Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) A dixitalización da Informacion Código 613445001
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
angeles.saavedra.places@udc.es
Profesorado
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
angeles.saavedra.places@udc.es
Web http://docencia.lbd.udc.es/MLUP/ddi
Descrición xeral - Técnicas e métodos para crear unha representación dixital a partir dun soporte físico/analóxico.
- Métodos e formatos de codificación dixital de textos, imaxes, vídeo e audio.
- Información multimedia e hipertextos.
- O recoñecemento óptico de caracteres.
- Preservación da información dixitalizada.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información.
A3 Que saiban xestionar e organizar documentación.
A4 Que dominen o entorno virtual.
A6 Que saiban realizar produtos multimedia e páxinas web.
A8 Que poidan crear contidos culturais.
A9 Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
A12 Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais.
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B4 Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B7 Que saiban realizar reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as diferentes formas de representación dixital da información. AP4
AP12
BP1
BP4
BP5
BP9
CM3
CM6
CM7
CM8
Entender os conceptos básicos da codificación dixital da información. AP1
AP4
AP6
AP12
BP1
BP4
BP5
BP9
CM3
CM6
CM7
CM8
Coñecer o código ASCII e o UNICODE. AP1
AP4
AP12
BP1
BP4
BP5
BP9
CM3
CM6
CM7
CM8
Coñecer e traballar de maneira elemental os formatos usuais de codificación de texto, imaxe, son e vídeo. AP4
AP6
AP8
AP12
BP1
BP3
BP5
BP9
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Entender o funcionamento básico e saber utilizar un escáner e un OCR. AP4
AP6
AP8
AP9
AP12
BP1
BP3
BP4
BP5
BP9
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Saber usar as ferramentas de dixitalización de textos e imaxes. AP4
AP6
AP8
AP12
BP1
BP3
BP4
BP5
BP9
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Entender a problemática da preservación dixital. AP1
AP3
AP4
AP12
BP1
BP4
BP5
BP7
BP9
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución xeral Breve introdución ás Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), o hardware e o software
Representación da información A codificación da información
Métodos e formatos de codificación dixital da información:
- Numérica.
- Alfanumérica (texto)
- Imaxe
- Son
- Vídeo
O proceso de dixitalización O escaneado
O recoñecemento óptico de caracteres
Corrección e maquetado
Preservación da información dixitalizada Problemas
Importancia da conservación dixital

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 8 23 31
Prácticas a través de TIC 7 12 19
Traballos tutelados 1 20 21
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos.
Prácticas a través de TIC Impartiranse aulas de prácticas nas que se traballará cos computadores, escáneres e outros dispositivos das aulas de informática da facultade.
Traballos tutelados Elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia.
Proba mixta Realización dun exame final onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta breve ou test.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e mais para os traballos que desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia que deberán ser entregados na data que se fixe o primeiro día de clase. 45
Prácticas a través de TIC Avaliarase o progreso e aproveitamento de cada alumno/a nas aulas prácticas. 5
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia, participación e a actitude de cada alumno/a nas aulas teóricas. 5
Proba mixta Para superar a materia, será obrigatoiro obter o aprobado nesta proba. 45
 
Observacións avaliación

Ademais da asistencia e participación activa nas clases e a habilidade demostrada no manexo de ferramentas informáticas nas clases de laboratorio, valorarase o traballo e o exame de contidos finais. Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo (traballos tutelados). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar o traballo tutelado e realizar a proba mixta nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará ao alumnado publicándoos na web da materia a principio de curso. Para este alumnado, cada unha destas probas suporá o 50% da cualificación final, en vez do 45%.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Pérez-Sanjulián, C., Saavedra Places, A. (2004). As bibliotecas dixitais. Santiago de Compostela, Laiovento
Prieto Espinosa, A., Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw-Hill
Prieto Espinosa, A., Lloris Ruiz, A., Torres Cantero, (2006). Introducción a la Informática. Editorial McGraw-Hill
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson / Prentice Hall

Bibliografía complementaria Abaitua, J. (). Edición y publicación electrónica. http://paginaspersonales.deusto.es/abaitua/konzeptu/ht.htm
Blecua, José Manuel (et al. eds.) (1999 ). Filología e informática. Nuevas tecnologías en los estudios filológicos . Lleida, Milenio i Universitat Autónoma de Barcelona
Martí Antonin, M.A. (coord.) (2003). Tecnologías del lenguaje . Barcelona, UOC
Martí Antonin, M.A., CIvit Torruella, M. e Taulé Delor, M. (CLiC-Centre de Llenguaje i Computació) (2004). Tecnologies de la llengua i les seves aplicacions. Revista Galega de Filoloxía


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías