Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. |
A2 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. |
A3 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. |
A4 |
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A5 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. |
A6 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. |
A7 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural. |
A8 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais. |
A9 |
Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais. |
A10 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos. |
A12 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués. |
A13 |
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. |
B1 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. |
B2 |
Demostrar un compromiso ético contra as desigualdades. |
B3 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade. |
B4 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. |
B5 |
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. |
B6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares. |
B7 |
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. |
B8 |
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Comprender os principais conceptos relativos a diversidade cultural e a multiculturalidade. |
AM3 AM4 AM6 AM10
|
BM1 BM3 BM5
|
CM2
|
Coñecer e comprender a diversidade do mundo a través de textos literarios e fílmicos no ámbito anglófono. |
AM1 AM4 AM8 AM10
|
BM1 BM5
|
CM2 CM4
|
Analizar diversas formas e productos culturais e artísticos nos que se reflicta a diversidade e a multiculturalidade. |
AM2 AM3 AM5 AM6 AM8 AM9 AM10 AM12
|
BM1 BM3
|
CM2
|
Profundar na interpretación de obras literarias e no coñecemento e aplicación da crítica literaria. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM8
|
BM3
|
CM2 CM4
|
Analizar a resolución das tensións identitarias en espazos de conflicto e os factores positivos da multiculturalidade, así como levar á práctica os valores de respeto, tolerancia e xustiza en espazos de diversidade. |
AM3 AM4 AM5 AM10 AM12
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM6
|
CM2 CM4 CM6
|
Aprender a investigar nos campos da diversidade e o multiculturalismo a través de recursos bibliográficos tradicionais e mais coa axuda das novas tecnoloxías. |
AM7 AM8 AM13
|
BM1 BM4 BM5 BM7 BM8
|
CM2 CM3 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introdución. |
Alteridade, diversidade e multiculturalidade no mundo actual. |
2.- Marco teórico. |
- conceptos de “cultura”, “etnia” e “raza”;
- inmigración, diáspora e identidade transnacional;
- dinámicas de asimilación, hibridación e resistencia;
- da multiculturalidade á “post-multiculturalidade”.
|
3.- A diversidade no ámbito anglófono: literatura, cine e outras manifestacións culturais. |
- Kingston: The Woman Warrior (book)
- Smith: White Teeth (book)
- Yamashita: Through the Arc of the Rainforest (book)
- The Wedding Banquet (film)
- Crash (film) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
5 |
5 |
10 |
Traballos tutelados |
0 |
18 |
18 |
Presentación oral |
2 |
1 |
3 |
Lecturas |
0 |
20 |
20 |
Análise de fontes documentais |
5 |
5 |
10 |
Sesión maxistral |
8 |
0 |
8 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Descrición dos obxectivos e contidos da materia, a súa metodoloxía e a súa avaliación. Brainstorming sobre os temas da materia. Pescuda e volcado de información. |
Discusión dirixida |
Nesta actividade, partindo dos textos fílmico-literarios, de fontes secundarias relevantes e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar, por medio de preguntas ou temas de debate, no análise e interpretación de textos, fenomenos culturais e outros conceptos relevantes. |
Traballos tutelados |
Cada estudante realizará un traballo escrito de extensión breve (2500-3000 words), en torno a un tema ou aspecto a elixir (interpretación dun texto literario ou fílmico, ou estudo comparativo), traballo que resumirá para a súa exposición oral. |
Presentación oral |
Esta exposición oral complementa os traballos tutelados. |
Lecturas |
Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida (artigos, capítulos…). En clase
so se levará a cabo a lectura de textos cando estes sexan breves; en cambio, o visionado das dos películas si terá lugar nas sesións presenciais. |
Análise de fontes documentais |
Nas sesións sinaladas na planificación os alumnos analizarán tanto as fontes primarias (textos e filmes) como fontes secundarias que interpreten os textos ou que exploren conceptos relevantes para a materia. |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos (películas, novelas, memorias) a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes arredor do tema central da materia (multiculturalismo e postmulticulturalismo, etnicidade e transetnicidade, os fenómenos diaspóricos e transnacionais), e finalmente se proporcionarán pautas de análise textual.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Cada estudante precisará dunha orientación persoalizada na selección de temas e na investigación necesaria para executar este traballo (research essay) e a presentación oral que o complemente, ademáis de certa axuda para resolver outras dúbidas ou problemas puntuais na materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A discusión dirixida levarase a cabo en sesións de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a participación activa de cada estudante no debate ou discusión, ademáis da calidade do resultado. |
30 |
Traballos tutelados |
Valoraranse os coñecementos adquiridos, a orixinalidade dos enfoques e das aportacións, e a corrección da expresión escrita. |
40 |
Presentación oral |
Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo e a corrección lingüística, valorarase o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. |
10 |
Análise de fontes documentais |
Nas sesións sinaladas na planificación os alumnos analizarán tanto as fontes primarias como fontes secundarias que interpreten os textos ou que exploren conceptos relevantes para a materia. A calidade do devandito análise computará a efectos de avaliación. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia levarase a cabo de forma continua. Nela terase en conta: (1) os coñecementos adquiridos e a súa aplicación práctica (2) as competencias amosadas nas actividades avaliables encomendadas, especialmente a competencia lingüistica e argumentativa (3)
o traballo continuado que desenvolva o/a estudante, a asistencia e
participación nas sesións presenciais e a súa contribución activa. ESTUDANTES CON DISPENSA: a/o estudante que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia ao principio de curso para planificar os axustes necesarios no proceso de aprendizaxe-avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Wong, Sau-ling (1993). Reading Asian American Literature: From Necessity to Extravagance. Princeton: Princeton UP
Sollors, Werner (1987). Beyond ethnicity: consent and descent in American culture. Oxford: OUP
Brah, Avtar (1996). Cartographies of Diaspora: Contesting Identities. Routledge: London
FILME 2 (obr.) dir. por Paul HAGGIS (2005). Crash. Canada/USA
Said, Edward (1994). Culture and Imperialism. New York: Vintage.
Takaki, Ronad (2002). Debating Diversity: Clashing Perspectives on Race and Ethnicity in America.. New York: Oxford University Press.
Bauböck, Rainer and Thomas Faist (2010). Diaspora and Transnationalism: Concepts, Theories and Methods. Amsterdam: Amsterdam University Press.
(). Diaspora: A Journal of Transnational Studies. Universidad de Toronto Press at http://www.utpjournals.com/diaspora
Radhakrishnan, R. (1996). Diasporic mediations: between home and location. Minneapolis: University of Minnesota Press
Hutchinson, John, Anthony D. Smith (1996). Ethnicity. Oxford: Oxford UP
Cohen, Robin (1997). Global diasporas: An introduction.. London: UCL Press
Appadurai, Arjun (2005). Globalization. Durham: Duke University Press.
Tomlinson, John (1999). Globalization and Culture.. Cambridge, UK: Polity Press.
Pratt, Mary Louise (1993). Imperial Eyes: Travel Writing and Transculturation. London: Routledge.
(). JTAS: a Journal of Transnational American Studies. University of California, at http://escholarship.org/uc/acgcc_jtas
(). MELUS: Multiehtnic Literature of the United States. Univerity of Amherst / University of Connecticut (access via UDC library)
Gutmann, Amy (1994). Multiculturalism. New Jersey: Princeton University Press,
Goldberg, David Theo (1994). Multiculturalism: A Critical Reader. Cambridge: Blackwell
Basch, Linda, Nina Glick Schiller, and Cristina Szanton-Blanc (1993). Nations Unbound: Transnational Projects, Postcolonial Predicaments and Deterritorialized Nation-States. Amsterdam: Gordon and Breach
Hollinger, David (1995/2005). Postethnic America: Beyond Multiculturalism. . New York: Basic Books
Solomos, J. (1993). Race and Racism in Britain. . London: Macmillan.
Ashcroft, Bill; Gareth Griffiths, and Helen Tiffin, (1989/2002). The Empire Writes Back: Theory and Practice in Post-Colonial Literatures. London and New York: Routledge
Steinberg, Stephen (1989). The Ethnic Myth: Race, Ethnicity and Class in America. Boston:Beacon Press
FILME 1 (obr.) dir. por Ang LEE (1993). The Wedding Banquet. Taiwan/USA
Kingston, Maxine Hong (Obr.) (1976). The Woman Warrior. New York: Vintage / Everyman's Library
Wald, Alan (1987). Theorizing Cultural Difference. MELUS: Multiehtnic Literature of the United States
Yamashita, Karen Tei (Obr.) (1990). Through the Arc of the Rain Forest. St. Paul: Coffee House press
Smith, Zadie (Obr.) (2000). White Teeth. London/New York: Vintage.
Hussain, Yasmine (2005). Writing Diaspora: South Asian women, culture, and ethnicity . Hampshire: Ashgate Publishing
Radhakrishnan, R. (1987). “Culture as Common Ground: Ethnicity and Beyond”.. MELUS: Multiehtnic Literature of the United States
Safran, J. (1991). “Diasporas in Modern Societies". Diaspora: A Journal of Transnational Studies |
Dentro desta listaxe as fontes primarias de lectura obrigada son tres libros, os de Kingston, Smith e Yamashita. Os dous filmes que se analizarán en clase aparecen ao inicio da listaxe. O resto de obras corresponden a fontes secundarias recomendadas ou (parcialmente) utilizadas nas clases.
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Literatura. cultura e xénero /613484019 |
|
Materias que continúan o temario |
Recursos para a investigación da literatura/613484007 |
|
Observacións |
Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os textos longos de obrigada lectura antes do comezo da materia. Existen algunhas copias destes libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar en librerías tradicionais ou dixitais. Nas aulas so se levará a cabo a lectura de textos cando estes sexan breves; en cambio, o visionado das dos películas si terá lugar nas sesións presenciais. Por tanto, cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida (artigos, capítulos…) ANTES DA SESIÓN na que se analicen as correspondentes fontes documentais. |
|