Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A16 |
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa. |
A17 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer as literaturas en lingua inglesa dos países de África, América, Asia e Oceanía. |
A7 A16
|
B5 B8
|
C2 C4
|
Coñecer o contexto socio-histórico e cultural das comunidades anglófonas de fóra de Europa, con especial atención á súa relación cos textos literarios da materia. |
A16 A17
|
B1 B5 B7 B8
|
C2 C4
|
Coñecer e aplicar os métodos de análise literaria, prestando especial atención ao enfoque da teoría e crítica poscoloniais. |
A1 A2 A3 A11 A15
|
B1 B2 B3 B6 B7 B8
|
C2 C4 C6 C7
|
Elaborar documentos escritos, maioritariamente ensaios e comentarios de texto en lingua inglesa, e levar a cabo exposicións e intervencións en lingua inglesa, con corrección e coherencia. |
A6 A9
|
B1 B3 B5 B7 B8
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Colonial and postcolonial countries: history and theory.
|
1.1. Colonial and postcolonial anglophone countries: a socio-historical introduction.
1.2. Key concepts in postcolonial criticism and theory: national, cultural and linguistic identities. |
2. Postcolonial literatures in English |
2.1. Postcolonial literatures in Africa: Achebe and other authors.
2.2. Postcolonial literatures in America: Atwood and other authors.
2.3. Postcolonial literatures in Oceania: Lawson and other authors.
2.4. Postcolonial literatures in Asia: Rushdie and other authors. |
3. Towards transnational and diaspora studies |
3.1. Key concepts in transnational and diaspora studies
3.2. Transnational and diaspora literature |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
3 |
42 |
45 |
Análise de fontes documentais |
12 |
24 |
36 |
Sesión maxistral |
6 |
0 |
6 |
Discusión dirixida |
12 |
12 |
24 |
Proba de ensaio |
8 |
24 |
32 |
Solución de problemas |
1 |
1 |
2 |
|
Atención personalizada |
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, pero as/os estudantes poden (e deben) adquirir e ler os textos longos de obrigada lectura (dous novelas) que aparecen no apartado de FONTES DE INFORMACIÓN. |
Análise de fontes documentais |
Este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise textual, neste caso da narrativa ou poema que se está a estudar en cada tema, e será a metodoloxía máis utilizada nas aulas de docencia interactiva (DI), co grupo intermedio, xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados e redactados en clase, neste caso nomeadamente nas clases co grupo grande (DE) serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo análises textuais nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xuño e xullo). |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). |
Discusión dirixida |
Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE) ou ben a análise de fontes documentais na docencia interactiva (DI) do grupo intermedio. |
Proba de ensaio |
Estas probas inclúen tanto exercicios de clase como probas finais. Consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas (essay questions). A meirande parte destes exercicios levaranse a cabo en clase (previsiblemente no horario correspondente ao grupo completo), se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo probas de ensaio nas datas oficiais de exames (xuño e xullo). |
Solución de problemas |
Este tipo de metodoloxía atenderá tanto ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises e probas. Estes problemas atenderanse nas titorías de grupo reducido (TGR) ou en titorías máis individualizadas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
|
Descrición |
Como corresponde ao tipo de avaliación continua que caracteriza a esta materia, cada estudante ou grupo reducido de estudantes precisará dunha orientación persoalizada, nomeadamente no que se refire á comprensión dos textos e conceptos, e no que atinxe á súa participación en clase e á elaboración de exercicios escritos. A devandita orientación se desenvolverá ben nas TGR (Titorías de Grupo Reducido), ben nas titorías semanais, onde tamén se atenderán dúbidas e problemas puntuais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A discusión dirixida levarase a cabo en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a participación activa de cada estudante no debate ou discusión, ademáis da calidade do resultado. En concreto, o 30% asignado a este apartado divídese en 20% para actividades individuais e grupais desenvolvidas fundamentalmente na clase e 10% para a actitude colaborativa e participativa amosada durante a clase. Aquel(a) estudante que non participe dabondo nas actividades orais ao longo do curso terá que superar probas orais en xuño e/ou xullo (vid. observacións). |
30 |
Proba de ensaio |
Ademáis de ter realizado as lecturas e de ter atendido ás explicacións do/da docente, neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das devanditas explicacións e lecturas. Na avaliación destas probas escritas, tanto nas recollidas como exercicios de clase ao longo do curso como nas correspondentes aos exames finais (xuño e xullo), terase en conta especialmente a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados ou os conceptos baixo estudo. Tamén se valorarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita. |
35 |
Análise de fontes documentais |
Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual. Terase especialmente en conta a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. |
35 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. As probas escritas incluirán os comentarios de texto e probas de ensaio feitas ao longo do cuadrimestre, ademáis dunha proba final (análise texual, preguntas, ensaio) de máis peso na oportunidade de xuño. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación (40% exercicios escritos ao longo do curso, 30% das probas finais, 30% de actividades e participación). So as/os estudantes que tiveran realizado alomenos un 50% da avaliación continua poderán presentarse ás probas finais de xuño; as/os demáis terán que realizar esas probas en xullo. ESTUDANTES CON DISPENSA: Para complementar ás probas de xuño, as/os estudantes con dispensa terán dereito a realizar probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (40%) e terán unha entrevista oral individual coa profesora en sustitución das discusión dirixidas e outras actividades orais (30%). En calquera caso, a/o estudante que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar os axustes necesarios no proceso de aprendizaxe-avaliación. CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) alumno/a que non se presente á proba de xuño ou na oportunidade de xullo acadará a cualificación de NP so cando non tivera feito máis do 50% das actividades durante o curso. AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada unha en cada un dos tres apartados de avaliación (exercicios escritos ao longo do curso, participación e actividades orais, probas finais de xuño), aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación de probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (análise textual e ensaio), probas finais segundo o modelo das probas de xuño, e mais unha entrevista ou actividade oral en sustitución das discusión dirixidas, participación en clase e outras actividades.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Achebe, Chinua (1958). Things Fall Apart.
Lawson, Henry (1892). "The Drover's Wife".
Rushdie, Salman (1980). Midnight's Children.
King, Thomas (). Selección de relatos.
Divakaruni, Chitra (). Selección de relatos.
Desai, Anita (). Selección de relatos.
Bobis, Merlinda (). Selección de relatos.
Atwood, Margaret (). Selección de relatos e poemas.
VVAA (). Selección de relatos e poemas. |
Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os textos longos de obrigada lectura (as novelas de Achebe e Rushdie) antes do comezo da materia. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión. |
Bibliografía complementaria
|
(). .
Boehmer, Elleke (1995/2005). Colonial and Postcolonial Literature. Oxford UP
Keown, Michelle; David Murphy and James Procter, eds. (2009). Comparing Postcolonial Diaspora. . Macmillan
Childs, Peter, and Patrick Williams (1997). Introduction to Post-Colonial Theory. Prentice
Wisker, Gina (2007). Key Concepts in Postcolonial Literature. Macmillan
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (2007). Postcolonial Studies: The Key Concepts. Routledge
Lane, Richard (2011). Routledge Concise History of Canadian Literature. Routledge
Patke, Rajeev and Philip Holden (2009). Routledge Concise History of Southeast Asian Writing in English. Routledge
Booker, M. K. (1998). The African Novel in English. An Introduction. Heinemann
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (1989/2002). The Empire Writes Back. Theory and Practice in Post-Colonial Literatures. 2nd ed. . Routledge |
Recoméndase utilizar o primeiro libro desta lista, de Ashcroft, Griffiths e Tiffin, co identificador (sinatura da biblioteca UDC) L2-4120, como libro de consulta xeral, ademáis de outros textos máis curtos (capítulos de libro e artigos) que aportará ou recomendará a docente para cada tema en particular. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 | Traballo Fin de Grao/613G03041 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 |
|
Materias que continúan o temario |
Introdución aos Estudos Literarios/613G03005 | Literatura Inglesa 1/613G03010 | Literatura Inglesa 2/613G03017 | Lingua Inglesa 4/613G03019 | Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 | Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa/613G03022 |
|
Observacións |
Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os textos longos de obrigada lectura (as novelas de Achebe e Rushdie) antes do comezo da materia. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión. |
|