Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado Código 613445032
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Computación
Filoloxía Española e Latina
Filoloxía Inglesa
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Crespo Garcia, Maria Begoña
Fernández Ferreiro, Manuel
Porto Dapena, Jose alvaro
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
maria.jesus.cabarcos@udc.es
begona.crespo.garcia@udc.es
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
alvaro.porto@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web http://www.udc.es/filo/html/master/master.html
Descrición xeral O traballo fin de mestrado é un proxecto, memoria ou estudo que integra, desenvolve e aplica os coñecementos adquiridos no mestrado demostrando a capacitación do alumnado para a incorporación ao mundo profesional.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión dun profesor titor. O labor de titorización tamén poderá desenvolverse coordinadamente por dous profesores.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información.
A2 Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto.
A3 Que saiban xestionar e organizar documentación.
A4 Que dominen o entorno virtual.
A7 Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal.
A8 Que poidan crear contidos culturais.
A9 Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
A10 Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc.
A12 Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais.
A14 Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación.
A15 Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés).
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B2 Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B4 Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B8 Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información. Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto. Que saiban xestionar e organizar documentación. Que dominen o entorno virtual. Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal. Que poidan crear contidos culturais. Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico. Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). AP1
AP2
AP3
AP4
AP7
AP8
AP9
AP10
AP12
AP14
AP15
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación. Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas. Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara. BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM1
CM3
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
ESTRUTURA
1. Capa que incluirá, obrigatoriamente, o emblema e o nome da Universidade, o nome da Facultade, o nome do mestrado, o título do traballo, o nome do autor, o visto manuscrito do titor co seu nome e o ano de presentación.
2. Índice do traballo con paxinación.
3. Resumo do traballo
4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da
metodoloxía utilizada.
5. Corpo do traballo
6. Conclusións
7. Referencias bibliográficas
CARACTERÍSTICAS 1. O traballo fin de mestrado terá unha extensión mínima de 60 páxinas e máxima de 100.
2. O texto terá un espazo de interliñado de 1.5 e o tamaño da letra será de 12 puntos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 1 149 150
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A oferta de liñas de traballo ás que o alumnado poderá adscribir o seu traballo fin de mestrado publicarase anualmente. O alumno definirá un tema concreto dentro dalgunha das liñas ofertadas.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión dun profesor titor. O labor de titorización tamén poderá desenvolverse coordinadamente por dous profesores.
Son funcións do titor: facilitar as orientacións precisas para a elaboración do traballo fin de mestrado por parte do alumno; supervisar a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e a súa adecuación ás presentes normas; emitir un informe sobre o traballo realizado polo estudante cubrindo o formulario correspondente, destinado á Comisión avaliadora; dar o visto bon para a inscrición e a presentación do traballo fin de mestrado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O/a estudante terá, cando menos, un profesor titor que guiará a realización do seu traballo, e emitirá o informe preceptivo previo á avaliación por parte da Comisión correspondente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo só poderá ser presentado, defendido e avaliado se o alumno tiver superado os créditos restantes para a obtención do título.
A avaliación realizaraa unha/s Comisión/s designada/s anualmente pola Comisión de Organización Académica da Facultade.
A/s Comisión/s avaliadora/s estará/n composta/s por tres persoas. Delas, dúas serán necesariamente profesores doutores con vinculación permanente á Universidade; a de maior categoría e antigüidade presidirá a Comisión e a de menor actuará como secretaria.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Lea atentamente as 

NORMAS PARA A REALIZACIÓN E PRESENTACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MESTRADO (aprobado na Xunta de Facultade na súa sesión do 12 de marzo de 2010)

 que están disponíbeis en http://www.udc.es/filo/html/master/traballofindemLUP.pdf



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías