Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A1
|
|
|
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A2
|
|
|
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega |
A4
|
|
|
Coñecer a literatura en lingua galega |
A7
|
|
|
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A11
|
|
|
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A11
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A15
|
|
|
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A17
|
|
|
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A19
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoformación. |
|
B3
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
|
B4
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B5
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
|
B6
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
C1
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega no século XIX. |
Caracterización xeral.
Periodización.
Cuestións metodolóxicas. |
2. Os inicios da literatura galega. |
Os primeiros textos. Determinación histórica e finalidade pragmática. Produción e difusión.
A tradición do vilancico de Nadal.
A poesía: Nicomedes Pastor Díaz.
O teatro. Ideoloxía liberal e teatro popular.
|
3. O Prerrexurdimento. |
O provincialismo. Caracterización ideolóxica. A prensa provincialista.
A poesía. Caracterización xeral. Algúns autores.
A Gaita Gallega: singularidade xenérica, reivindicación e iniciación lingüística e denuncia social.
A poesía. O teatro.
|
4. O Rexurdimento. Caracterización xeral. |
Reivindicación lingüística, renacemento cultural e construción da identidade nacional.
A cultura e a literatura popular.
A recuperación da historia propia.
A situación social da lingua. A procura dun modelo de lingua literaria.
Os Xogos Florais da Coruña.
Produción e difusión cultural: a prensa.
|
5. O Rexurdimento. Xéneros e autores. |
A poesía.
Rosalía de Castro. Cantares gallegos.
Manuel Curros Enríquez. O divino sainete.
Eduardo Pondal.
A narrativa. O "Conto gallego" de Rosalía de Castro.
O teatro. |
6. O Rexionalismo e a transición ao século XX. |
Elementos definidores. As iniciativas editoras: prensa e coleccións editoriais. A consolidación institucional do rexionalismo no século XX: a fundación da Academia Galega.
Valentín Lamas Carvajal: O catecismo do labrego.
A narrativa. A novela histórica: O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro.
O teatro histórico. O teatro social. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
7 |
7 |
14 |
Lecturas |
1 |
43 |
44 |
Sesión maxistral |
15 |
15 |
30 |
Traballos tutelados |
3 |
21 |
24 |
Seminario |
6 |
9 |
15 |
Análise de fontes documentais |
10 |
10 |
20 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán. |
Lecturas |
Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño. |
Traballos tutelados |
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos e das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora-titora. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A profesora orientará aos e ás estudantes na selección do tema do traballo, da metodoloxía e das fontes de información precisas e máis axeitadas para a súa elaboración.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
Coa finalidade do estudo intensivo dun tema a profesora guiará, cando menos, un seminario en que participarán todos os membros do grupo.
Poderá ser solicitada a entrega por escrito das conclusións do seminario. En todo caso, valoraranse o seguimento e as intervencións realizadas na aula. |
15 |
Traballos tutelados |
O/a estudante realizará un traballo de curso orientado pola profesora. Na súa avaliación terase en conta tanto o resultado que se presentará por escrito como, de ser o caso, a exposición oral que se realizará na aula. |
30 |
Sesión maxistral |
Os temas expostos nas aulas das sesións maxistrais poderán ser obxecto dunha proba escrita.
En todo caso, valorarase o acompañamento e a participación do alumnado nestas sesións. |
10 |
Lecturas |
Haberán de realizarse as lecturas obrigadas que se recollen no apartado Fontes de información.
Igualmente a profesora sinalará outros textos de lectura e indicará, en cada caso, a posibilidade ou a obriga de realizar algún tipo de exercicio escrito (recensión, comentario) ou oral (exposición, presentación) sobre eles. Solicitaranse, como máximo, 2 actividades deste tipo. |
20 |
Análise de fontes documentais |
Na aula realizarase a lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, etc. A profesora poderá solicitar a entrega de 1 exercicio escrito individual con estas características. En calquera caso, valorarase a participación do/a estudante/a na aula nestas actividades. |
15 |
Discusión dirixida |
Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado.
Os e as estudantes deberán preparalo previamente, de acordo coas indicacións que recibirán.
Valoraranse as intervencións na aula. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Incluíndo o traballo tutelado, a profesora solicitará a realización dun máximo de 4 actividades avaliábeis. Para seren computadas na avaliación, as actividades deberán presentarse no prazo indicado pola profesora. Caso de entregárense fóra de prazo, consideraránse a todos os efectos como se non se presentasen. Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora. As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis no prazo indicado pola profesora. Terá a cualificación de "non presentado" quen só entregue 1 actividade, sempre que non sexa o traballo tutelado. Cando se entreguen máis actividades ou o traballo tutelado, obterase a cualificación que corresponda segundo o número e a calidade das actividades entregadas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Lourenzo, Manuel e Pillado Mayor, Francisco (1987). Dicionario do teatro galego. Barcelona: Sotelo Blanco
Tarrío, Anxo (coord.) (2000). Galicia. Literatura (vols.XXXII-XXXIV). A Coruña: Hércules de edicións
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega (vols. 1 e 2). Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega contemporánea (problemas de método e interpretación). Vilaboa: Edicións do Cumio
Tarrío, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo: Xerais |
Biblioteca dixital do CSBG: http://www.csbg.org/prensagalega/index.asp Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org:80/Hemeroteca/Revistas.do?letter=none; http://www.realacademiagalega.org:80/RAGBibVir/MainPage.do Estas
referencias son de obras de consulta e/ou de carácter xeral. Na aula
proporcionarase bibliografía específica para cada tema. Obras de lectura obrigada: A casamenteira de A. B. Fandiño. A gaita gallega de J. M. Pintos. Cantares gallegos de Rosalía de Castro. "Conto gallego" de Rosalía de Castro. O divino sainete de Manuel Curros Enríquez. Selección de poemas de Eduardo Pondal. O catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal. O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro. Esta selección de textos poderá completarse puntualmente con outras lecturas realizadas ou presentadas na aula. |
Bibliografía complementaria
|
|
Beramendi, X. e Núñez Seixas, O nacionalismo galego, A Nosa Terra,
Vigo, 1994. Carballo Calero, R., Estudos rosalianos. Aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro,
Galaxia, Vigo, 1979. Davies, C., Rosalía
de Castro no seu tempo, Galaxia, Vigo, 1987. Forcadela, M., A
poesía de Eduardo Pondal, O Cumio, Vigo, 1995. Freire Lestón, X. V., A actividade editorial en Galicia (1850–1936). Apuntamentos para unha
historia do libro galego, O Cumio, Vigo, 1997. Hermida, C., Os
precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992. Máiz, R., “A función político-ideolóxica da Historia
no discurso do nacionalismo galego”, A
idea de nación, Xerais, Vigo, 1997, pp. 147-177. Pociña, A. e López, A., Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Laiovento,
Santiago de Compostela, 2000. Poullain, C. H., Rosalía
de Castro e a súa obra literaria, Galaxia, Vigo, 1989. Rodríguez, F., Análise
sociolóxica da obra de Rosalia de Castro, AS-PG, Vigo, 1989. Villanueva, C., Los
villancicos gallegos, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1994. VV. AA., Actas
do Congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo,
Consello da Cultura Galega-Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de
Compostela, 1986, 3 vols. Esta selección bibliográfica completarase con bibliografía específica sobre cada tema que a profesora proporcionará na aula. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega Contemporánea 2/613G02036 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Galega/613G02012 |
|
Observacións |
Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.es. |
|