Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02046
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo particularizado de obras e/ou autores relevantes e significativos da narrativa en lingua galega e portuguesa. Estudo do ensaio galego.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
A19 Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes.
A20 Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. A8
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. A17
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. A18
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. A19
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. A20
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. A narrativa en lingua galega e en lingua portuguesa. 1.1. Caracterización xeral. Criterios de periodización, autores, temática, xéneros e estilos nas diferentes literaturas.
1.2. Análise de textos representativos dos/as autores/as máis relevantes nas diferentes literaturas.
2. O ensaio en lingua galega e en lingua portuguesa. 2.1. Caracterización xeral e función sociocultural nas diferentes literaturas.
2.2. Análise de de textos representativos dos/as autores/as máis relevantes nas diferentes literaturas.
3. A narrativa na literatura brasileira contemporánea. 3.1. Principais autores e temas.
3.2. Análise de de textos representativos dos/as autores/as máis relevantes.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 10 15 25
Obradoiro 15 22.5 37.5
Lecturas 1 27 28
Traballos tutelados 1 10 11
Proba mixta 2 8 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 30
Lecturas Avaliación da lectura das obras realizada polo/a alumno/a ao longo do curso. 15
Traballos tutelados Avaliación dos texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada. 15
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non
asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%


Fontes de información
Bibliografía básica Stegagno-Picchio, L. (2004). História da Literatura Brasileira. Rio de Janeiro: Nova Aguilar
Villarino, C. / Rufatto, L. (2011). O conto brasileiro contemporâneo . Santiago de Compostela: Laiovento
Candido, A. (2004). O direito à literatura e outros ensaios. Coimbra: Ângelus Novus

Obras de lectura obrigatoria:

1) O conto brasileiro contemporâneo de Carmen Villarino e Luiz Rufatto (Orgs).

2) O Segundo Tempo de Michel Laub ou O Enigma de Qaf de Alfredo Mussa ou O Sol Se Põe em
São Paulo de Bernardo Carvalho (a escoller unha das tres).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías