Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A21 |
Dominar a gramática da lingua galega. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A25 |
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. |
A29 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A1
|
|
|
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A2
|
|
|
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A4
|
|
|
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A9
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A15
|
|
|
Dominar a gramática da lingua galega. |
A21
|
|
|
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega |
A23
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua galega |
A25
|
|
|
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía |
A29
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
|
B4
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B5
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
C1
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Realidade lingüística e norma. |
A constitución da norma
Norma, estándar e variación |
A variación interna da lingua |
Factores de variación (sexo, idade etc.)
Estilos e rexistros |
A calidade da lingua |
O concepto de calidade lingüística aplicado ao galego
Marcas de calidade: grafía, fonética, morfosintaxe e léxico |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
20 |
30 |
50 |
Obradoiro |
16 |
32 |
48 |
Lecturas |
1 |
20 |
21 |
Recensión bilbiográfica |
1 |
10 |
11 |
Traballos tutelados |
1 |
10 |
11 |
Presentación oral |
1 |
1 |
2 |
Proba mixta |
1 |
5 |
6 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
|
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Recensión bilbiográfica |
Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. |
40 |
Presentación oral |
Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. |
10 |
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). |
10 |
Traballos tutelados |
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. |
15 |
Lecturas |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Para superar
a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5
puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos
sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de
avaliación. O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,
todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación. O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico. Na segunda
oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número
inferior de actividades ao 50%
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2004). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra
Ferreiro, M. (2001). Gramática Histórica Galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Álvarez, R. / Monteagudo, H. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
RAG / ILG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG / ILG
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: UDC |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|