Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A8 |
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Saber comprender os puntos esenciais dun discurso oral cando se utiliza unha linguaxe clara e estándar. |
A15
|
|
C2
|
Saber comprender textos escritos de nivel elemental redactados nunha linguaxe estándar. |
A15
|
|
C2
|
Saber producir discursos orais breves sobre temas cotiáns ou de interese persoal e académico. |
A15
|
|
C2
|
Saber producir textos escritos breves de nivel elemental nunha linguaxe estándar. |
A15
|
|
C2
|
Coñecer as estruturas básicas da lingua italiana nos ámbitos oral e escrito necesarias para acadar un nivel lingüístico elemental. |
A8
|
|
C2
|
Coñecer o léxico básico da lingua italiana nos ámbitos oral e escrito, necesario para acadar un nivel lingüístico elemental. |
A8
|
|
C2
|
Coñecer a pronunciación correcta da lingua italiana. |
A8
|
|
C2
|
Saber facer fronte ás necesidades de comunicación cotiás que implicaría a estancia nunha zona de fala italiana. |
|
B3 B4
|
C2
|
Coñecer e saber utilizar os recursos informáticos e bibliográficos dispoñibles para a aprendizaxe da lingua italiana. |
|
B1 B2 B3
|
C3 C6
|
Apreciar a diversidade lingüística e cultural. |
|
B8
|
C4
|
Apreciar a necesidade de autoformación na aprendizaxe dunha lingua estranxeira. |
|
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O alfabeto. As sílabas. |
1.1. Relacións fonemas-grafemas.
1.2. O acento e a entoación.
1.3. A división silábica. |
2. O nome: o xénero. |
2.1. Tipos de nomes canto ao xénero.
2.2. Formación do feminino. |
3. O nome: o número. |
3.1. Tipos de nomes canto ao número.
3.2. Formación do plural. |
4. Os artigos.
|
4.1. O artigo determinado.
4.2. O artigo indeterminado. |
5. Presente dos verbos 'essere' e 'avere'.
|
5.1. Paradigmas. |
6. Presente de indicativo dos verbos regulares.
|
6.1. Desinencias e principais verbos. |
7. Presente de indicativo dos verbos irregulares. |
7.1. 'Andare', 'fare', 'dare', 'dire', 'stare', 'volere'. |
8. Os pronomes persoais. |
8.1. Formas tónicas.
8.2. Formas átonas. |
9. Os demostrativos. |
9.1. Proximidade.
9.2. Afastamento. |
10. Os numerais. |
10.1. Cardinais: do 1 ao 20, decenas, centenas e millares.
10.2. Ordinais: do primeiro ao décimo.
|
11. Os posesivos. |
11.1. Formas de 1ª, 2ª e 3ª persoa. |
12. Preposicións e contraccións. |
12.1. 'A', 'di', 'in', 'da', 'con', 'senza', 'per', 'su', 'sotto', 'tra', 'fra'. |
13. Os graos do adxectivo. |
13.1. Grao positivo.
13.2. Grao comparativo.
13.3. Grao superlativo. |
14. Indefinidos. |
14.1. Principais indefinidos. |
15. Adverbios. |
15.1. Lugar, cantidade, tempo e modo. |
16. Os enunciados negativos. |
16.1. Principais fórmulas negativas. |
17. A interrogación. |
17.1 Fórmulas de interrogación.
17.2. Pronomes, adxectivos e adverbios interrogativos. |
18. O futuro de indicativo. |
18.1. Desinencias e principais verbos. |
19. O pluscuamperfecto de indicativo. |
19.1. Desinencias e principais verbos. |
20. Estruturas lingüísticas. |
20.1. Fórmulas de saúdo e presentación.
20.2. Pedir información e indicar unha dirección.
20.3. Facer unha descrición.
20.4. Outras.
|
21. Esferas de léxico. |
21.1. Familia e vivenda.
21.2. Hora, data, días da semana, meses e estacións.
21.3. Cores.
21.4. Nomes de países e xentilicios.
21.5. Outras.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Resumo |
0 |
2 |
2 |
Proba oral |
1 |
3 |
4 |
Proba mixta |
4 |
28 |
32 |
Presentación oral |
0.5 |
1 |
1.5 |
Prácticas a través de TIC |
2 |
1 |
3 |
Discusión dirixida |
3 |
9 |
12 |
Lecturas |
6 |
12 |
18 |
Sesión maxistral |
14 |
21 |
35 |
Estudo de casos |
12 |
24 |
36 |
Prácticas de laboratorio |
4.5 |
0 |
4.5 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Resumo |
Elaboración de traballo de redacción e síntese sobre o libro de lectura obrigada. |
Proba oral |
Realización dunha proba oral que permita coñecer os avances do alumnado nos coñecementos e competencias da lingua falada. |
Proba mixta |
Realización dunha proba con preguntas de tipo diverso que permita avaliar os coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado nas distintas destrezas. |
Presentación oral |
Exposición breve na aula dun tema proposto polo profesor ou elixido polo alumno. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas a través de TIC para o coñecemento e manexo de recursos, bibliografía e programas relacionados coa materia. |
Discusión dirixida |
Participación do alumnado nun tema de debate suscitado polo profesor, segundo pautas previamente marcadas por este. |
Lecturas |
Realización de lecturas fóra e dentro da aula. |
Sesión maxistral |
Clases teóricas e prácticas impartidas polo profesor sobre os contidos do materia. |
Estudo de casos |
Realización de exercicios e traballos prácticos sobre a materia impartida. |
Prácticas de laboratorio |
Sesións prácticas de traballo no laboratorio, para o desenvolvemento das destrezas oral e auditiva. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba oral |
Presentación oral |
Discusión dirixida |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada pode variar en función do tipo de metodoloxía empregada: no caso da aprendizaxe colaborativa, da discusión, das prácticas de laboratorio e da exposición oral dirixida realizarase no marco da aula, de xeito que o tempo de atención se dividirá entre todos os alumnos, mentres que nas probas orais será individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. |
20 |
Presentación oral |
Avaliarase tanto a elaboración da presentación, coma o grao de corrección lingüistica acadado a nivel oral e a capacidade para interesar e facer participar ao resto dos compañeiros. |
10 |
Resumo |
Valorarase o grao de elaboración e corrección lingüisticas. Para poder ser obxecto de avaliación, o traballo deberá presentarse no prazo marcado. |
10 |
Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia ás aulas e a participación activa, segundo a seguinte escala: número de faltas inferior ao 5%, 100% da cualificación; faltas entre o 5 e o 10%, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas, 0 puntos. A nota resultante nos dous primeiros casos poderá ser obxecto de matización (ata un 20% á baixa) se a participación do alumno non foi axeitada. |
5 |
Proba mixta |
Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. |
35 |
Prácticas de laboratorio |
Valorarase fundamentalmente a comprensión auditiva e a destreza reprodutiva do estudante. |
10 |
Estudo de casos |
Avaliarase o grao de corrección na entrega de exercicios feitos ou propostos na clase. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Cabe a posibilidade de que eventualmente se produza algún cambio nas
probas (substitución ou engadido) se durante o curso se programase
algunha actividade non prevista polo momento (conferencia...). Criterios
de avaliación: na primeira oportunidade, para obter o Aprobado será
necesario acadar un mínimo de 4 puntos sobre 10 no conxunto da Proba
mixta e da Proba oral, ademais de realizar como mínimo o 50% das
actividades propostas (Resumo, Estudo de casos, Presentación oral,
Prácticas de laboratorio), nas que se deberá obter unha nota mínima
global de 6. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de
prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non faga o
conxunto das Probas mixta e oral, salvo se realizou o 50% ou máis das
actividades propostas, xa que neste caso será obxecto de avaliación. Na
segunda oportunidade, para obter o Aprobado será necesario completar a
realización de todas as actividades marcadas para o curso,
igualmente coa nota mínima de 6; polo seu propio carácter, as prácticas
de laboratorio e a exposición oral serán substituídas por outra
proba que avalíe as mesmas competencias e destrezas.
Polo que se refire ao conxunto das Probas mixta e oral, deberá obterse
tamén un mínimo de 4 puntos para aprobar. En ningunha das
dúas oportunidades se fará media con puntuación inferior
a 3 nalgunha actividade. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación. Os
alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán
presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como
aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Cittadini, Roberto & Marzia Trotta (2006). Benvenuto! L'italiano per il lavoro e la vita quotidiana. Milano, Hoepli
Savorgnani, Giulia di & Beatrice Bergero (2010). Chiaro! Corso di italiano. Firenze, Alma Edizioni
Carrera Díaz, Manuel (1994-1997). Curso de lengua italiana. Barcelona, Ariel
Londero, Eleanor (1992). Diccionario español-italiano italiano-spagnolo. Barcelona, Colins Grijalbo
Guastalla, Carlo & Ciro Massimo Naddeo (2010). Domani. Corso di lingua e cultura italiana. Firenze, Alma Edizioni
Sañé, Secundí (2009). Il Dizionario spagnolo-italiano. El diccionario italiano español. Bologna, Zanichelli, Vox
Arbia, Maria Teresa (2006). Italiano: gramática esencial. Barcelona, Difusión
Bertoni, Silvia & Susanna Nocchi (2004). Le parole italiane. Esercizi e giochi per imparare il lessico. Firenze, Alma Edizioni
Zingarelli, Nicola (1994). Lo Zingarelli minore. Vocabolario ella lingua italiana. Bologna, Zanichelli
Nocchi, Susanna (2011). Nuova grammatica pratica della lingua italiana. Hueber, Alma Edizioni |
|
Bibliografía complementaria
|
(1994). Come parlano gli italiani. Firenze, La Nuova Italia.
(1997). Dizionario italiano Sabatini Coletti. Firenze, Giunti
(1993). Italiano Junior. Dizionario della lingua italiana. Milano, Loescher
Zingarelli, Nicola (2009). Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana. Bologna, Zanichelli
Diaco, Mimma (2005). Verbos conjugados: italiano. Barcelona, Difusión
(2006). Vocabulario básico del italiano: más de 4000 palabras y expresiones organizadas por temas. Barcelona, Larousse |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Idioma Moderno: Italiano/613G01050 |
|
Observacións |
<p>Ao comezo do curso indicaranse os manuais (libro do alumno e libro de exercicios) que se seguirán nas clases.</p> |
|