Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Lingua Galega 1 Código 613G03002
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoan
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo descritivo e instrumental da lingua galega, así como na elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos e de calquera época. Perséguese que o/a estudante coñeza a situación en que se encontra o galego na sociedade actual e que entenda o feito lingüístico como unha realidade pluridimensional.
Alén disto, preténdese potenciar no alumnado a capacidade comunicativa, o contraste de ideas e o pensamento crítico, fomentar a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo, e integrar o labor académico no noso contexto social e cultural.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textua A2
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Caracterización do galego 1.1. Posición do sistema lingüístico galego-portugués nas linguas románicas
1.2. Plurilingüismo e diversidade lingüística. A perspectiva ecolingüística
2. A planificación do status 2.1. Diglosia e conflito lingüístico
2.1. O galego como lingua minorizada
2.3. Actitudes e preconceptos sobre as linguas e sobre o galego
3. A planificación do corpus (I) 3.1. A lingua literaria
3.2. A lingua estándar e a variación lingüística
4. A planificación do corpus (II) 4.1. Relevancia do acordo normativo de 2003
4.2. Principais mudanzas
5. Escribir para falar 5.1. Texto oral e Texto escrito. Características e diferenzas
6. Principais particularidades da lingua oral con repercusión no modelo culto de lingua 6.1. Fenómenos dialectais
6.2. Vulgarismos
6.3. Castelanismos
6.4. Pseudogaleguismos
7. O modelo de lingua culta do galego 7.1. O concepto de seguranza lingüística
7.2. A necesidade da diferenza (exemplificación nalgúns fenómenos: colocación de pronomes persoais átonos e interpolación, CD sen "a", construcións tipo "ler no libro", infinitivo flexionado e futuro do subxuntivo)
8. Principais particularidades da lingua escrita (I) 8.1. Cuestións ortográficas
8.2. Cuestións morfolóxicas (nome, pronome e verbo)
9. Principais particularidades da lingua escrita (II) 9.1. Cuestións sintácticas (usos e valores pronominais; usos e valores verbais)
10. Tipoloxía discursiva 10.1. Textos escritos e textos orais formais
10.2. Linguaxes de especialidade

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 8 16 24
Lecturas 0 26 26
Presentación oral 1 5 6
Traballos tutelados 2 12 14
Sesión maxistral 12 12 24
Solución de problemas 4 10 14
Aprendizaxe colaborativa 6 10 16
Obradoiro 8 10 18
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Para o correcto desenvolvemento das aulas, o alumno/a deberá acompañar as explicacións coa consulta de diferentes fontes bibliográficas e documentos audiovisuais indicados pola profesora ao longo do curso
Lecturas O estudantado debe realizar unha serie de lecturas obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas nas aulas (exercicios, debates, comentarios, recensións) e atinxir unha boa cualidade lingüística
Presentación oral Durante o curso o alumnado terá que expor verbalmente, en interacción coa profesora, algúns dos seus traballos
Traballos tutelados O/a estudante deberá entregar un traballo colectivo (máximo, 4 estudantes por grupo), fixado pola profesora no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e a colaboración entre os/as alumnos/as
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos conceptos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema
Solución de problemas Nas sesións de grupo mediano traballarase con frecuencia esta técnica, que permite asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais mediante a resolución de situacións problemáticas concretas
Aprendizaxe colaborativa Baixo a coordinación da profesora, os estudantes realizarán diversas actividades en conxunto, co obxectivo de partillaren información, coñecementos e destrezas que redunden en beneficio de todos os membros do grupo
Obradoiro A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (debates, probas de completar, mapas conceptuais etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, é fundamental que o/a alumno/a informe periodicamente tanto dos seus progresos como das súas dificultades a fin de obter unha orientación adecuada. Alén diso, o/a estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do traballo, ben no horario de atendemento ben a través do correo electrónico

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro A recensión realizada como resultado dos obradoiros valorarase cun 20% da nota final 20
Sesión maxistral Os coñecementos atinxidos nas sesións maxistrais serán avaliados por medio dunha proba obxectiva que se levará a cabo nas aulas ao final do cuadrimestre e que suporá un 50% da nota final 50
Traballos tutelados O traballo tutelado corresponderase cun 20% da cualificación final da materia 20
Presentación oral Un 10% da nota final valorará unha presentación oral do/a alumno orientada á demostración da súa competencia comunicativa, así como dos coñecementos e das destrezas adquiridas ao longo do cuadrimestre 10
 
Observacións avaliación

Para a proba obxectiva facer media co resto das actividades debe estar cualificada cun mínimo de 4 puntos sobre 10.

Os/as alumnos/as que non superaren a materia en xaneiro deberán realizar en xullo unha proba escrita e entregar os traballos non presentados e/ou suspendidos.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co/coa profesor/a.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou as actividades obrigatorias propostas polo docente (recensión, traballo tutelado e exposición oral).

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de actividades e traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa xustificada.

As actividades escritas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística.


Fontes de información
Bibliografía básica Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2006). Criterios para o uso da lingua. A Coruña. Universidade da Coruña
Vidal Barral, N. (coord.) (2005). Curso de actualización da lingua e linguaxe administrativa galegas. Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública
Rico Verea, M. (coord.) (2007). Curso de linguaxe administrativa. Santiago de Compostela. Dirección Xeral de Política Lingüística
Álvarez Blanco, R. / Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo. Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe. Vigo. A Nosa Terra
Hermida Gulías, C. (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela. Sotelo Blanco
López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2011). Gramática Práctica da Lingua Galega. A Coruña. Baía Edicións
Pena, X. R. (coord.) (2004). Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo. Edicións do Cumio
Pena, X. R. (coord.) (2005). Gran dicionario Século XXI da lingua galega. Vigo. Galaxia / Edicións do Cumio
Carballeira Anllo, X. M. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Vigo. Xerais
Wardhaugh, R. (1992). Introducción á sociolingüística. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia
Hermida, A. (2006). Manual de conxugación verbal da lingua galega. Vigo. Galaxia / Edicións do Cumio
Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2005). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela. ILG / RAG
González Rei, B. (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña. Galinova Editorial
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2006). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña. Universidade da Coruña

LECTURAS OBRIGATORIAS

Para a elaboración das recensións

Moreno Cabrera, J. C. (2009): “Bilingüismo e lingua común”, en Mosquera Carregal, X. / Pino Ramos, S. (eds.): Lingua e Docencia Universitaria. V Xornadas sobre Lingua e usos: 163-177 (A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña). Edición dixital en http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Lingua_e_Docencia_Universitaria.pdf

Para a realización de actividades nas aulas

Moure, T. (2003): “A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización”, Grial, 160: 19-29.

López García-Molins, A. (2008): “Cara ao plurilingüismo equitativo. Por unha política lingüística do Estado”, Grial, 179: 68-79.

Bouzada, X. (2005): “Cambio de valores e o futuro da lingua galega”, Grial, 165: 80-93.

Núñez Singala, M. (2010): “Catro percepcións erróneas sobre a lingua galega”, en Sanmartín Rei, G. (coord.): Lingua e futuro: 195-205 (Santiago de Compostela: Laiovento).

Bibliografía complementaria Costas, H. (coord) (2010). 55 mentiras sobre a lingua galega. Santiago de Compostela. Laiovento
Calvet, L.-J. (1998). A (socio)lingüística. Santiago de Compostela. Laiovento
Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1996). Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña. RAG
Iglesias Álvarez, A. (2002). Falar galego: ¿no veo por qué?. Vigo. Xerais
Mariño Paz, R. (1998). Historia da lingua galega. Santiago de Compostela. Sotelo Blanco
Monteagudo, H. (1999). Historia social da lingua galega:idioma, sociedade e cultura a través do tempo. Vigo. Galaxia
Freixeiro Mato. X. R. (2010). Lingua de calidade. Santiago de Compostela. Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. Santiago de Compostela. Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela. Laiovento
Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1994). Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña. RAG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e Planificación. Vigo. Xerais
Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2003). O galego segundo a mocidade. A Coruña. RAG
Kabatek, J. (2000). Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual. Vigo. Xerais
García Negro, M. P. (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela. Laiovento
Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1995). Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña. RAG

RECURSOS WEB

A Mesa pola Normalización Lingüística: http://www.amesanl.org/index.asp

Asociación Socio-Pedagóxica Galega: http://www.as-pg.com/

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: http://www.cirp.es/

Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.org/


Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística: http://www.ctnl.org/web/portada.php

Dicionario de galego da editorial Ir Indo: http://www.digalego.com/


Instituto da Lingua Galega (ILGA): http://www.usc.es/gl/institutos/ilg/index.htmlReal

Real Academia Galega:http://www.realacademiagalega.org

Secretaría Xeral de Política Lingüística:http://www.xunta.es/linguagalega/

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG): http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías