Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria |
A1
|
|
|
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos |
A2
|
|
|
Coñecer a historia da lingua latina |
A13
|
|
|
Coñecer a historia da literatura latina |
A13
|
|
|
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa perviviencia na civilización occidental |
A13
|
B8
|
|
Sintetizar e valorar críticamente información especializada |
A11
|
B7
|
C6
|
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de procura de información |
A11
|
B1
|
|
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas |
A14
|
B5
|
C4
|
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Apreciar a diversidade |
|
B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1 Instrumentos para o estudo da civilización latina e o seu legado |
1.1 Principais recursos bibliográficos para o estudo do mundo antigo e da lingua e a literatura latina
1.2 Outros recursos dispoñibles na web
|
2 Morfoloxía nominal da lingua latina |
2.1 A flexión dos substantivos
2.2 A flexión dos adxectivos
2.3 A flexión dos pronomes
2.5 A transmisión manuscrita e impresa |
3 Morfoloxía verbal da lingua latina |
3.1 As formas do tema de presente
3.2 As formas do tempo de pasado
3.3 Infinitivos, xerundio e participios |
4. Sintaxe da lingua latina I: a oración simple e a oración de relativo |
4.1 Funcións e usos dos casos
4.2 Sintagmas preposicionais
4.3 As oracións de relativo |
5 Sintaxe da lingua latina II: a oración subordinada |
subordinada 5.1 As oracións de infinitivo (AcI)
5.2 As oracións subordinadas substantivas
5.3 As oracións subordinadas adverbiais: causais, consecutivas, finais, concesivas e condicionais |
6 Concepto e periodización da literatura latina |
6.1 Concepto e usos da literatura no Mundo Antigo
6.2 Particularidades dos sistemas literarios da Antigüidade: oralidade e escritura; literatura, vida social e educación
6.3 Etapas da literatura latina
6.4 A transmisión manuscrita e impresa |
7 Descrición xeral dos xéneros literarios poéticos na literatura latina |
7.1 Poesía épica
7.2 Poesía dramática
7.3 Poesía didáctica
7.4 Xéneros da poesía persoal: lírica, iambo, elexía, epigrama, sátira, bucólica |
8 A poesía épica en Roma |
8.1 Existiu en Roma unha épica oral?
8.2 O poema histórico romano
8.3 O cultivo do epilion en Roma
8.4 Breve introdución á Eneida
8.5 A épica romana despois de Virxilio |
9 Análise literaria da Eneida: aspectos de contido |
9.1 A materia de Troia na Eneida
9.2 A protohistoria de Italia na Eneida
9.3 O discurso histórico da Eneida
9.4 As prácticas relixiosas na Eneida |
10 Análise literaria da Eneida: aspectos formais |
10.1 A caracterización dos personaxes
10.2 As técnicas narrativas
10.3 A elocución épica
10.4 O estilo virxiliano |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
20 |
38 |
58 |
Lecturas |
0 |
20 |
20 |
Proba obxectiva |
2 |
10 |
12 |
Sesión maxistral |
22 |
0 |
22 |
Traballos tutelados |
0 |
36 |
36 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Exercicios de análise e comentario lingüístico e literario de textos latinos. Estes exercicios levaranse a cabo maioritariamente nas sesións prácticas |
Lecturas |
A lectura por conta do estudante da Eneida de Virxilio e de outros documentos relacionados con esta obra, por exemplo, a biografía de Virxilio de Suetonio ou o resumo da lenda troiana na Bibliotheca Mitologica de Apolodoro, terá carácter obrigatorio e será avaliado mediante un control de lectura específico. Na aula darase lectura pública a textos diversos ao longo dalgunhas das sesións prácticas
|
Proba obxectiva |
Os estudantes farán un exercicio práctico a metade do cuatrimestre sobre as cuestións desenvolvidas nos cinco primeiros temas, e un segundo exercicio teórico a final de curso sobre as cuestións correspondentes aos cinco últimos temas. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de presentacións en formato power-point e documentación adicional en formato impreso ou dixital (en especial, recursos web) |
Traballos tutelados |
O estudante elaborará por conta propia, baixo a supervisión do profesor, un traballo individual de análise literaria a propósito da Eneida |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
O estudante asistirá a titorías individuais concertadas a fin de que o profesor supervise a planificación e o desenvolvemento do traballo tutelado e das actividades de análise de fontes documentais |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. |
10 |
Lecturas |
O estudante dará conta do aproveitamento das lecturas obrigatorias por medio de exercicios específicos de control de lectura. |
15 |
Proba obxectiva |
Probas escritas individuais de carácter práctico e teórico, que se efectuarán, respectivamente, a metade e a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 en cada unha destas probas para poder facer media cos demais conceptos. |
50 |
Traballos tutelados |
Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para superar a materia. |
25 |
|
Observacións avaliación |
En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen avaliar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.
Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles aos que non se presentasen.
O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas.
O estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación correspondente a estas (10%) será compensado na baremación das probas obxectivas, que pasarán do 60% ao 70%.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|