Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos- Inglés Código 613445012
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 7
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Profesorado
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia cada estudante familiarizarase cos formatos e contidos de diferentes textos orais e escritos que deberá producir en lingua inglesa nun contexto profesional.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Familiarizarse e ser capaz de producir en lingua inglesa os textos escritos máis habituais nun contexto profesional e empresarial. AP10
AP14
AP15
BP2
BP3
BP5
CM2
CM3
CM7
Coñecer e ser capaz de producir en lingua inglesa os tipos e formatos de comunicación oral máis comúns nun contexto profesional e empresarial. AP7
AP10
AP12
AP14
AP15
BP2
BP3
BP5
BP6
BP8
CM2
CM3
CM7
CM8
Saber atopar, valorar e utilizar información e recursos existentes sobre a comunicación oral e escrita en lingua inglesa en contextos profesionais. AP2
AP12
AP14
AP15
BP2
BP3
BP5
BP9
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Expresión oral nun contexto profesional. Avaliación do punto de partida.
Corrección de pronunciacións erróneas fosilizadas.
O inglés telefónico profesional.
A busca activa de emprego por parte dos profesionais e das empresas: as entrevistas de traballo e a defensa do currículo.
Cómo debatir en inglés nun contexto formal.
As presentacións orais profesionais.
Expresión escrita nun contexto profesional. Elaboración de informes, solicitudes e outros documentos empresariais.
Redacción de cartas en distintos contextos profesionais.
A comunicación electrónica: rexistros e normas de cortesía.
Elaboración de perfís corporativos das empresas.
A busca activa de profesionais por parte das empresas: o perfil do/a candidato/a.
A busca activa de emprego por parte dos profesionais: elaboración e presentación do curriculum vitae, solicitudes de traballo e cartas de presentación.
Elaboración doutros traballos académicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 5 0 5
Presentación oral 0.5 7.5 8
Aprendizaxe colaborativa 28 2 30
Discusión dirixida 15 5 20
Esquemas 15 0 15
Estudo de casos 20 5 25
Lecturas 2 10 12
Proba de ensaio 2 8 10
Proba oral 2 8 10
Sesión maxistral 8 0 8
Xogo de rol (role playing) 28 2 30
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Entrevista (ou outro tipo de actividade) individual e/ou grupal para avaliar o nivel de partida do alumnado.
Presentación oral Cada estudante expón oralmente durante un tempo específicado sobre un tema concreto, relacionado con contextos profesionais e / ou empresariais. O obxectivo é a incorporación na fala do vocabulario e estratexias discursivas practicadas na clase.
Aprendizaxe colaborativa Traballo na aula en grupos: exercicios orais (ex., entrevistas, conversas telefónicas) e escritos (ex., redacción colaborativa, corrección por pares).
Discusión dirixida Debate sobre cuestións expostas nas presentacións, exposicións, vídeos, lecturas, etc.
Esquemas Material de apoio para exercicios e probas orais, e de pre-escritura para todos os tipos de documentos vistos.
Estudo de casos Préstase atención a exemplos concretos de empresas nun momento específico da súa historia, como base para os exercicios de rol.
Lecturas O alumnado deberá ler documentos en diferentes formatos como paso previo á súa discusión e análise na clase ou como base para os roles que teñan que asumir noutros exercicios.
Proba de ensaio Redacción, na aula, da informes, cartas, ou outro tipo de documentos.
Proba oral Avaliación da producción oral en exercicios que reproducen situacións como, por exemplo, unha entrevista de traballo, unha presentación ou unha conversa telefónica.
Sesión maxistral Exposición por parte das profesoras de contidos a aplicar en exercicios prácticos.
Xogo de rol (role playing) Asociadas a ésta hai outras metodoloxías ou actividades como lecturas, exercicios de vocabulario, de resolución de problemas, etc. orientadas a preparar a cada alumno/a para asumir un papel ficticio nunha empresa e funcionar como tal en conversas, informes escritos, presentacións profesionais, comunicacións electrónicas, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Proba de ensaio
Proba oral
Descrición
Cada profesor/a ten reunións individuais con cada estudante para preparar probas e presentacións orais e escritas (centrándose nas necesidades específicas de cada un/ha) e despois das mesmas para comentar os resultados, combinando estratexias de avaliación e aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Valorarase a participación crítica e comprometida no desenvolvemento dos exercicios e debates na aula. Os/as estudantes poderán demostrar así a súa realización das lecturas. 20
Proba de ensaio Redacción, ao longo do curso, de varios documentos profesionais (parágrafos, cartas, informes, solicitudes varias, CVs, ensaios, etc). 30
Proba oral Avaliarase a producción oral e a adecuación ao contexto profesional por medio de situacións como, entre outras, unha entrevista de traballo, unha conversa empresarial, e unha presentación oral (e.g. creación dun anuncio). Terán lugar ao longo de todo o curso. 30
Xogo de rol (role playing) Moitos exercicios ao longo do curso estarán diseñados basados en situacións reais no mundo empresarial. Cada estudante asumirá un papel e terá que levar a cabo as tarefas propias de tal. Un 50% da nota asignada a esta metodoloxía estará centrado en aspectos orais, mentres que o outro 50% avaliará a producción escrita asociada ao xogo de rol. 20
 
Observacións avaliación

-A planificación presentada nesta guía é provisional e orientativa. Poden ocorrer cambios no uso das metodoloxías e na realización das probas que afectarían, loxicamente, ás porcentaxes designadas para a avaliación final. É responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións que poidan afectar a esta guía durante o desenvolvemento do curso.


-As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará a alumnado afectado no inicio do curso.

Fontes de información
Bibliografía básica

Blake, G. & Bly, R. The Elements of Business Writing. Longman, 1992.

Collins, Beverly & Inger M. Mees. Practical Phonetics and Phonology: A Resource Book for Students. Routledge, 2003.

Downes, Colm. Cambridge English for Job-Hunting. Series ed., Jeremy Day. Cambridge UP, 2008.

Dyer, Gillian. Advertising as Communication. London: Routledge, 1982.

Erice, Juana. Convencer: descubra los secretos de los grandes comunicadores. Madrid: ESIC, 2010.

Flesch, R. & Lass, A. H. The Classic Guide to Better Writing. Harper, 1996.

Henry, D. J. & A. Dorling Kindersley. Writing for Life: Paragraph to Essay. Harlow: Longman, 2007. 

The Hodges Harbrace Handbook. 17th Edition. Beverly (MA): Wadsworth, 2010.

Kleiser, Grenville. How to Speak in Public. Charleston: BiblioBazaar, 2009.

Leggett, Brian. Persuasión: la clave del éxito en la comunicación para los negocios. Madrid: Pearson Educación, 2008.

León Sáez de Ybarra, José Luis. Persuasión de masas psicología a efectos de las comunicaciones sociopolíticas y comerciales. Madrid: Deusto, 1992.

MacKenzie, Ian. English for Business Studies: A Course for Business Studies and Economics Students. CambridgeUP, 2002.

MLA Style Manual and Guide to Scholarly Publishing. 3rd Edition. New York: MLA, 2008.

Mortimer, Colin. Elements of Pronunciation Intensive Practice for Intermediate and More Students. Cambridge UP, 1985.

Poe, Roy. The McGraw-Hill Handbook of Business Letters. 4th ed. McGraw-Hill, 2005.

Pricken, Mario. Creative Advertising Ideas and Techniques from the World's Best Campaigns. London: Thames & Hudson, 2002.

Rodgers, Drew. Business communications: international case studies in English. CambridgeUP, 1998.

Rossiter, John R. Advertising Communications & Promotion Management. New York : McGraw-Hill, 1997.

Schiller, Niels O. & Antje S. Meyer. Phonetics and Phonology in Language Comprehension and Production Differences and Similarities. Mouton de Gruyter, 2003.

Shimp, Terence A. Advertising, Promotion, & Supplemental Aspects of Integrated Marketing Communications. Mason: Thomson, 2003.

Thomas, Amanda. Business Goals 2. Cambridge UP, 2005.

Zinsser, William. On Writing Well. 6th ed. Collins, 2005.

Bibliografía complementaria



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías