Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Bases de Datos II Código 614111407
Titulación
Enxeñeiro en Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Cuarto Obrigatoria 8
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Gonzalez Ares, Luis Andres
Correo electrónico
luis.ares@udc.es
Profesorado
Gonzalez Ares, Luis Andres
Rodriguez Penabad, Miguel
Correo electrónico
luis.ares@udc.es
miguel.penabad@udc.es
Web http://docencia.lbd.udc.es/bd2
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Aprender de maneira autónoma novos coñecementos e técnicas avanzadas axeitadas para a investigación, o deseño e o desenvolvemento de sistemas e servizos informáticos.
A3 Concibir e planificar o desenvolvemento de aplicacións informáticas complexas ou con requisitos especiais.
A7 Saber especificar, deseñar e implementar un sistema de información, empregando bases de datos.
A8 Concibir, despregar, organizar e xestionar un servizo informático complexo.
A10 Saber especificar, deseñar e implementar unha política de seguridade no sistema.
A11 Implantar sistemas de calidade segundo estándares internacionais.
A12 Coñecer a regulación legal da profesión e os seus aspectos éticos, en particular os ligados á propiedade intelectual e á protección de datos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Aprendizaxe autónoma.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno de traballo.
B8 Traballar en equipos de carácter interdisciplinar.
B9 Capacidade para tomar decisións.
B11 Razoamento crítico.
B12 Capacidade para a análise e a síntese.
B13 Capacidade de comunicación.
B15 Motivación pola calidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Conocer métodos, técnicas e ferramentas de deseño conceptual e a súa transformación ó modelo relacional. A3
A7
A10
A11
A12
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B12
C3
Evaluar a problemática do tratamento do tempo na modelización conceptual. A7
B2
Conocer as características básicas dos modelos de bases de datos obxecto-relacionais. A7
B3
B4
C6
Analizar os elementos que as bases de datos relacionais incorporan e comprender a súa utilidade. A7
B4
C3
Describir a problemática inherente á mellora do rendemento, ó proceso transaccional e á seguridade en bases de datos. A3
A10
B8
B9
Efectuar o proceso de deseño conceptual e lóxico para un suposto real. A3
A7
A8
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
Manexar con rigurosidade e eficacia as linguaxes de bases de datos. A7
Aplicar as técnicas de administración de bases de datos adecuadas á resolución de problemas. A3
A7
A8
B2
C3
Explorar as capacidades dun SXBD determinado. A7
A11
B4
C3
Planificar as solucións adecuadas que un entorno corporativo require do tratamiento dos seus datos mediante bases de datos. A7
A10
A11
A12
B5
B9
B13
C3
C6
Colaborar cos equipos directivo e de desenvolvemento en identificar as debilidades dos sistemas de información, determinar as oportunidades que ofrece o tratamiento dos datos e aportar solucións que as fagan factibles. A11
B5
B7
B8
B9
B13
B15
C6
Desenvolver as capacidades de aprendizaxe autónomo, adaptación a novos escenarios e traballo colaborativo, formando parte de equipos presenciais e non presenciais. A1
A7
B4
B5
C8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás bases de datos

Deseño conceptual

Deseño lóxico

SQL no entorno aplicativo

Elementos das bases de datos relacionais: Catálogo, Vistas, Integridade e Seguridad Catálogo
Vistas
Integridade
Seguridade
Proceso transaccional e recuperación

Concurrencia

Procesamento de consultas e Optimización

Deseño Físico

Bases de Datos Informacionais

(Práctica) SQL Repaso e ampliación
SQL no entorno aplicativo
(Práctica) Elementos das bases de datos relacionais


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 40 30 70
Seminario 20 15 35
Prácticas de laboratorio 15 15 30
Prácticas de laboratorio 10 10 20
Traballos tutelados 0 29 29
Proba mixta 2 0 2
Traballos tutelados 1 0 1
Lecturas 0 13 13
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas expoñeranse os contidos fundamentais da asignatura. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resume.
Seminario Sesións de debate na aula. Discutiranse as ventaxas e inconvenientes das solución a supostos prácticos. Irán acompañados de exposicións orais, tanto do profesor como dos estudiantes.

Seminarios prácticos. Discutiranse as solucións ás prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio expónense os conocementos necesarios para adquirir as habilidades propostas.
Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as competencias procedimentais.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio expónense os conocementos necesarios para adquirir as habilidades propostas.
Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as competencias procedimentais.
Traballos tutelados Desenvolveranse supostos reais de ámbito profesional para aplicar e consolidar as técnicas e procedementos estudiados, realizando un traballo en equipo baixo a tutela do profesorado.
Proba mixta Exame da asignatura
Traballos tutelados Haberá unha exposición de traballos onde se explicarán os resultados dos traballos dos estudiantes para a súa evaluación por parte do profesorado.
Lecturas Lectura previa: As persoas matriculadas na asignatura realizarán pola súa conta a lectura dos documentos recomendados para os temas da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención (semi)personalizada ó haber grupos de alrededor de 30 persoas traballando en pequenos grupos, directamente sobre unha aplicación concreta, en cada ordenador. O profesor atenderá dudas puntuales a cada estudiante ou grupo.

Nos traballos tutelados os grupos son reducidos (4 persoas) e usando un formato similar ás clásicas tutorías realizarase un seguimento detallado do avance dos traballos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta O exame da asignatura evaluará os seguentes aspectos:

Conceptos da materia: Dominio dos conocementos teóricos e operativos.

Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos conocemeentos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na asignatura.

O exame e a nota final nas convocatorias de xuño e de septembro ven dada por:

* Varias preguntas test do exame que poden supoñer 6,5 puntos da nota final.

* Varias preguntas cortas no exame, de conocementos básicos, que suponen 2 puntos. Deben obterse polo menos 0,7 puntos para superar a asignatura e polo menos 0,8 para que se poida sumar a nota dos traballos tutelados.

Na convocatoria de decembro representará o 100% da calificación. Neste caso, as preguntas básicas supoñerán 3 puntos e o test 7. Hai que ter un mínimo de 1 punto nestas preguntas para superar a asignatura.
85
Traballos tutelados Valorarase o aproveitamento das horas de tutorías guiadas, a calidade e rigurosidade do traballo desenvolvido e a claridade de exposición.

Non será de aplicación na convocatoria de decembro.
15
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Database System Concepts, 5ª edición . McGraw-Hill
R.A. Elmasri; S.B. Navathe (2007). Fundamentals of database systems, 5a edición. Addison-Wesley
T. Connolly; C. Begg (2005). Sistemas de bases de datos, 4ª edición . Addison-Wesley

Bibliografía complementaria Inmon, W. H. (2002). Building the Data Warehouse (3rd edition). John Wiley & Sons
(). Catálogo de SQL Server 2000: http://193.144.51.190/~lgares/sqlserver.chm.
García-Molina, H.; Ullman, J.; Widom, J. (2002). Database System. The complete book. Prentice Hall
(). Documentación online de Oracle: http://www.oracle.com/pls/db102/homepage.
Ramakrishnan, R.; Gehrke, J. (2007). Sistemas de Gestión de Bases de Datos (3a edición). McGraw-Hill
Groff, J.; Weinberg, P. N. (2002). SQL: The Complete Reference (2nd edition). McGraw-Hill
(). SQL:1999 A tutorial, de Jim Melton: http://www.ncb.ernet.in/education/modules/dbms/SQL99/sql1999_c4.pdf.
(). Web del libro de Silberschatz, Korth y Sudarshan: http://www.cse.iitb.ac.in/~sudarsha/db-book/.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías