Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Literatura Medieval Galego-Portuguesa Código 613G02023
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura medieval galego-portuguesa a través dos seus textos e autores máis representativos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. A2
A7
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. A16
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. A17
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. A18
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A19
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. A20
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura medieval e a Idade Media. 1.1 A literatura galego-portuguesa medieval.
1.2 Nocións preliminares e contextualización.
2. A poesía profana e relixiosa galego-portuguesa medieval. 2.1 Ámbitos, cronoloxía, periodización. A tradición manuscrita e a lingua lírica.
2.2 A poética: xéneros, retórica, métrica e música. Autores e intérpretes.
3. A poesía profana. 3.1 Cantigas de amigo. Cantigas de amor.
3.2 Cantigas satíricas e outros xéneros
4. A poesía relixiosa das Cantigas de Santa María. 4.1 Autoría. Estrutura.
4.2 Clasificación: narrativas, de loor e outros xéneros.
5. Decadencia e prolongacións palacianas. 5.1 A escola galego-castelá
5.2 O Cancioneiro Geral de Garcia de Resende.
6. As materias narrativas. Historiografía, prosa didáctica e relixiosa. 6.1 A Materia de Bretaña. Orixe. Textos galego-portugueses.
6.2 A Materia de Roma. Orixe. Textos galego-portugueses.
6.3 Fernan Lopez e a produción cronística.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 21 35
Obradoiro 22 33 55
Lecturas 1 30 31
Traballos tutelados 1 10 11
Recensión bilbiográfica 1 4 5
Presentación oral 1 1 2
Proba mixta 2 8 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Avaliación dos texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada.
Recensión bilbiográfica Reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas
Presentación oral Presentación oral dalgún(s) dos comentarios de textos realizados.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Avaliación das obras indicadas que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso 10
Presentación oral Avaliación da presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados. 10
Traballos tutelados Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada. 15
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. 40
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 20
Recensión bilbiográfica Avaliación da(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%


Fontes de información
Bibliografía básica MARTÍNEZ PEREIRO, C.P. (1999). A indócil liberdade de nomear. A Coruña: Espiral Maior
TAVANI, G (1990). A Poesia Lírica Galego-Portuguesa. Lisboa: Comunicação
LANCIANI, G. e TAVANI, G. (orgs.) (1993). Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Ed. Caminho
BREA, M. (coord.) (2000). Galicia. Literatura. A Idade Media. XXX.. A Coruña: Hércules de Ediciones
PENA, X. R. (2002). Historia da Literatura Medieval Galego-Portuguesa.. Compostela: Ed. Sotelo Blanco
RODRIGUES LAPA, M. (1981). Lições de Literatura Portuguesa. Época Medieval.. Coimbra: Coimbra Editora
BUESCU, Mª L. Carvalhão (1990). Literatura portuguesa medieval. Lisboa: Universidade Aberta
MARTÍNEZ PEREIRO, C.P. (1996). Natura das animalhas. Vigo: A Nosa Terra
RESENDE DE OLIVEIRA, A. (2001). O Trovador Galego-Português e o seu Mundo. Lisboa: Editorial Notícias
RESENDE DE OLIVEIRA, A. (1995). Trobadores e Xograres (Contexto Histórico). Vigo: Xerais
Obras de lectura obrigatoria:
1) Arias Freixedo, B., Antoloxía da lírica galego-portuguesa, Vigo: Xerais, 2003.
2) Ferreiro, M. / Martínez Pereiro, C.P., Cantigas de Santa María. Afonso X (Antoloxía), Vigo: A Nosa Terra /AS-PG, 1996.
3) Freixeiro Mato, C.P., Prosa literaria medieval (Antoloxía), Vigo: A Nosa Terra/AS-PG, 1996.
4) Lopes, F., Crónica de D. João I (Apresentação crítica, selecção, notas e sugestões para análise literária de Teresa Amado), Lisboa: Comunicação, 1992.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías