8
Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas
A12
Resolver problemas sobre as cuestións económicas, facendo uso dos coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos da economía e a empresa
A4 A8
Capacidade de percura, selección e elaboración de información
A3 A6
Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental
A9
Destreza na aplicación de técnicas cuantitativas para o tratamento de repertorios estatísticos
A5 A8
Capacidade para o traballo autónomo
C4 C5
Capacidade de aplicar o coñecemento na práctica
C4 C6 C7
Analizar e interpretar datos básicos da conxuntura económica
A3
C4
A materia aporta valores humanísticos e culturais importantes para desenvolver o liderado empresarial ao que están chamados os futuros Graduados en Administración e Dirección de Empresas
A5
C4
Contidos
Temas
Subtemas
Tema 1: As economías europeas preindustriais (siglos XVI-XVIII)
1. As economías agrícolas tradicionais
2. O crecemento do comercio e a manufactura
3. A estrutura da economía española no Antigo Réxime
Tema 2: O proceso de industrialización. A Revolución Industrial e a difusión de crecemento económico moderno (1780-1870)
1. Revolución industrial e crecemento económico no século XIX
2. Pautas de industrialización
3. O difícil arranque do desenvolvemento capitalista en España
Tema 3: A segundo revolución industrial, 1870-1945
1. A revolución tecnolóxica, a internacionalización das economías e o nacemento da empresa moderna
2. A inestabilidade de entreguerras, 1914-1945
3. A fallida modernización da economía española
Tema 4: A economía mundial ante a terceira revolución industrial (1945-2010)
1. A nova orde económica internacional (1945-1958)
2. Do círculo virtuoso ao círculo vicioso (1959-1985)
3. A era da globalización e a súa repercusión na empresa
4. Do colapso do primeiro franquismo á modernización da economía española
Planificación
Metodoloxías / probas
Horas presenciais
Horas non presenciais / traballo autónomo
Horas totais
Actividades iniciais
3
0
3
Sesión maxistral
17
17
34
Lecturas
7
14
21
Estudo de casos
4
12
16
Seminario
4
4
8
Análise de fontes documentais
10
20
30
Proba obxectiva
2
34
36
Atención personalizada
2
0
2
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Actividades iniciais
Integran as seguintes actividades:
- Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía y Empresa de la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de la UDC'.
- Técnicas de comentarios de textos.
- Técnicas de análise de material gráfico e estatístico.
Sesión maxistral
Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso.
Lecturas
Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos.
Estudo de casos
Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.
Seminario
Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).
Análise de fontes documentais
Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.
Proba obxectiva
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa.
Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Análise de fontes documentais
Lecturas
Estudo de casos
Actividades iniciais
Descrición
En cada unha das metodoloxías que aquí se especifican procurarase unha atención personalizada, nas correspondentes sesións de clase ou en horario de titoría do profesor.
Avaliación
Metodoloxías
Descrición
Cualificación
Seminario
Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).
A súa avaliación será conxunta coa das lecturas.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.
0
Análise de fontes documentais
Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.
35
Lecturas
Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.
15
Estudo de casos
Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.
A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.
0
Actividades iniciais
Integran as seguintes actividades:
- Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía y Empresa de la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de la UDC'.
- Técnicas de comentarios de textos.
- Técnicas de análise de material gráfico e estatístico.
A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.
0
Sesión maxistral
Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso.
A súa avaliación farase basicamente ao través da proba obxectiva de final de curso.
0
Proba obxectiva
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. Para superar a materia haberá que obter polo menos quince puntos. Valorarase a capacidade de expresión, manexo e dominio do vocabulario específico, capacidade analítica e sintética, e coñecemento dos contidos do programa.
50
Observacións avaliación
O alumnado que só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final será cualificado como non presentado, con independencia da cualificación acadada.
Está prohibido o acceso ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
É obrigatoria a presentación dun documento oficial de identificación para o acceso ao exame.
Fontes de información
Bibliografía básica
Para a preparación do exame final e para facilitar a
elección dos traballos tutelados e da bibliografía pertinente é recomendábel a
consulta dalgún dos seguintes manuais, en especial dos citados no primeiro
bloque:
COMÍN, F.; M. HERNÁNDEZ y E. LLOPIS (Eds.) (2002),Historia económica de España, siglos X-XX, Barcelona, Crítica.
FELIU, G., SUDRIÀ, C.
(2007): Introducción a la historia econòmica. Valencia, Universitat de
València.
PALAFOX, J. (coord.)
(1998): Curso de historia económica, Valencia, Tirant lo Blanch.
ALDCROFT, D.H. (2003):
Historia de la economía europea, 1914-2000, Barcelona, Crítica.
ANES, G. (ED.) (1999),Historia
económica de España, Siglos XIX y XX, Barcelona,
Galaxia Gutenberg, Círculo de Lectores.
ARTOLA, M. (dir.), (1993), Enciclopedia de Historia de España. Tomo
I.Madrid : Alianza Universidad.
BRODER, A. ET AL (2001),Historia
de la España
contemporánea: desde 1808 hasta nuestros días, Barcelona, Ariel
CAMERON, R. (2005): Historia
económica mundial. Desde el Paleolítico hasta el presente, Madrid, Alianza
Editorial.
CARRERAS, A. y X. TAFUNELL (2003),Historia económica de la España contemporánea,
Barcelona, Crítica
COMÍN, F., HERNÁNDEZ,
M. y LLOPIS, E. (eds.)(2002),Historia económica de España, siglos X-XX, Barcelona,
Crítica.
- (2005), Historia económica
mundial, siglos X-XX, Barcelona, Crítica.
COMÍN, F.; MARTÍN ACEÑA, P. (eds.) (1996), La empresa
en la historia de España.Madrid : Civitas.
DI VITTORIO, A.
(coord.) (2003): Historia económica de Europa: siglos XV-XX, Barcelona,
Crítica.
FOREMAN-PECK, J.
(1995): Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas
internacionales desde 1850, Madrid, Prentice Hall.
GARCÍA DELGADO, J. L. y J.C. JIMÉNEZ (1999),Un siglo de España. La economía, Madrid, Marcial Pons.
GARCÍA RUIZ, J.L. (Coord.) CASADO, J.,
FATJÓ, P. y NÚÑEZ, G. (1998),
Historia de la empresa mundial y de España. Madrid, Síntesis.
GARCÍA, J.L. y MANERA,
C. (2006), Historia empresarial de
España. Un enfoque regional en profundidad. Lid, Madrid.
GERMAN, L., E. LLOPIS, J. MALUQUER Y S. ZAPATA (EDS.) (2001),Historia económica regional de España siglos XIX y XX, Barcelona, Crítica
KENWOOD, A.G. e A.L.
LOUGHEED (1991): Historia del desarrollo económico internacional,Madrid,
Istmo, vol. 1.
KRIEDTE, P. (1994): Feudalismo
tardío y capital mercantil, Barcelona, Crítica.
LLOPIS, E. (eds.) (2004),El
legado económico del Antiguo régimen en España, Barcelona, Crítica.
MARCOS, A. (2000), España en los siglos XVI, XVII y XVIII economía y sociedad.Barcelona
: Crítica.
NADAL, J. (1975),El
fracaso de la revolución industrial en España, 1814-1913, Barcelona, Ariel.
NADAL, J.; CARRERAS, A. Y C. SUDRIÁ (COMP.) (1987),La economía española en el siglo XX. Una perspectiva
histórica, Barcelona, Ariel.
NADAL, J. Y CARRERAS, A. (DIRS.) (1990),Pautas regionales de la industrialización española (siglos
XIX y XX), Barcelona, Ariel.
OCAMPO SUÁREZ-VALDÉS,
J. (1998): Historia económica mundial y de España, Oviedo, Universidad
de Oviedo.
PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (1998),De Imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en
España (1780-1930), Madrid, Alianza
Universidad.
PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (2003),El progreso económico de España (1850-2000). Fundación BBVA, Madrid.
SÁNCHEZ-ALBORNOZ, N. (EDS.) (1985),La modernización económica de España, 1830-1930, Madrid, Alianza Universidad.
TORTELLA, G. (1994),El
desarrollo de la España contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y
XX, Madrid, Alianza Universidad.
VALDALISO, J. M.ª, y LOPEZ, S. (2007): Historia económica de la empresa, Crítica,
Barcelona. Existe unha 1ª edición do 2000.
VRIES, J. de (1992): La
economía de Europa en un período de crisis, 1600-1750, Madrid, Cátedra.
ZAMAGNI, V. (2001): Historia
económica de la Europa contemporánea: de la revolución industrial a la
integración europea, Barcelona, Crítica.
Bibliografía complementaria
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
A materia non esixe requisitos previos. Porén, considéranse recomendábeis algúns prerrequisitos e coñecementos previos:
- Coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet). - Coñecementos de Historia Universal. - Coñecementos de Historia de España. - Familiaridade con conceptos básicos de Economía.
Durante o desenvolvemento das clases promoverase a participación dos alumnos a través de exercicios e preguntas que permitan comprobar a asimilación de coñecementos e o manexo dos conceptos utilizados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías