Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Lingua e Variación no Espazo Código 613G02042
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Profesorado
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Análise teórico-práctica dos principais factores que inciden na variación lingüística, ben como dos fenómenos máis salientábeis do ámbito galego-portugués.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A26 Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B8 Apreciar a diversidade.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria A1
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica A15
Coñecer a variación lingüística da lingua galega A25
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa A26
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Apreciar a diversidade B8
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A variación lingüística 1.1. Perspectivas sobre os tipos de variacionismo
1.2. Orixe e limites da variación
2. Lingua, dialecto, variedade 2.1. Denominacións
2.2. Criterios de distinción
3. A dialectoloxía 3.1. Definición e orientacións
3.2. Cuestións de método
3.3. O caso da Galiza
4. Tipoloxía dos fenómenos de variación lingüística e a súa transcendencia 4.1. Hipóteses de singularización
4.2. Incidencia, sistematicidade e transcendencia
5. Dialectoloxía, filoloxía e lingüística 4.1. Dialectoloxía e lingüística histórica
4.2. Dialectoloxía e onomástica
4.3. Dialectoloxía, estruturalismo e xenerativismo
4.4. Outros saberes e disciplinas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de ensaio 2 20 22
Análise de fontes documentais 5 0 5
Traballos tutelados 2 30 32
Recensión bilbiográfica 0 5 5
Sesión maxistral 15.5 31 46.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio O estudandato debe demostrar neste tipo de exercicios que ten asimilado, tanto na práctica como na teoría, os contidos marcados.
Análise de fontes documentais Trátase de analizar e comparar, en termos de variación lingüística, diversos tipos de textos orais ou escritos (gravacións de fala, texgtos literarios con presenza de fenómenos de variación etc.).
Traballos tutelados Cada alumno ou alumna debe elaborar un traballo en que se estude un aspecto de variación lingüística que será previamente consensuado coa persoa encarregada da docencia.
Recensión bilbiográfica De maneira individual, cada alumna ou alumno debe efectuar unha lectura crítica dunha obra marcada pola persoa encarregada da docencia.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais, o profesor ou a profesora expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumando adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada nortéase cara á orientación dos traballos tutelados (tema, focaxe, bibliografía adecuada etc.) e á solución de dúbidas e lacunas que os alumnos ou as alumnas puideren presentar.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A capacidade crítica, a claridade na exposición e o rigor na argumentación, ben como a calidade da lingua, serán aspectos a que se concederá unha especial atención. 10
Proba de ensaio Nesta proba, concederase especial atención á adecuación das respostas ás cuestións formuladas, a clareza expositiva e o uso dunha lingua de calidade. 40
Análise de fontes documentais A capacidade de analizar diversas fenomenoloxías lingüísticas en termos de variación (as causas, o contexto, as implicacións etc.) e o uso dun modelo de lingua digno consideraranse para a avaliación final 10
Traballos tutelados Neste tipo de probas, serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. 40
 
Observacións avaliación


1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba de ensaio deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.


2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.


3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.


4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior.


5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba de ensaio.




Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Rei, F. et al. (1996). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Méndez, L. et al. (2007). Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica / Instituto da Lingua Galega
ILG [Instituto da Lingua Galega] (1990 / 1995 / 1999 / 2002 / 2005). Atlas Lingüístico Galego. Vol. I. Morfoloxía verbal. Vol. II. Morfoloxía non verbal. Vol. III. Fonética. Vol. IV. Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. Vol. V. Léxico. O corpo humano (I). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Leite, Y. et al. (2004 [2002]). Como Falam os Brasileiros . Rio de Janeiro: Jorge Zahar
Perea M. P. (ed.), (2004). Dialectologia i recursos informatics. Barcelona: Universitat de Barcelona
Francis, F. N. (1989 [1983]). Dialectology. An introduction . London: Longman
Fernández Rei, F. (2001 [1990]). Dialectoloxía da lingua galega . Vigo: Xerais
Álvarez, R. et al. (eds.) (2002). Dialectoloxía e Léxico. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega
Vasconcellos, J. Leite de (1987 [1901]). Esquise d’une Dialectologie Portugaise . Lisboa: Instituto de Investigação Científica
Cintra, L. F. Lindley (1995). Estudos de Dialectologia Portuguesa . Lisboa: Sá da Costa
Gärtner, E. et al. (eds.) (2000). Estudos de Geolingüística do Português Americano. Frankfurt: TFM
Beaud, S. et. al. (2007). Guia para a Pesquisa de Campo. Produzir e Analisar Dados Etnográficos. Petrópolis: Vozes
Preston, D. R. (1999). Handbook of Perceptual Dialectology. Amsterdam / New York: John Benjamins Publishing
Mollica, M. C. et al. (2003). Introdução à Sociolingüística. O tratamento da Variação. São Paulo: Contexto
Chambers, P. et al. (1994). La dialectología . Barcelona: Visor
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Ames: Laiovento
Álvarez, R. et al. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega
Vasconcellos, J. Leite de (1928). Opúsculos. Vol. II. Dialectologia . Coimbra: Universidade de Coimbra
Vasconcellos, J. Leite de (1985). Opúsculos. Vol. VI. Dialectologia . Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda
Kabatek, J. (2000). Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencia no galego actual . Vigo: Xerais
Labov, W. (1996, 2006). Principios del cambio lingüístico. Vol. I. Factores internos. Vol. II. Factores sociales . Madrid: Gredos
Britain, D. et. al. (eds.) (2003). Social Dialectology. In Honour of Peter Trudgill. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins Publishing Company
Trudgill, P. (2002). Sociolinguistic Variation and Change . Washington, DC: Georgetown University Press
Arnold, J. et. al (eds.) (1996). Sociolinguistic Variation. Data, Theory and Analysis. Selected Papers from New Ways of Analyzing Variation (23rd, 1994) at Stanford. Stanford: Center for the Study of Language and Information
Biber, D. (1988). Variation across Speech and Writing . New York / New Rochelle / Melbourne / Sidney: Cambridge University Press

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Galega 1/613G02002
Lingua Galega 2/613G02014
Lingua Galega e Comunicación Oral/613G02021
Lingua Galega e Sociedade/613G02025

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías