Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Bases de Datos I Código 614111201
Titulación
Enxeñeiro en Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Segundo Troncal 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Profesorado
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
miguel.penabad@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é proporcionar unha visión global dos principios teóricos e dos procedementos principais que fundamentan a tecnoloxía relacionada cos sistemas de bases de datos, así como a utilización desta tecnoloxía no desenvolvemento e mantemento de sistemas informáticos de calidade.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Aprender de maneira autónoma novos coñecementos e técnicas avanzadas axeitadas para a investigación, o deseño e o desenvolvemento de sistemas e servizos informáticos.
A3 Concibir e planificar o desenvolvemento de aplicacións informáticas complexas ou con requisitos especiais.
A7 Saber especificar, deseñar e implementar un sistema de información, empregando bases de datos.
A8 Concibir, despregar, organizar e xestionar un servizo informático complexo.
A9 Dirixir equipos de traballo ligados ao deseño de produtos, procesos, servizos informáticos e outras actividades profesionais.
A10 Saber especificar, deseñar e implementar unha política de seguridade no sistema.
A11 Implantar sistemas de calidade segundo estándares internacionais.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Aprendizaxe autónoma.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno de traballo.
B8 Traballar en equipos de carácter interdisciplinar.
B9 Capacidade para tomar decisións.
B11 Razoamento crítico.
B12 Capacidade para a análise e a síntese.
B13 Capacidade de comunicación.
B15 Motivación pola calidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Demostrar coñecemento e comprensión dos conceptos, principios e teorías básicas relacionadas coas bases de datos. A1
A3
A7
B3
B4
B11
C6
Modelar e deseñar bases de datos co obxectivo de permitir o almacenamento da información necesaria para dominios de aplicación concretos, tendo especial coidado con la integridade dos propios datos. A1
A3
A7
B2
B3
B11
B12
B15
C3
Xestionar bases de datos mediante a execución de sentencias SQL. A7
A11
B4
C6
Administrar basicamente Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD) en aspectos relacionados coa xestión de usuarios e a recuperación. A7
A8
A10
A11
B3
B5
B6
B8
B9
C6
Adestrar e prestar apoio a usuarios de SXBDs. A9
B5
B6
B7
B8
B13

Contidos
Temas Subtemas
Revisión dos sistemas de ficheiros Conceptos Xerais.
Fecheiros secuenciais.
Fecheiros relativos.
Técnicas de hashing: estático e dinámico.
Técnicas de indexación: estática e dinámica.
Ficheiros multiíndice.
Introducción ás Bases de Datos Dos sistemas de ficheiros ás Bases de Datos.
Obxectivos e características dun sistema de Bases de Datos.
Concepto de Base de Datos.
Compoñentes dun sistema de Base de Datos. Arquitectura.
Modelo conceptual Introducción ao modelo E/R
Modelo relacional Definición de relación.
Dominios e atributos.
Claves.
Regras de integridade.
Álxebra relacional.
Deseño lóxico de bases de datos relacionais Dependencias funcionais.
Teoría de normalización: 1FN, 2FN, 3FN e FNBC.
Outras características dos xestores de bases de datos relacionais Transaccións.
Recuperación.
Concorrencia.
Seguridade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 25 37.5 62.5
Solución de problemas 20 20 40
Prácticas de laboratorio 26 19.5 45.5
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.
Solución de problemas Clases de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese na pizarra, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos alumnos/as.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as competencias procedimentais.
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención (semi)personalizada ao haber grupos de ao redor de 30 persoas traballando en pequenos grupos, directamente sobre unha aplicación concreta, en cada ordenador. O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante ou grupo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta O exame da materia avaliará os seguintes aspectos: Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia Asimilación práctica de materia: Asimilación e compresión dos coñecementos teóricos e operativos da materia 100
 
Observacións avaliación


Fontes de información
Bibliografía básica A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos. McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos . Addison-Wesley
Rivero, E., Martinez, L., Reina, L., Benavides, J. y Olaizola, J. (2002). Introducción al SQL para Usuarios y Programadores. Thomson

Bibliografía complementaria Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos.. Ra-ma
Connolly, T.; Begg, C. (2005). Sistemas de Bases de Datos. Un enfoque práctico para diseño, implementación y gestión. Pearson
Piattini, M. G.; Marcos, E.; Calero, C.; Vela, B. (2006). Tecnología y diseño de Bases de Datos.. Ra-ma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estrutura de Datos e da Información/614211102

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías