Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Galego Código 613445020
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Estudo das linguaxes específicas no caso da lingua galega. Aplicación das linguaxes específicas para usos profesionais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información.
A2 Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto.
A3 Que saiban xestionar e organizar documentación.
A4 Que dominen o entorno virtual.
A8 Que poidan crear contidos culturais.
A9 Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
A10 Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc.
A12 Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais.
A13 Que sexan capaces de realizar unha aproximación teórica aos problemas da terminoloxía.
A14 Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación.
A15 Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés).
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B2 Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B4 Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B8 Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara.
B9 Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información AP1
Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto AP2
Que saiban xestionar e organizar documentación. AP3
Que dominen o entorno virtual. AP4
Que poidan crear contidos culturais. AP8
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico AP9
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. AP10
Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. AP12
Que sexan capaces de realizar unha aproximación teórica aos problemas da terminoloxía. AP13
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AP14
Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). AP15
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación. BP1
Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas. BP2
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. BP3
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. BP4
Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. BP5
Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara. BP8
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo. BP9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. CM5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á terminoloxía e ás linguaxes especializadas 1.1. Definicións e cuestións xerais sobre terminoloxía
1.2. Panorama histórico da terminoloxía
1.3. As linguaxes especializadas
2. A terminoloxía e as linguaxes especializadas na Galiza 2.1. Aproximación histórica
2.2. A produción terminolóxica e terminográfica
2.3. Recursos lingüísticos e informáticos
3. Terminoloxía e planificación lingüística 3.1. Normalización lingüística e terminoloxía
3.2. Modelos de xestión terminolóxica
4. Traballos en terminoloxía e terminografía 4.1. Aspectos xerais.
4.2. Traballo sistemático e traballo puntual
4.3. Ferramentas para o traballo terminolóxico e terminográfico
4.4. Deseño de vocabularios
5. O uso do galego en contextos científico-técnicos 5.1. Contextos de comunicación científica
5.2. Uso do galego en traballos académicos e científicos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 20 20 40
Obradoiro 10 15 25
Solución de problemas 6 12 18
Traballos tutelados 2 30 32
Presentación oral 1 4 5
Lecturas 2 14 16
Recensión bilbiográfica 1 3 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, prácticas a través de TIC etc.
Solución de problemas O alumnado terá que solucionar, noemadamente de modo individual, diversos tipos de problemas-suposto relacionados co contido e obxectivos da materia. Tamén se contemplan estudos de casos e outras probas de tipoloxía variada. Esta metodoloxía está enfocada como complemento ao "Obradoiro".
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo/s profesor/es, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso, que consistirá na elaboración e deseño dun vocabulario especializado. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
Recensión bilbiográfica Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesorado indicar ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado", ao "Obradoiro" e á "Solución de Problemas".

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Nos obradoiros valorarase a realización das prácticas derivadas das sesións maxistrais, a participación e o traballo en grupo. Tamén se porá en valor a capacidade dialéctica do alumnado, o seu grao de coñecemento dos contidos que expoñen ou que se debaten, así como as súas capacidades crítica e de síntese. 15
Solución de problemas Valorarase a realización das diferentes actividades propostas, nomeadamente de carácter individual, a participación e a reflexión crítica. 10
Traballos tutelados Será valorada fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva, así como unha impecábel a calidade lingüística e expresiva. 35
Presentación oral As presentacións orais terán como puntos fortes a fluidez discursiva, o emprego dunha lingua de calidade e a clareza e estratexias expostivas. 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. Valorarase a comprensión e síntese dos diferentes textos propostos. 10
Recensión bilbiográfica Nas actividades agrupadas nas recensións bibliográficas terase en conta a capacidade de síntese, o rigor e a clareza expostiva, o uso dunha lingua de calidade e a capacidade crítica do alumno ou da alumna. 20
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

O alumnado terá que entregar os traballos
ou actividades no prazo fixado; non se recollerán máis tarde sen causa
xustificada. Alén disto, estes deberán cumprir unha impecábel calidade lingüística e de
corrección (acentuación, ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal, boa expresión…).


Se non superar a materia, na oportunidade de xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas
mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. No caso de suspender as actividades de carácter presencial realizadas durante o curso ("Obradoiros" e "Solución de problemas", "Lecturas), estas serán substituídas por un exame que se realizará no día oficial fixado polo Decanato da Facultade de Filoloxía, que valerá o 35% (tal e como corresponde á suma das ditas metodoloxías).

Fontes de información
Bibliografía básica Cabré, M.ª T. (1991). "Os servicios lingüísticos: definición e estructura", Cadernos de lingua 4, 141-150.
Arntz, R. / Picht, H. (1995). Introducción a la terminología. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
Cabré, M.ª T. (1992). La terminologia. La teoria, els mètodes, les aplicacions. Barcelona: Empúries
Lerat, P. (1995). Les langues spécialisées. Paris: Presses Universitaires de France
Garrido, C. / Riera, C. (2000). Manual de Galego Científico. Orientações Lingüísticas. Santiago de Compostela: Associaçom Galega da Língua
TermCat (1990). Metodologia del treball terminologic . Barcelona: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya
Rodríguez Río, X. (2003). Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Monteagudo, H. / Bouzada Fernández, X. (dirs.) (2003). O proceso de normalización do idioma galego. Elaboración e difusión da lingua. Vol III . Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Galanes Santos, I. (2003). “A terminoloxía en Galicia”, en Monteagudo, H. / Bouzada Fernández, X. (dirs.), O proceso de normalización do idioma galego. Elaboración e difusión da lingua. Vol III, 229-288. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Galanes Santos, I. (2006). “Panorama da terminoloxía en Galicia: orientacións, infraestruturas e recursos”, en II Xornadas sobre lingua e usos. Lingua e investigación, 109-137. A Coruña: Universidade da Coruña

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías