Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Comprender a comunicación a meio da linguaxe como capacidade e prática humana e social, tanto no común como na sua diversidade. |
A1 A3
|
B8
|
|
Familiarizarse coas principais nocións sobre fenómenos da comunicación e do discurso. |
A3
|
B5
|
|
Familiarizarse cos métodos e técnicas de recollida, descrición e interpretación de dados da comunicación e do discurso. |
A1
|
|
|
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de busca de materiais sobre o discurso oral. |
|
B1
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución. A capacidade humana da linguaxe e a comunicación. |
Algunhas propriedades da linguaxe. Retroalimentación, reflexividade, prevaricación, deslocamento... Os canais da comunicación humana: a "multimodalidade". |
Comunicación, información e significación. |
Modelos da comunicación. Intención, interpretación e contexto. O "deseño deíctico" das linguas naturais. A deíxis e os seus tipos. A contextualización. Indicios de contextualización. |
A interacción. |
Conversa, texto, discurso. A interacción como prática social. As metas comunicativas. Normas, regras e expectativas. A competencia comunicativa. O repertorio comunicativo. A estrutura da conversa cotiá. |
A distancia social. |
Participantes e papeis comunicativos. As identidades sociais. A imaxe e as formas da cortesía verbal. |
Dicir e querer dicir. |
Significado literal e significados indirectos. Oración e proposición. A cooperación conversacional e as implicaturas. A inferencia. A relevancia. Recursos estilísticos. |
Facer cousas con palabras. |
Os actos de fala. Tipos de actos ilocucionarios. Os actos de fala indirectos. A convencionalización da indirección. |
Xéneros e tipos de discurso. |
A caracterización dos xéneros. Formalidade e informalidade. Discurso espontáneo e planificado. Aplicacións do estudo da comunicación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Obradoiro |
14 |
14 |
28 |
Lecturas |
0 |
25 |
25 |
Proba mixta |
2.5 |
20 |
22.5 |
Traballos tutelados |
0 |
20 |
20 |
Sesión maxistral |
15 |
0 |
15 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Obradoiro |
Por "obradoiro" enténdese a sesión interactiva fundamentalmente participativa. Pode incluir discusión aberta ou dirixida das lecturas, traballo en grupo, debate e posta en común, resolución de problemas ou perguntas, pesquisa de material, etc. |
Lecturas |
Lectura e estudo obrigatorio de materiais específicos (artigos ou capítulos de libros) disponibilizado polo profesor. As lecturas deberán facerse, como será indicado, antes da sesión na cal se tratarán os seus conteúdos. Os conteúdos das lecturas entrarán nas sesións expositivas e, sobre todo, nas interactivas, onde o estudantado deberá de mostrar o traballo feito sobre elas e buscar aclaración dos aspectos dubidosos ou non comprendidos. Na base dalgunha das leituras deberá realizarse un informe detallado avaliábel, segundo un formato indicado polo profesor (guión, resumo, pontos destacábeis, etc.). |
Proba mixta |
Proba teórico-prática sobre todo o material do curso, incluindo lecturas, sesións expositivas e interactivas, materiais audiovisuais utilizados, debates xerais, posíbeis presentacións, etc. |
Traballos tutelados |
Por "traballos tutelados" enténdese aqui diversas actividades avaliábeis, algunha(s) das cais poden requerir a guía do profesor. Estas actividades realizaránse fundamentalmente fora das horas presenciais, mais non se exclue que se poda dedicar tempo das sesións interactivas para traballar nelas, individual ou colectivamente. |
Sesión maxistral |
Por "sesión maxistral" enténdese a sesión de exposición polo profesor dos principais conteúdos de cada tema ou apartado. As sesións expositivas non deben ser vistas como substitución do traballo autónomo de lectura e aprendizaxe que debe facer o estudantado. As sesións de exposición incluen amplo espazo para a formulación de perguntas ou cuestións específicas polo estudantado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Lecturas |
Proba mixta |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención individualizada inclue a consulta personalizada sobre calquer aspecto ou conteúdo do curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas, e á participación activa nelas. |
5 |
Lecturas |
Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas, e, nomeadamente, na elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. |
15 |
Proba mixta |
Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. |
45 |
Traballos tutelados |
Reférese á avaliación de actividades avaliábeis que podan requerir a axuda do profesor. Todas as actividades deberán ser de elaboración propia e orixinal. A copia ou plaxio determinará que a actividade se considere non válida e polo tanto cualificábel com o valor de 0. |
30 |
Sesión maxistral |
Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición, e á formulación de preguntas específicas sobre a temática, preparada de antemán polo estudantado. |
5 |
|
Observacións avaliación |
1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.
2) A participación activa compútase dentro do apartado da asistencia.
3) Haberá duas provas mixtas.
4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 5 na proba final.
6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades. O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.
8) Dado o carácter mixto e comprensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; E, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades. En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Tusón Vall, A. (1997). Análisis de la conversación. Barcelona: Ariel
Brown, G. y Yule, G. (1993). Análisis del discurso. Madrid: Visor
Austin, John (1962). Cómo hacer cosas con palabras. Buenos Aires: Paidós
Reyes, G. (2002). El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros
Morales López, E. (2011). Hacia dónde va el Análisis del Discurso. Tonos Digital
Escandell Vidal, V. (2003). Introducción a la Pragmática. Barcelona: Ariel
Escandell Vidal, V. (2005). La comunicación. Madrid: Gredos
Morales López, E. (2004). Las aproximaciones americanas al análisis del discurso oral: perspectivas de futuro. Pujante, D. (ed.) Caminos de la Semiótica en la última década del siglo XX. Univ. Valladolid
Verschueren, J. (2002 [1998]). Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos
Lenvinson, St. (1993). Pragmática. Madrid: Teide
Mey, J. (2001). Pragmatics: An introduction. Oxford: Blackwell |
Ao comezo do curso entregarase a listaxe de lecturas obrigatorias, extraídas destes manuais e/ou outras fontes. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Lingua Galega e Usos/613G03045 |
|
Materias que continúan o temario |
Lingüística Xeral/613G03004 | Tecnoloxías da Información e da Comunicación/613G03007 |
|
|