Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Técnicas de Organización e Redacción de Textos Orais e Escritos-Galego Código 613445018
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Profesorado
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das técnicas de organización e redacción dos diferentes tipos de textos orais e escritos en lingua galega, así como análise de textos preexistentes e elaboración de textos propios de diversa tipoloxía, na procura de mellorar a súa organización e redacción tendo tamén en conta os recursos lingüísticos máis acaídos para cada tipo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A7 Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal.
A9 Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
A10 Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc.
A14 Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación.
A15 Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés).

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal. AP7
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. AP10
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico. AP9
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AP14
Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). AP15

Contidos
Temas Subtemas
1. Definción, caracterización e construción do texto 1.1. O texto e as súas propiedades
1.2. O contexto. O contexto sociocognitivo
1.3. O sentido do texto e o procesamento textual
1.4. Mecanismos de cohesión textual
1.5. Outras técnicas de construción textual
2. O texto oral e a súa organización 2.1. Contínuum tipolóxico e visión dicotómica
2.2. Caracterización do texto oral
2.3. A análise da conversación e a súa organización
2.4. Outros textos orais: aspectos prácticos e organizativos
2.5. O uso da lingua na oralidade
3. O texto escrito e a súa organización 3.1. Caracterización da escrita
3.2. Organización do texto escrito
3.3. Importancia do parágrafo
3.4. Normas de construción de oracións e de escolla de palabras
4. Estilos e rexistros lingüísticos 4.1. Xénero, estilo e rexistro
4.2. Os recursos estilísticos e a calidade lingüística
4.3. A modalización do texto. Polifonía e intertextualidade.
4.4. Os rexistros lingüísticos
5. Xéneros e tipoloxías textuais. A súa caracterización lingüística 5.1. Consideracións previas
5.2. Os xéneros
5.3. Os tipos de texto: argumentativos, explicativos, descritivos, narrativos, conversacionais e instrutivos
5.4. Xéneros e textos particulares

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Lecturas 0 15 15
Recensión bilbiográfica 0 10 10
Sesión maxistral 20 40 60
Traballos tutelados 0 40 40
Discusión dirixida 23 0 23
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha proba inicial para comprobar o nivel de lingua e de dominio da redacción consistente na corrección e mellora de dous textos e na elaboración dun texto novo do ámbito administrativo.
Lecturas Entregarase o primeiro día de aulas un dossier con lecturas obrigatorias sobre diferentes aspectos do programa que servirán de complemento aos contidos teóricos expostos nas aulas presenciais.
Recensión bilbiográfica Entre as lecturas obrigatorias incluídas no dossier cada alumno ou alumna deberá realizar, de acordo co profesor/a, a recensión por escrito de unha delas e a correspondente exposición oral.
Sesión maxistral En cada sesión haberá unha presentación inicial de contidos teóricos que desenvolvan o programa do curso, seguida de actividades prácticas e discusións dirixidas.
Traballos tutelados Realizaranse dous traballos relacionados con algunha das seccións dos temas do programa que seleccionará o alumnado: un de modo individual e outro en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor ou coa profesora para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula.
Discusión dirixida Após á exposición teórica de contidos, e á parte da posibilidade de o alumnado realizar en calquera momento as preguntas que estimar convenientes, someteranse a debate regularmente algúns aspectos do programa elixidos polo/a profesor/a, quen tamén irá sinalando o alumno ou alumna que deberá iniciar o debate. Trátase tamén de practicar o discurso oral e de mellorar a súa técnica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado deberá escoller coa profesora ou profesor os temas dos seus traballos, consultar con estes o guión proposto e a metodoloxía a utilizar, e logo procurar resolver con eles as dúbidas que se presentaren. Antes da entrega definitiva, cada alumno ou alumna deberá mostrar ao profesor/a a versión previa do traballo, por se houber que introducir algunha modificación relevante.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Tamén neste caso se puntuará ao 50% o traballo escrito e a exposición oral, tendo moi en conta en ambos os casos o criterio da corrección lingüística e das técnicas de organización e redacción utilizadas, xuntamente co contido. 40
Lecturas Cada alumno ou alumna deberá pasar unha proba de comprobación de lecturas que consistirá no resumo e comentario dunha delas, excluída aquela de que realizar a recensión escrita. Poderá facelo oralmente ou por escrito, segundo preferir. 30
Recensión bilbiográfica Neste caso puntuarase ao 50% a recensión escrita e a exposición oral, tendo moi en conta en ambos os casos o criterio da corrección lingüística e das técnicas de organización e redacción utilizadas. 10
Discusión dirixida Valorarase tanto a participación de cada alumno ou alumna nas discusións dirixidas que o profesor/a lle encargar de inicio como aqueloutras intervencións que espontánea e voluntariamente fixer en todas as demais discusións. 20
 
Observacións avaliación
No conxunto da avaliación vai ser tida moi en conta a asistencia e participación activa nas aulas, así como a técnica demostrada na elaboración de textos orais e escritos, onde se inclúe necesariamente a corrección e a calidade lingüística.

Fontes de información
Bibliografía básica Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua. A Coruña. SNL / Servizo de Publicacións da UDC
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega IV. Gramática do texto. Vigo. A Nosa Terra
Koch, I. G. Villaça (2004). Introdução à lingüística textual. São Paulo. Martins Fonte
Cassany, D. (1998). La cocina de la escritura. Barcelona. Anagrama
Ríos Noia, M. et al. (2007). Manual de documentos administrativos. A Coruña. SNL / Servizo de Publicacións da UDC
Bassols, M. e A. M. Torrent (1997). Modelos textuales. Teoría y práctica. Barcelona. Octoedro
Garcia Negro, M. P. e X. Costa Casas (1995). O ensino da língua. Por un cámbio de rumo. A Coruña. AS-PG
Estrela, E., M. A. Soares e M. J. Leitão (2004). Saber Escrever Saber Falar. Lisboa. Dom Quixote
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña. SNL / Servizo de Publicacións da UDC
Flesh, R. e A. H. Lass (1996). The Classic Guide to Better Writing. New York. Harper Resource

Bibliografía complementaria Marcuschi, L. A. (2001). Análise da conversação. São Paulo. Ática
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo. Parábola
Vilela, M. e Koch, I. (2001). Gramática da Lingua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Koch, I. G. Villaça e Bentes, M. (2007). Intertextualidade. Diálogos Possíveis. São Paulo. Cortez
Antunes, I. (2005). Lutar com palavras. Coesão e coerência. São Paulo. Parábola
Zinsser, W. (2005). On Writing Well. The Classic Guide to Writing Non-fiction. New York. Collins
Bordons, G. et al. (1998). TXT La lingüística textual aplicada al comentari de textos. Barcelona. Universitat de Barcelona


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O alumnado debe posuír dominio oral e escrito da lingua galega, con plena competencia en todas as destrezas básicas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías