Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Lingua Galega e Sociedade Código 613G02025
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Profesorado
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo e análise da situación sociolingüística da lingua galega.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A27 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria A1
A9
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A19
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. A23
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. A25
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. A27

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á sociolingüística 1.1. Lingua e sociedade
1.2. A sociolingüística e a socioloxía da lingua
1.3. A sociolingüística sobre o galego
2. A diversidade lingüística 2.1. As linguas no mundo
2.2. As comunidades lingüísticas
2.3. O contacto de linguas
2.4. As variedades lingüísticas
3. O contacto de linguas na Galiza 3.1. A introdución do castelán na Galiza
3.2. A xénese do conflito lingüístico e a súa evolución histórica
3.3. O proceso de erosión interna da lingua galega
4. As categorías sociolingüísticas básicas e a súa aplicación ao galego 4.1. Monolingüismo e plurilingüismo
4.2. Bilingüismo e diglosia
4.3. A asimilación lingüística
5. A situación actual da lingua galega 5.1. O galego, lingua ameazada
5.2. Distribución sociodemográfica e sectorial da lingua galega
5.3. Principais mudanzas e tendencias
6. Os discursos sobre a lingua na Galiza 6.1. Actitudes e ideoloxías lingüísticas presentes na sociedade galega
6.2. Os preconceptos lingüísticos no mundo
6.3. Os preconceptos a respecto do galego
7. Perspectivas de futuro para a lingua galega 7.1. Imperialismo lingüístico ou ecolingüismo
7.2. A normalización lingüística
7.3. Reintegracionismo, sesquilingúismo e outras alternativas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 16 32 48
Traballos tutelados 1 10 11
Presentación oral 1 1 2
Lecturas 1 20 21
Recensión bilbiográfica 1 10 11
Proba mixta 1 5 6
Sesión maxistral 20 30 50
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Recensión bilbiográfica Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes etc.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
Recensión bilbiográfica Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, ben como a calidade lingüística. 15
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 40
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia,
o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos
sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10,
para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.

O
alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a
través do correo electrónico.

Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A cualificación de

NON PRESENTADO/A

será considerada cando o/a alumno/a non asistir
ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de
actividades ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Rei-Doval, G. (2007). A lingua galega na cidade no século XX. Unha aproximación sociolingüística. Vigo. Xerais
Crystal, D. (2003). A morte das linguas. Vigo. Galaxia
Freitas Juvino, M. P. (2008). A represión lingüística en Galiza no século XX. Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galiza. Vigo. Xerais
Monteagudo, H. e Lorenzo Suárez, A. M. (coords.) (2005). A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega
Fishman, J. A. (ed.) (2001). Can threatened languages be saved?. Clevedon. Multilingual Matters
Moreno Cabrera, J. C. (2006). De Babel a Pentecostés. Manifiesto plurilingüista. Barcelona. Horsori
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. A Coruña. Servizo de Publicacións da UDC
Moreno Cabrera, J. C. (2008). El nacionalismo lingüístico. Una ideología destructiva. Barcelona. Península
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Vigo. Galaxia
Fernández Rei, F. e Santamarina, A. ( (eds.) (1999). Estudios de Sociolingüística Romana. Linguas e variedades minorizadas. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela
Iglesias Álvarez, A. (2003). Falar galego: "No veo por qué". Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galicia. Vigo. Xerais
Costas, X. H. (2002). Guía das linguas de Europa. Santiago de Compostela. Positivas
Ninyoles, R. L. (2005). Idioma e poder social. Santiago de Compostela. Laiovento
Moreno Cabrera, J. C. (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid. Alianza
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Linga e futuro. Santiago de Compostela. Laiovento
Phillipson, R, (1992). Linguistic Imperialism. Oxford. Oxford University Press
Calvet, L.-J. (1993). Lingüística e colonialismo. Pequeno tratado de Glotofaxia. Santiago de Compostela. Laiovento
González González, M. (dir.) (2007). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña. Real Academia Galega
González González, M. (dir.) (2008). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. 2: Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña. Real Academia Galega
Edwards,J. (1994). Multilingualism. London. Penguin Books
Bringas, A. e Martín, B. (eds.) (2003). Nacionalismo e globalización: lingua, cultura e identidade. Vigo. Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Casanova, I. (2006). O Destino das Línguas: que futuro no espaço da UE? . Lisboa. Universidade Católica
Bouzada Fernández, X. M e Lorenzo Suárez, A. M. (1997). O futuro da Lingua. Elementos sociolingüísticos para un achegamento prospectivo da lingua galega.. Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega.
Rodríguez Fagim, V. (2001). O galego (im)possível. Radiografia de umha regeneraçom inconclusa. Santiago de Compostela. Laiovento
Garcia Negro, M. P. (2000). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Pontevedra. Edicións do Cumio
González González, M. (dir.) (2003). O galego segundo a mocidade. Unha achega ás actitudes e discursos sociais baseada en técnicas experimentais e cualitativas. A Coruña. Real Academia Galega
Moure, T. (2005). Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade. Vigo. Galaxia
Calvet, L.-J. (2004). Por unha ecoloxía das linguas no mundo. Santiago de Compostela. Laiovento
Garcia Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela. Laiovento
Nettle. D. e Romaine, S. (2000). Vanishing voices. The extinction of the world's languages. Oxford. University Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías