Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Lingua Inglesa 3 Código 613G03015
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano Gonzalez, Emma
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
begona.simal@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia amplía a formación básica na descrición e uso da lingua inglesa, consolidando as competencias de B2 e cubrindo unha parte das competencias de C1.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Seguir con facilidade unha conversa sobre asuntos cotiás ou de carácter xeral, participar espontaneamente e ser capaces de relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade, sendo capaz de recoñecer unha ampla gama de expresións idiomáticas e de coloquialismos, así como cambios de estilo. A6
B4
C2
Entender as ideas principais dun discurso extenso oral ou escrito, seguir liñas argumentais complexas e identificar as conclusións sempre que o tema sexa relativamente coñecido. A6
B4
C2
Comprender case todas as noticias da televisión, programas sobre temas actuais ou películas, sempre que se fale un nivel de lingua estándar pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. A6
B3
C2
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns explicando e defendendo puntos de vista. A6
A15
B5
B7
B8
C2
Expoñer un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. A6
A9
A15
B1
B3
B5
B6
C3
Ser capaz de escribir unha variedade de textos claros, fluídos e ben estruturados, amosando un uso controlado de estruturas organizativas, conectores e outros mecanismos de cohesión. Ser capaz de matizar opinións e afirmacións con precisión, por exemplo, con relación a graos de certeza/incerteza, crenza/dúbida, probabilidade, sendo a estrutura, a distribución en parágrafos e a puntuación consistentes e útiles. A6
A9
A15
B1
B3
B4
B6
C2
Amosar creatividade e imaxinación nos traballos elaborados en lingua inglesa. A6
B3
C2

Contidos
Temas Subtemas
(Ver o apartado "Fontes de Información" para coñecer o libro de texto do que se extraen os seguintes temas)
1. Let's talk: Communication and friendship, an introduction to methods of presentation of oneself. A consideration of the family in traditional and modern settings
a. Make a good impression.
b. Friends: the new family?
c. Favourite sayings
d. Grammar: Review of verb forms, cleft constructions, what vs which , explaining and paraphrasing, homophones.
2. Remarkable!; Impressive and unusual people, with considerations of intelligence, creativity, originality. Impressive places: experiences of impressive spots inside and outside the United Kingdom. a. Exceptional people
b. Memorable places
c. Spoilt for choice
d. Grammar: Relative clauses with prepositions, intensifying adverbs, participle clauses, adjective word order.
3. Well-being; Successful living, what is it? Arrogance, responsibility and domination of others; Preventive measures as a way to health. Lying as a strategy: role-play.
a. Being confident
b. A happy healthy life
c. It's the way you say it.
d: Grammar: Introductory it, inversion, phrasal verbs
4. Civilised; Society, media and technology. Cities and technology: the increasing importance of the city in the modern world. Alternative focuses in news stories. a. Society and the media
b. Cities and technology
c. Making a splash (the language of the media)
d. Grammar: Synonyms, future in the past
5. It's just a job!; The world of work, Working with celebrities, or acting as an extra. Youth and success, or the lack of success. Conversational strategies when talking about work situations. a. Behind the glamour
b. The young ones
c. Priorities
d. Grammar: Word-formation, reflexive pronouns, collocations and infinitive vs. ing

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Sesión maxistral 10 15 25
Discusión dirixida 8 3 11
Proba oral 0 6 6
Lecturas 0 10 10
Seminario 13 14 27
Proba obxectiva 0 11 11
Aprendizaxe colaborativa 4 15 19
Portafolios do alumno 1 18 19
Traballos tutelados 4 15 19
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Discusión dirixida Nesta materia chamámoslle discusión dirixida ás actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas.
Lecturas Nesta materia chamarémoslle lecturas a todo o material que o estudantado terán que ler fóra da aula para a realización dalgúns exercicios de reading comprehension así como todas as lecturas que poidan facer en inglés para outras materias. Tamén se considerarán "lecturas" a lectura de xornais, revistas, foros de internet, etc. en lingua inglesa, actividade que recomendaremos desde o primeiro día de clase.
Seminario Nesta materia denomínanse seminarios aquelas aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación, entre outras.
Aprendizaxe colaborativa A elaboración do "project" fomentará a aprendizaxe colaborativa do alumnado posto que traballarán de forma presencial e non-presencial en pequenos grupos de xeito conxunto, compartindo información e habilidades, e dirixidos pola profesora que optimizará a aprendizaxe de todos os membros do grupo.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno ou alumna nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas pola profesora, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. Na nosa materia deberán incluirse no portafolios todas as redaccións realizadas ao longo do curso coas correccións e comentarios das profesoras e a posterior versión revisada, así como todo o traballo persoal que o alumno desenvolva fóra da aula que dea conta do seu esforzo e progreso na materia.
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora así como a aprendizaxe colaborativa. O "project" exporase na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Para a realización do "Project" é fundamental que o estudantado informe a profesora ao longo do trimestre dos avances que vai facendo o grupo.

As profesoras corrixirán ao longo do curso catro redaccións de cada alumno/a. Os estudantes deberán ter en conta o seus erros ou carencias e comentalos coas profesoras antes de reescribir os traballos para incluílos no portafolios. Asemade, poderán facer todo tipo de consultas ou peticións de orientación sobre o material de autoaprendizaxe que queiran manexar e incluír no portafolios.

Ao menos dúas veces ao cuadrimestre todos o alumnado debería facer unha titoría coa(s) profesora(s), ben en persoa nas horas de titoría, ben por correo electrónico ou plataforma virtual. Nesa titoría farase un seguimento individiualizado de cada alumno e alumna e os seus progresos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través dun mínimo de dous exercicios de "listening comprehension" que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. 15
Lecturas Será obrigatorio ler alomenos unha narración breve en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre ela por escrito. 5
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. 5
Discusión dirixida Nas clases prácticas de inglés oral coa lectora avaliaranse todas as intervencións do estudantado ao longo do cuadrimestre. 5
Sesión maxistral Os coñecementos acadados na sesión maxistral avaliaranse a través de dúas probas prácticas de uso da lingua inglesa, que se realizarán na aula ao longo do cuadrimestre. 10
Traballos tutelados O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Proba obxectiva No período de avaliación de xaneiro o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva de "Use of English" (20 puntos), "Reading comprehension" (5 puntos), "Listening Comprehension" (5 puntos) e "Writing" (5 puntos). 35
Portafolios do alumno No portafolios avaliaremos as "writing tasks" realizadas ao longo do curso. 15
 
Observacións avaliación














A avaliación total por destrezas distribúese deste xeito:

Use of English: 30 (2 probas prácticas avaliables feitas na aula: 10%; proba obxectiva data oficial: 20%)

Reading e Writing: 30 (1 exercicio práctico de reading avaliable na data oficial: 5%; lectura de
narración breve: 5%; un mínimo de 4 redaccións feitas ao longo do curso: 15%; 1 redacción na data oficial: 5%)

Speaking: 20 (discusión dirixida 5%; traballo tutelado 10%; proba oral 5%)

Listening: 20 (un mínimo de 2 exercicios prácticos avaliables ao longo do curso: 15%; proba obxectiva: 5%)

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e
demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que
a cualificación mínima das probas obxectivas de Use of English e das
probas que avalían as catro destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os
alumnos que acaden máis dun 5 nas probas prácticas de "Use of
English" feitas ao longo do cuadrimestre poderán quedar exentos da parte de
"Use of English" na proba obxectiva de xaneiro. Nese caso, as dúas
probas pasarían a supoñer un 30% da nota final, en lugar do 10%. 
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e
actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os
alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo
acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades
durante o curso.

AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que en xaneiro non superen a materia ou
aqueles/aquelas que non presenten o "Project" ou o 50% das redaccións
así como os/as que non realicen ao menos un 50% dos exercicios prácticos de
"Use of English", "Reading" e "Listening", ou
aqueles que teñan menos dun 4 nalgunha das partes –aínda que a nota
total sexa superior a 5–  terán que ir á oportunidade de xullo, na que o
alumnado terá que demostrar ter alcanzado as competencias da materia nas
porcentaxes totais establecidas mediante a superación de probas nas distintas
destrezas, redaccións sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito e
defensa do mesmo en sustitución do"project", lectura dunha narración
breve distinta á proposta durante o cuadrimestre, e unha entrevista oral
individual coa profesora, segundo se lles informará antes do mes de
xullo.    

Alumnado con dispensa:  O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha
dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso para planificar, en cada situación concreta e
individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as
porcentaxes de "discusión dirixida", "lecturas", "traballos tutelados" e
"seminario".


Fontes de información
Bibliografía básica Cunningham, Gillie and Jan Bell (2009). Face2face Advanced (Student’s book) and CD) . Cambridge, CUP.
· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin.
· Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Prepositions. London: Penguin.
· Beaumont, D. & C. Granger. 1991. Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann.
· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
· Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
· Greenall, S. & D. Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
· Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading. London: Cambridge: C.U.P
· Hewings. M. 1999. English Grammar in Use. Advanced. 1985. Cambridge: C.U.P. Cambridge: C.U.P.
· Jones, Leo. 2001. New Cambridge Advanced English. Cambridge, CUP.
· Littlejohn, A. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Writing 3 (and 4). Cambridge: C.U.P.
· McCarthy, M. & F. O’Dell. 1996. English Vocabulary in Use.(Advanced) Cambridge: C.U.P.Mann, M. 2008. Destination C1&C2: grammar and vocabulary. MacMillan.
·Mann, Malcolm. 2008. Destination C1 & C2 : grammar and vocabulary. MacMillan
· O’Connell, Sue.  1992. Focus on Advanced English. London, Nelson.
· Quirk, R. and Greenbaum, S. 1985. A University Grammar of English. London, Longman.·
· Side, Richard and Guy Wellman. 2000. Grammar and Vocabulary for CAE and CPE. London: Longman.
· Swan, M. & C. Walter. 1997. How English Works. Oxford: O.U.P.
· Swan, M. 1996. Practical English Usage. Oxford: O.U.P.
· Thomson, A.J. & A.V. Martinet. 1993. A Practical English Grammar. Oxford: O.U.P. (4th edition; this grammar is supplemented with two exercise books with answer key).
· Tims, Nicholas . 2009. Face2face Advanced Workbook. Cambridge, CUP
·Vince, Michael. 2009. Advanced Language Practice. English Grammar and Vocabulary. MacMillan Publishers. (WITH KEY)


Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa IV/613211404
Lingua Inglesa V/613211405
Lingua Inglesa VI/613211601

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa I/613211103
Lingua Inglesa II/613211104

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías