Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Linguaxe. Discurso e Comunicación Código 613G03034
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Portugués
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
Profesorado
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao estudo da comunicación humana a meio das linguas nos seus aspectos cognitivo, pragmático e discursivo, e como prática interaccional e social.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender a comunicación a meio da linguaxe como capacidade e prática humana e social, tanto no común como na sua diversidade. A1
A3
B8
Familiarizarse coas principais nocións sobre fenómenos da comunicación e do discurso. A3
B5
Familiarizarse cos métodos e técnicas de recollida, descrición e interpretación de dados da comunicación e do discurso. A1
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de busca de materiais sobre o discurso oral. B1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Introdución. A capacidade humana da linguaxe e a comunicación. Algunhas propriedades da linguaxe. Retroalimentación, reflexividade, prevaricación, deslocamento... Os canais da comunicación humana: a "multimodalidade".
Comunicación, información e significación. Modelos da comunicación. Intención, interpretación e contexto. O "deseño deíctico" das linguas naturais. A deíxis e os seus tipos. A contextualización. Indicios de contextualización.
A interacción. Conversa, texto, discurso. A interacción como prática social. As metas comunicativas. Normas, regras e expectativas. A competencia comunicativa. O repertorio comunicativo. A estrutura da conversa cotiá.
A distancia social. Participantes e papeis comunicativos. As identidades sociais. A imaxe e as formas da cortesía verbal.
Dicir e querer dicir. Significado literal e significados indirectos. Oración e proposición. A cooperación conversacional e as implicaturas. A inferencia. A relevancia. Recursos estilísticos.
Facer cousas con palabras. Os actos de fala. Tipos de actos ilocucionarios. Os actos de fala indirectos. A convencionalización da indirección.
Xéneros e tipos de discurso. A caracterización dos xéneros. Formalidade e informalidade. Discurso espontáneo e planificado. Aplicacións do estudo da comunicación.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 14 14 28
Lecturas 0 25 25
Proba mixta 2.5 20 22.5
Traballos tutelados 0 20 20
Sesión maxistral 15 0 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Por "obradoiro" enténdese a sesión interactiva fundamentalmente participativa. Pode incluir discusión aberta ou dirixida das lecturas, traballo en grupo, debate e posta en común, resolución de problemas ou perguntas, pesquisa de material, etc.
Lecturas Lectura e estudo obrigatorio de materiais específicos (artigos ou capítulos de libros) disponibilizado polo profesor. As lecturas deberán facerse, como será indicado, antes da sesión na cal se tratarán os seus conteúdos. Os conteúdos das lecturas entrarán nas sesións expositivas e, sobre todo, nas interactivas, onde o estudantado deberá de mostrar o traballo feito sobre elas e buscar aclaración dos aspectos dubidosos ou non comprendidos. Na base dalgunha das leituras deberá realizarse un informe detallado avaliábel, segundo un formato indicado polo profesor (guión, resumo, pontos destacábeis, etc.).
Proba mixta Proba teórico-prática sobre todo o material do curso, incluindo lecturas, sesións expositivas e interactivas, materiais audiovisuais utilizados, debates xerais, posíbeis presentacións, etc.
Traballos tutelados Por "traballos tutelados" enténdese aqui diversas actividades avaliábeis, algunha(s) das cais poden requerir a guía do profesor. Estas actividades realizaránse fundamentalmente fora das horas presenciais, mais non se exclue que se poda dedicar tempo das sesións interactivas para traballar nelas, individual ou colectivamente.
Sesión maxistral Por "sesión maxistral" enténdese a sesión de exposición polo profesor dos principais conteúdos de cada tema ou apartado. As sesións expositivas non deben ser vistas como substitución do traballo autónomo de lectura e aprendizaxe que debe facer o estudantado. As sesións de exposición incluen amplo espazo para a formulación de perguntas ou cuestións específicas polo estudantado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Lecturas
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
A atención individualizada inclue a consulta personalizada sobre calquer aspecto ou conteúdo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas, e á participación activa nelas. 5
Lecturas Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas, e, nomeadamente, na elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. 15
Proba mixta Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. 45
Traballos tutelados Reférese á avaliación de actividades avaliábeis que podan requerir a axuda do profesor. Todas as actividades deberán ser de elaboración propia e orixinal. A copia ou plaxio determinará que a actividade se considere non válida e polo tanto cualificábel com o valor de 0. 30
Sesión maxistral Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición, e á formulación de preguntas específicas sobre a temática, preparada de antemán polo estudantado. 5
 
Observacións avaliación

1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.


2) A participación activa compútase dentro do apartado da asistencia.


3) Haberá duas provas mixtas.


4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 5 na proba final.


6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades. O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.


8) Dado o carácter mixto e comprensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; E, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades. En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).


Fontes de información
Bibliografía básica Tusón Vall, A. (1997). Análisis de la conversación. Barcelona: Ariel
Brown, G. y Yule, G. (1993). Análisis del discurso. Madrid: Visor
Austin, John (1962). Cómo hacer cosas con palabras. Buenos Aires: Paidós
Reyes, G. (2002). El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros
Morales López, E. (2011). Hacia dónde va el Análisis del Discurso. Tonos Digital
Escandell Vidal, V. (2003). Introducción a la Pragmática. Barcelona: Ariel
Escandell Vidal, V. (2005). La comunicación. Madrid: Gredos
Morales López, E. (2004). Las aproximaciones americanas al análisis del discurso oral: perspectivas de futuro. Pujante, D. (ed.) Caminos de la Semiótica en la última década del siglo XX. Univ. Valladolid
Verschueren, J. (2002 [1998]). Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos
Lenvinson, St. (1993). Pragmática. Madrid: Teide
Mey, J. (2001). Pragmatics: An introduction. Oxford: Blackwell

Ao comezo do curso entregarase a listaxe de lecturas obrigatorias, extraídas destes manuais e/ou outras fontes.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lingua Galega e Usos/613G03045

Materias que continúan o temario
Lingüística Xeral/613G03004
Tecnoloxías da Información e da Comunicación/613G03007

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías