Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación Código 613484005
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Profesorado
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Web
Descrición xeral Metodoloxía e técnicas para a elaboración e presentación de traballos científicos, patrones formais para a presentación de traballos por escrito e a súa defensa oral, uso de distintos métodos de referencias bibliográficas e recursos dispoñibles para os/as investigadores/as.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A7 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A9 Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B2 Demostrar un compromiso ético contra as desigualdades.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B7 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Aprender a investigar sobre, redactar e presentar diferentes tipos de traballos académicos AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AM10
AM11
AM12
AM13
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. AM1
BM1
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1 Panorámica xeral
2. Métodos, teoría e crítica 2.1 Os diferentes métodos según as diferentes escolas críticas (e.g. deconstrución, dialoxía, formalismo, etc.)
3. Tipos de traballos de investigación 3.1 Traballo fin de máster, relatorio, recensión, capítulo de libro, artigo, tesiña, tese, etc.
4. Contidos 4.1 Tema
4.2 Obxectivos
4.3 Hipótese/s de partida
4.4 Metodoloxías e correntes críticas
4.5 Selección de fontes
4.6 Corpus
4.7 Conclusións
5. Aspectos formais 5.1 Diferenzas entre os ámbitos hispánico e anglosaxón
5.2 Resumos ("abstracts")
5.3 Palabras chave
5.4 Introducción
5.5 Formulación da tese ("thesis statement")
5.6 Corpo do traballo (e.g. os parágrafos)
5.7 Citas
5.8 Conclusións
5.9 Notas
5.10 Bibliografía: fontes primarias e secundarias, obras consultadas e obras citadas
6. Presentación e publicación dos traballos 6.1 Cómo presentar un traballo oral (e.g. relatorio vs. tese)
6.2 Cómo e onde publicar os traballos
7. Cuestións legais e normativas. 7.1 Plaxio, dereitos de propiedade, dereitos de autor/a, copyright, patentes, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 6 12 18
Aprendizaxe colaborativa 6 0 6
Actividades iniciais 1 0 1
Seminario 25 19 44
Resumo 2.5 0 2.5
Presentación oral 0.5 2 2.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Os/As estudantes deberán pasar a verme nas tutorías, por o menos dúas veces, antes ou durante a súa realización do traballo e antes da presentación oral. Estou disposta a fixar as citas cando nos veña ben a todos/as.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Neste apartado, teranse en conta dúas cousas:

-algúns exercicios de escritura feitos e comentados na clase
-as preguntas e comentarios do estudantado durante a presentación oral individual do resto de compañerios/as--ver abaixo
10
Resumo Teredes que facer un resumo/"abstract" para o traballo descrito enriba. Antes diso, teredes que darme as vosas preferencias para que poda facer unha convocatoria de traballos ("call for papers") suficientemente interdisciplinar 10
Traballos tutelados Cada estudante escribirá un ensaio curto, do tipo dos relatorios dos congresos. O tema e a metodoloxía do ensaio son de vosa elección. A estrutura deberá ser a seguinte:

-introdución
-formulación da tese ("thesis statement")
-corpo
-conclusións
-lista de fontes citadas

O resto das directrices serán explicadas na clase
35
Seminario Faremos unha posta en común das lecturas. As vosas intervencións deberán probar a realización das mesmas. Por o tanto, espero que viñades a aula con preguntas, dúbidas e comentarios preparados de antemán 25
Presentación oral Faremos un simulacro de congreso, onde cada estudante terá que presentar o seu traballo tutelado 20
 
Observacións avaliación

-Os
traballos que amosen indicios de plaxio serán calificados cun "0"



-Sempre que
sexan de interese para o curso, estou disposta a incluir cuestións e materiais
suxeridos por os/as alumnos/as

-As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará a alumnado afectado no inicio do curso


Fontes de información
Bibliografía básica

Alcina Franch, José. Aprender a investigar: métodos y trabajo para la redacción de tesis doctorales (Humanidades y Ciencias Sociales). Madrid: Compañía Literaria, 1994.

Bourdieu, Pierre et al. Academic Discourse: Linguistic Misunderstanding and Professional Power. Stanford: Stanford UP, 1994. 

Briz, Antonio (coord.): Saber hablar. Madrid: Aguilar, 2008.

Burguera, María Luisa, ed. Textos clásicos de teoría de la literatura. Madrid: Cátedra, 2004.

Canagarajah, A. Suresh. Critical Academic Writing and Multilingual Students. Ann Arbor: The University of Michigan Press, 2002.

Cassany, Daniel: Construir la escritura. Barcelona: Paidós, 1999.

Díez Borque, José María. Comentario de textos literarios: método y práctica. Madrid: Playor, 2001.

Dowis, Richard. The Lost Art of Speech: How to Write One, How to Deliver It. New York: AMACOM, 1999.

Eco, Umberto. Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura. Barcelona: Gedisa, 2001.

Henry, D. J. & A. Dorling Kindersley. Writing for Life: Paragraph to Essay. Harlow: Longman, 2007. 

The Hodges Harbrace Handbook. Beverly: Wadsworth, 2010.

Gibaldi, Joseph, ed. MLA Handbook for Writers of Research Papers. New York: The Modern Language Association of America, 2009.

Kleiser, Grenville. How to Speak in Public. Charleston: BiblioBazaar, 2009.

Leitch, Vincent B. et al, eds. The Norton Anthology of Theory and Criticism. New York: Norton & Co., 2001. 

López Yepes, José et al. Las tesis doctorales. Producción, evaluación y defensa. Madrid: Fragua, 2005.

Sierra Bravo, Restituto. Tesis doctorales y trabajos de investigación científica. Madrid: Paraninfo, 1994.

Montolío, Estrella (coord.): Manual práctico de escritura académica. Barcelona, Ariel, 2000.

Pantoja Vallejo, Antonio (coord.): Manual básico para la realización de tesinas, tesis y trabajos de investigación. Madrid: EOS Universitaria, 2009.

Rivkin, Julie and Michael Ryan, eds. Literary Theory: An Anthology. Oxford: Blackwell, 1998.

Phillips, Estelle M. y Derek S. Pugh: La tesis doctoral. Cómo escribirla y defenderla. Un manual para estudiantes y sus directores.Barcelona: Bresca, 2005.

Soriano, Ramón: Cómo se escribe una tesis. Guía práctica para estudiantes e investigadores. Córdoba: Berenice, 2008.

Turabian, Kate L. A Manual for Writers of Research Papers, Theses, and Dissertations. Chicago Style for Students and Researchers. Seventh Edition. Chicago and London: The University of Chicago Press, 2007.

Vázquez, Graciela (coord.): Español con fines académicos. De la comprensión a la producción de textos. Madrid: Edinumen, 2005.

Wahnón, Sultana. Teoría de la literatura y de la interpretación: ensayos y reflexiones. Vigo: Academia de Hispanismo, 2008.

Walker, Melissa. Writing Research Papers. A Norton Guide. New York: Norton & Co., 1996.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Recursos para a investigación da literatura/613484007

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías