Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Ferramentas Informáticas para a Tradución e a Corrección de Textos Código 613445010
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral Uso de tradutores e correctores automáticos. Os dicionarios electrónicos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información.
A4 Que dominen o entorno virtual.
A5 Que saiban operar no tratamento automático da linguaxe.
A8 Que poidan crear contidos culturais.
A9 Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B2 Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B6 Que saiban formular xuízos a partir dunha información que pode ser incompleta ou limitada.
B9 Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Que coñeza as principais ferramentas informáticas dispoñibeis no mercado para procesar automática ou semi-automáticamente tarefas como son a redación e a tradución de textos AP5
BP2
CM3
Que coñeza os principais problemas teóricos que suscita a escritura asistida por ordenador AP4
AP5
AP8
BP2
BP5
CM3
Que coñeza a arquitectura dos sistemas de traducción automática AP4
AP5
BP2
CM3
Que se familiarice coas tarefas básicas necesarias para o procesamento do compoñente léxico-semántico das linguas naturais. AP5
AP9
BP1
CM3
Que avalíe o resultado das traduccións realizadas por diferentes sistemas de traducción e propoña explicacións para os diferentes erros de traducción; AP4
AP5
AP9
BP3
CM3
CM6
Que avalíe os diferentes sistemas de verificación ou corrección automática dos procesadores de texto máis usuais AP4
AP5
AP9
BP3
BP5
CM3
CM6
Que deseñe unha base de datos léxica, prototipo para unha pequena aplicación en procesamento da lingua natural AP1
AP4
AP5
BP3
CM3
Que asuma que as linguas poden ser tratadas automáticamente por as máquinas AP4
BP1
CM6
Que acepte as solucións parciais a problemas ante a imposibilidade de obter solucións completas AP1
BP6
CM6
Que abandone prexuizos respecto á formalización das linguas e o medo as máquinas AP1
BP9
CM8
Que rexeite a compartimentación do saber en áreas pechadas e aprenda a colaborar con especialistas noutras áreas AP5
BP5
BP9
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción ao procesamento automático da linguaxe natural (PLN) 1.1. O qué: a lingua
1.2. O cómo: procesamento automático
1.3. O instrumento: o ordenador
1.4. Os puntos de vista: Lingüística e Informática
1.5. O por qué: as industrias da lingua
1.6. O producto: aplicacións do PLN
2. Nocións básicas da traducción automática (TA) 2.1. Traducción automática vs. Traducción asistida
2.2. Arquitectura dos sistemas de traduccion
2.3. Sistemas de transferencia vs. Sistemas de interlingua
2.4. Memorias de traducción
3. Nocións básicas de correctores automáticos (CA) 3.1. A corrección ortográfica
3.2. A corrección gramatical
3.3. A corrección de estilo
3.4. Correctores e procesadores de texto
3.5. Correctores ortográficos en liña
4. Diccionario o Base de datos léxicos 4.1. O diccionario como eixo central de toda aplicación en PLN
4.2. Análise de diccionarios en soporte informático e en liña
4.3. Diccionarios para humans
4.4. Diccionarios para máquinas
4.5. Qué debe conter un diccionario para que sexa operativo
4.5. Construindo unha base de datos léxica

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 3 6 9
Sesión maxistral 4 8 12
Traballos tutelados 2 10 12
Prácticas a través de TIC 3 9 12
Proba de resposta múltiple 1 2 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos.
Sesión maxistral Na sesión maxistral presentaremos os contidos teóricos facendo uso de transparencias no Power Point.
Traballos tutelados Nos traballos dirixidos é donde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou "realizar para comprender".
Prácticas a través de TIC O estudante practicará diferentes "demos" de sistemas de TA e de correctores en liña´, ademais de consultar diferentes corpus e diccionarios electrónicos dispoñibeis na web.
Proba de resposta múltiple O estudante realizará unha proba de resposta múltiple o derradeiro día do curso para fixar os principais conceptos aprendidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Dependendo da destreza coas TIC, así como os diferentes niveis no coñecemento teórico de cada estudante, fase necesario unha atención pesonalizada que supervise o avance na aprendizaxe da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tutelado suporá a maior porcentaxe na cualificación. É no traballo onde o estudante mostrará o grao de destreza no uso dos diferentes programas, así como a orixinalidade e a resolución para ofrecer solucións aos diferentes problemas prácticos. 70
Prácticas a través de TIC Actividades consistentes en manexar diferentes sistemas de TA e de léxicos on line que serán avaliadas de forma continua ao longo do curso 15
Proba de resposta múltiple Unha proba de resposta múltiple feita no derradeiro día de clase que sinale se se comprenderon os conceptos fundamentais mostrados no curso 15
 
Observacións avaliación

A avaliación danos información sobre a aprendizaxe adquirida por o estudante e axudanos a verificar que se conseguiron os obxectivos. Dado o caracter eminentemente práctico que pretende este Master, pensamos que o criterio fundamental debe basearse máis na avaliación das destrezas que no dominio dos conceptos teóricos. Os criterios de avaliación serán o cumprimento dos requisitos e obxectivos prantexados nos diferentes traballos e actividades, o grao de destreza no uso dos diferentes programas, así como a orixinalidade e a resolución para ofrecer solucións aos diferentes problemas práctico.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades
avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal
efecto e que o/a profesor/a comunicará a alumnado afectado no inicio do
curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Hutchins, W. J. e H. L. Somers (1995). Introducción a la traducción automática . Madrid. Visor
Lavid, J. (2005). Lenguaje y Nuevas Tecnologías. Madrid. Cátedra
Gómez Guinovart, X (2003). Recursos de ayuda a la edición. Ortografía, sintaxis y estilo, en M. A. Martí Antonín (coord.), Tecnologías del lenguaje,. Barcelona. UOC
Mitkov, R. (ed.) (2003). The Oxford Handbook of Computational Linguistics. Oxford. Oxford University Press

Bibliografía complementaria

Ferramentas de software:

Sistemas de TA e Correctores ortográficos de libre acceso na web

Dicionarios en liña


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases de Datos/613421104

Materias que continúan o temario
Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos- Inglés/613421112
Norma e Uso- Inglés/613421113
Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Inglés/613421114
Técnicas de Organizacion e Redacción de Textos Orais e Escritos-Español/613421115
Norma e Uso-Español/613421116
Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Español/613421117
Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos-Galego/613421118
Norma e Usos-Galego/613421119
Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Galego/613421120

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías