Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Idioma Moderno: Italiano Código 613G01050
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Italiano
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Vallin Blanco, Gema
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
g.vallin@udc.es
Web
Descrición xeral Formación básica na descrición da lingua italiana. Teoría e práctica do italiano.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación

Contidos
Temas Subtemas
1. Ortografía e sistema fonolóxico do italiano.
1.1. Descrición do sistema fonético-fonolóxico.
1.2. Relacións fonemas-grafemas.
2. A entoación. 2.1. Esquemas básicos de entoación da lingua italiana.
3. O substantivo. 3.1. O xénero.
3.2. O número.
4. O adxectivo. 4.1. Tipos de adxectivos. Variación en xénero e número.
5. O artigo. 5.1. O artigo definido.
5.2. O artigo indefinido.
5.3. O artigo partitivo.
6. O demostrativo. 6.1. O demostrativo de proximidade.
6.2. O demostrativo de afastamento.
6.3. O demostrativo de distancia media.
7. O pronome persoal. 7.1. O pronome persoal suxeito.
7.2. O pronome persoal de obxecto directo.
7.3. O pronome persoal de obxecto indirecto.
7.4. O pronome reflexivo.
7.5. Os pronomes adverbiais "ci", "vi", "ne".
8. O posesivo. 8.1. O adxectivo posesivo.
8.2. O pronome posesivo.
9. Os indefinidos. 9.2.1. Tipoloxía.
10. Os numerais. 10.1. Os numerais ordinais.
10.2. Os numerais cardinais.
11. Relativos, interrogativos e exclamativos. 11.1. Relativos.
11.2. Interrogativos e exclamativos.
12. O verbo. 12.1. Conxugacións.
12.2. Tempos verbais: presente, imperfecto e futuro de indicativo; condicional e "passato prossimo". O participio.
13. As preposicións. 13. As preposicións de uso máis frecuente.
14. As conxuncións. 14.1. As conxuncións de uso máis frecuente.
15. As interxeccións. 15. As interxeccións de uso máis frecuente.
16. A negación. 16.1. Estruturas negativas.
17. A interrogación. 17.1. Interrogación total e parcial.
18. A expresión dos graos do adxectivo. 18.1. O comparativo.
18.2. O superlativo.
19. Léxico elemental das esferas da vida cotiá. 19.1. Corpo e saúde.
19.2. Familia e casa.
19.3. Traballo e escola.
19.4. Viaxes e transportes.
19.5. Comidas e bebidas.
19.6. Cidade e medio ambiente.
19.7. Roupa.
19.8. Compras e tempo de lecer.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 21 35
Discusión dirixida 3 9 12
Lecturas 6 12 18
Prácticas a través de TIC 2 1 3
Presentación oral 0.5 1 1.5
Proba mixta 4 28 32
Proba oral 1 3 4
Resumo 0 2 2
Prácticas de laboratorio 4.5 0 4.5
Estudo de casos 12 24 36
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas e prácticas impartidas polo profesor sobre os contidos do materia.
Discusión dirixida Participación do alumnado nun tema de debate suscitado polo profesor, segundo pautas previamente marcadas por este.
Lecturas Realización de lecturas fóra e dentro da aula.
Prácticas a través de TIC Prácticas a través de TIC para o coñecemento e manexo de recursos, bibliografía e programas relacionados coa materia.
Presentación oral Exposición breve na aula dun tema proposto polo profesor.
Proba mixta Realización dunha proba con preguntas de tipo diverso que permita avaliar os coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado.
Proba oral Realización dunha proba oral que permita coñecer os avances do alumnado nos coñecementos e competencias da lingua falada.
Resumo Elaboración de traballos de redacción e síntese sobre diversos temas.
Prácticas de laboratorio Valorarase fundamentalmente a comprensión auditiva e a destreza reprodutiva do estudante.
Estudo de casos Realización de exercicios e traballos prácticos sobre a materia impartida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Presentación oral
Discusión dirixida
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada pode variar en función do tipo de metodoloxía empregada: no caso da aprendizaxe colaborativa, da discusión e da exposición oral dirixida realizarase no marco da aula, de xeito que o tempo de atención se dividirá entre todos os alumnos, mentres que nas probas orais será individual. Tamén se programarán sesións de titoría individualizada ao longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Avaliarase o grao de corrección na entrega de exercicios feitos ou propostos na clase. 10
Proba oral Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 20
Resumo Valorarase o grao de elaboración e corrección lingüisticas. Para poder ser obxecto de avaliación, o traballo deberá presentarse no prazo marcado. 10
Proba mixta Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 35
Presentación oral Avaliarase tanto a elaboración da presentación, coma o grao de corrección lingüistica acadado a nivel oral e a capacidade para interesar e facer participar ao resto dos compañeiros. 10
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás aulas e a participación activa, segundo a seguinte escala: número de faltas inferior ao 5%, 100% da cualificación; faltas entre o 5 e o 10%, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas, 0 puntos. A nota resultante nos dous primeiros casos poderá ser obxecto de matización (ata un 20% á baixa) se a participación do alumno non foi axeitada. 5
Prácticas de laboratorio Valorarase fundamentalmente a comprensión auditiva e a destreza reprodutiva do estudante. 10
 
Observacións avaliación

Cabe a posibilidade de que eventualmente se produza algún cambio nas
probas (substitución ou engadido) se durante o curso se programase
algunha actividade non prevista polo momento (conferencia...). Criterios
de avaliación: na primeira oportunidade, para obter o Aprobado será
necesario acadar un mínimo de 4 puntos sobre 10 no conxunto da Proba
mixta e da Proba oral, ademais de realizar como mínimo o 50% das
actividades propostas (Resumo, Estudo de casos, Presentación oral,
Prácticas de laboratorio), nas que se deberá obter unha nota mínima
global de 6. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de
prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non faga o
conxunto das Probas mixta e oral, salvo se realizou o 50% ou máis das
actividades propostas, xa que neste caso será obxecto de avaliación. Na
segunda oportunidade, para obter o Aprobado será necesario completar a
realización de todas as actividades marcadas para o curso,
igualmente coa nota mínima de 6; polo seu propio carácter, as prácticas
de laboratorio e a exposición oral serán substituídas por outra
proba que avalíe as mesmas competencias e destrezas.
Polo que se refire ao conxunto das Probas mixta e oral, deberá obterse
tamén un mínimo de 4 puntos para aprobar. En ningunha das
dúas oportunidades se fará media con puntuación inferior
a 3 nalgunha actividade. 

Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación. 

Os
alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán
presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como
aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Carrera Díaz, Manuel (1994-1997). Curso de lengua italiana. Barcelona, Ariel
Por determinar (Por determinar). Curso multimediale di lingua italiana. Libro di casa e libro di classe. Por determinar
Londero, Eleanor (1992). Diccionario español-italiano italiano-spagnolo. Barcelona, Colins Grijalbo
Sañé, Secundi (2009). Il Dizionario spagnolo-italiano. El diccionario italiano español. Bologna, Zanichelli, Vox
Arbia, Maria Teresa (2006). Italiano: gramática esencial. Barcelona, Difusión
Por determinar (Por determinar). Letture. Por determinar
Zingarelli, Nicola (1994). Lo Zingarelli minore. Vocabolario ella lingua italiana. Bologna, Zanichelli

Bibliografía complementaria (1994). Come parlano gli italiani. Firenze, La Nuova Italia.
(1997). Dizionario italiano Sabatini Coletti. Firenze, Giunti
Luigi, Pavia (1927). Gramática sucinta de la lengua italiana con ejercicios de versión y trozos de lectura. Heidelberg, Julio Groos
(1993). Italiano Junior. Dizionario della lingua italiana. Milano, Loescher
Zingarelli, Nicola (2009). Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana. Bologna, Zanichelli
Diaco, Mimma (2005). Verbos conjugados: italiano. Barcelona, Difusión
(2006). Vocabulario básico del italiano: más de 4000 palabras y expresiones organizadas por temas. Barcelona, Larousse


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno: Italiano/613G01050

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías