Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información. |
A2 |
Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto. |
A3 |
Que saiban xestionar e organizar documentación. |
A4 |
Que dominen o entorno virtual. |
A8 |
Que poidan crear contidos culturais. |
A9 |
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico. |
A10 |
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. |
A12 |
Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. |
A13 |
Que sexan capaces de realizar unha aproximación teórica aos problemas da terminoloxía. |
A14 |
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. |
A15 |
Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). |
B1 |
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación. |
B2 |
Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas. |
B3 |
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. |
B4 |
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. |
B5 |
Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. |
B8 |
Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara. |
B9 |
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información |
AP1
|
|
|
Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto |
AP2
|
|
|
Que saiban xestionar e organizar documentación. |
AP3
|
|
|
Que dominen o entorno virtual. |
AP4
|
|
|
Que poidan crear contidos culturais. |
AP8
|
|
|
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico |
AP9
|
|
|
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. |
AP10
|
|
|
Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. |
AP12
|
|
|
Que sexan capaces de realizar unha aproximación teórica aos problemas da terminoloxía. |
AP13
|
|
|
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. |
AP14
|
|
|
Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). |
AP15
|
|
|
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación. |
|
BP1
|
|
Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas. |
|
BP2
|
|
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. |
|
BP3
|
|
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. |
|
BP4
|
|
Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. |
|
BP5
|
|
Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara. |
|
BP8
|
|
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo. |
|
BP9
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
CM1
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
CM3
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
CM4
|
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
|
CM5
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
CM6
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
CM7
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á terminoloxía e ás linguaxes especializadas |
1.1. Definicións e cuestións xerais sobre terminoloxía
1.2. Panorama histórico da terminoloxía
1.3. As linguaxes especializadas |
2. A terminoloxía e as linguaxes especializadas na Galiza |
2.1. Aproximación histórica
2.2. A produción terminolóxica e terminográfica
2.3. Recursos lingüísticos e informáticos |
3. Terminoloxía e planificación lingüística |
3.1. Normalización lingüística e terminoloxía
3.2. Modelos de xestión terminolóxica
|
4. Traballos en terminoloxía e terminografía |
4.1. Aspectos xerais.
4.2. Traballo sistemático e traballo puntual
4.3. Ferramentas para o traballo terminolóxico e terminográfico
4.4. Deseño de vocabularios |
5. O uso do galego en contextos científico-técnicos |
5.1. Contextos de comunicación científica
5.2. Uso do galego en traballos académicos e científicos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
20 |
20 |
40 |
Obradoiro |
10 |
15 |
25 |
Solución de problemas |
6 |
12 |
18 |
Traballos tutelados |
2 |
30 |
32 |
Presentación oral |
1 |
4 |
5 |
Lecturas |
2 |
14 |
16 |
Recensión bilbiográfica |
1 |
3 |
4 |
|
Atención personalizada |
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, prácticas a través de TIC etc. |
Solución de problemas |
O alumnado terá que solucionar, noemadamente de modo individual, diversos tipos de problemas-suposto relacionados co contido e obxectivos da materia. Tamén se contemplan estudos de casos e outras probas de tipoloxía variada. Esta metodoloxía está enfocada como complemento ao "Obradoiro". |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo/s profesor/es, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso, que consistirá na elaboración e deseño dun vocabulario especializado. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado. |
Recensión bilbiográfica |
Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesorado indicar ao longo do curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado", ao "Obradoiro" e á "Solución de Problemas". |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
Nos obradoiros valorarase a realización das prácticas derivadas das sesións maxistrais, a participación e o traballo en grupo. Tamén se porá en valor a capacidade dialéctica do alumnado, o seu grao de coñecemento dos contidos que expoñen ou que se debaten, así como as súas capacidades crítica e de síntese. |
15 |
Solución de problemas |
Valorarase a realización das diferentes actividades propostas, nomeadamente de carácter individual, a participación e a reflexión crítica. |
10 |
Traballos tutelados |
Será valorada fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva, así como unha impecábel a calidade lingüística e expresiva. |
35 |
Presentación oral |
As presentacións orais terán como puntos fortes a fluidez discursiva, o emprego dunha lingua de calidade e a clareza e estratexias expostivas. |
10 |
Lecturas |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. Valorarase a comprensión e síntese dos diferentes textos propostos. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
Nas actividades agrupadas nas recensións bibliográficas terase en conta a capacidade de síntese, o rigor e a clareza expostiva, o uso dunha lingua de calidade e a capacidade crítica do alumno ou da alumna. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
O alumnado terá que entregar os traballos
ou actividades no prazo fixado; non se recollerán máis tarde sen causa
xustificada. Alén disto, estes deberán cumprir unha impecábel calidade lingüística e de
corrección (acentuación, ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal, boa expresión…).
Se non superar a materia, na oportunidade de xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas
mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. No caso de suspender as actividades de carácter presencial realizadas durante o curso ("Obradoiros" e "Solución de problemas", "Lecturas), estas serán substituídas por un exame que se realizará no día oficial fixado polo Decanato da Facultade de Filoloxía, que valerá o 35% (tal e como corresponde á suma das ditas metodoloxías).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Cabré, M.ª T. (1991). "Os servicios lingüísticos: definición e estructura", Cadernos de lingua 4, 141-150.
Arntz, R. / Picht, H. (1995). Introducción a la terminología. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
Cabré, M.ª T. (1992). La terminologia. La teoria, els mètodes, les aplicacions. Barcelona: Empúries
Lerat, P. (1995). Les langues spécialisées. Paris: Presses Universitaires de France
Garrido, C. / Riera, C. (2000). Manual de Galego Científico. Orientações Lingüísticas. Santiago de Compostela: Associaçom Galega da Língua
TermCat (1990). Metodologia del treball terminologic . Barcelona: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya
Rodríguez Río, X. (2003). Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Monteagudo, H. / Bouzada Fernández, X. (dirs.) (2003). O proceso de normalización do idioma galego. Elaboración e difusión da lingua. Vol III . Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Galanes Santos, I. (2003). “A terminoloxía en Galicia”, en Monteagudo, H. / Bouzada Fernández, X. (dirs.), O proceso de normalización do idioma galego. Elaboración e difusión da lingua. Vol III, 229-288. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Galanes Santos, I. (2006). “Panorama da terminoloxía en Galicia: orientacións, infraestruturas e recursos”, en II Xornadas sobre lingua e usos. Lingua e investigación, 109-137. A Coruña: Universidade da Coruña |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|