Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Cultura Latina Medieval Código 613G02033
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Lopez Pereira, Jose Eduardo
Correo electrónico
e.pereira@udc.es
Profesorado
Lopez Pereira, Jose Eduardo
Correo electrónico
e.pereira@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo de diversos aspectos do sistema literario da Idade Media latina, en particular relacionados coa produción do texto: fontes básicas, relación con outras culturas, xéneros, etc. Dada a pertenencia da materia ao Grado en galego e portugués, prestarase especial atención á relación entre a cultura latina e as vernáculas (sobre todo a galego-portuguesa).

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. A13
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Cuestións conceptuais. Caracterización xeral da Europa medieval. Periodización. Cuestións conceptuais. Caracterización xeral da Europa medieval. Periodización
2. As fontes básicas da cultura latina medieval. O legado clásico.
A cultura cristiá.
3. Relación da cultura latina con outras. A cultura grega.
A cultura xermánica.
A cultura celta.
A cultura eslava.
4. Características do latín tardío e medieval e a súa relación coas linguas vernáculas. Características do latín tardío o medieval e a súa relación coas linguas vernáculas.
5. A poesía latina medieval e as súas relacións coa poesía nas linguas vernáculas (en particular coa galego-portuguesa) A épica.
A poesía de amor.
A lírica relixiosa.
O debate.
Poesía satírica e goliárdica.
6. A prosa latina medieval e a súa relación coa prosa nas linguas vernáculas. Haxiografía.
Textos historiográficos.
Itinerarios.
Narrativa en prosa.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa 16 16 32
Traballos tutelados 0 16.5 16.5
Lecturas 0 30 30
Análise de fontes documentais 0 15 15
Proba mixta 2 0 2
Sesión maxistral 16 0 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Traballos tutelados Pequenos traballos que se irán indicando ao longo do curso relativos aos temas de aprendizaxe colaborativa, onde o alumno terá que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e/ou aplicación dunha metodoloxía concreta.
Lecturas Lectura dos manuais, artigos e monografías que se indiquen para cada tema, así como dos materiais que se poñan a disposición do alumnos a través da plataforma de teleformación.
Análise de fontes documentais Análise dos textos medievais que se comentarán especialmente nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa. Indicaranse ao longo do curso os textos e as traducións recomendadas.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas sobre contidos do programa.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos estarán relacionados cos temas destinados á aprendizaxe colaborativa. Consistirán en comentarios de textos, reseñas de artigos, aplicacións de métodos de análise ou outras actividades puntuais que se consideren proveitosas para a autoaprendizaxe do alumno. O profesor fará un seguimento destes traballos e atenderá dúbidas sobre os mesmos no horario de titorías ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia ás aulas. 10
Aprendizaxe colaborativa Asistencia ás aulas, participación nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden. 25
Traballos tutelados Entrega dos traballos que se indiquen e boa cualidade dos mesmos 15
Proba mixta Responder correctamente a cuestións sobre o programa da materia nun exame escrito que se realizará na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade 50
 
Observacións avaliación

As cualificacións polos
traballos tutelados, asistencia ás sesións maxistrais e traballos de
aprendizaxe colaborativa manteranse nas convocatorias de xuño e xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica (). ALIM, Archivio della Latinità Italiana del Medioevo <http://www.uan.it/alim/>.
(). Bibliotheca Augustana <http://www.fh-augsburg.de/~harsch/a_alpha.html>.
Brunzhölz, F. (1975-92). Geschichte der lateinischen Literatur des Mittelalters. München
Manitius, M. (1911-31). Geschichte der lateinischen Literatur des Mittelalters. München
Dronke, P. (1995). La lírica en la Edad Media. Barcelona
Moralejo Álvarez, J. L. (2002). La poesía latina medieval: apuntes para una clasificación genérica. León
(). Latin Library <http://www.thelatinlibrary.com/>.
Leonardi, C. (ed.) (2002). Letteratura latina medievale (secoli VI-XV). Un manuale. Firenze
Curtius, E. R. (1955). Literatura europea y Edad Media latina. México-Madrid-Buenos Aires
Bodelón, S. (1989). Literatura latina de la Edad Media en España. Madrid
Cavallo, G.-Leonardi, C.-Menestò, E. (eds.) (1993-). Lo spazio letterario del Medioevo. 1. Il Medioevo latino. Roma
Dronke, P. (1968). Medieval Latin and the Rise of European Love-Lyric. Oxford
Díaz y Díaz, M. C.-Díaz de Bustamante, J. M. (eds.) (2005). Poesía latina medieval. Firenze
Genicot, L. (dir.) (1972-). Typologie des sources du Moyen Âge occidental. Turnhout

Bibliografía complementaria

A bibliografía complementaria indicarase con cada tema


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías