Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Técnicas de Simulación Código 614111646
Titulación
Enxeñeiro en Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Todos Optativa 4
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
jose.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Sanjurjo Amado, Jose Rodrigo
Correo electrónico
jose.sanjurjo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia busca o estudo da aplicación de ferramentas informáticas á simulación de circuitos
dixitais, desde os máis simples vistos nas materias troncais de primeiro curso Tecnoloxía
Electrónica e Tecnoloxía de Computadores, ata os máis complexos estudados na materia obrigatoria
de segundo curso Estrutura de Computadores I.

Estas ferramentas tamén poden axudar ao alumno no estudo dos dispositivos e sistemas
que verán na materia obrigatoria de terceiro curso Estrutura de Computadores II.
Os obxectivos desta materia son:
1) coñecer ferramentas informáticas para a simulación de circuitos dixitais;
2) comprender o funcionamento dos circuitos dixitais;
3) valorar a utilidade dos circuitos dixitais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Aprender de maneira autónoma novos coñecementos e técnicas avanzadas axeitadas para a investigación, o deseño e o desenvolvemento de sistemas e servizos informáticos.
A2 Concibir e desenvolver novas arquitecturas de computación, en especial para sistemas multiprocesadores, analizando e adaptando diversas alternativas tecnolóxicas a cada problema concreto.
A9 Dirixir equipos de traballo ligados ao deseño de produtos, procesos, servizos informáticos e outras actividades profesionais.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B9 Capacidade para tomar decisións.
B12 Capacidade para a análise e a síntese.
B13 Capacidade de comunicación.
B15 Motivación pola calidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender o funcionamento dos circuitos dixitais como elementos constitutivos dos computadores. A2
B12
C6
Utilizar programas informáticos para a simulación de circuitos dixitais A1
B2
B12
B15
C3
C6
Colaborar no deseño de sistemas dixitais sinxelos A9
B5
B9
B13

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN AOS SISTEMAS CAE, CAD E CAM 1. Definicións
2. Cometidos principais
3. Exemplos de sistemas CAD/CAE usados en sistemas dixitais
2. INTRODUCIÓN AO SISTEMA LOG 1. Características
2. Compoñentes e cómo obtelas
3. BASES DA SIMULACIÓN DIXITAL 1. Manexo inicial do programa DIGLOG
2. Edición de circuitos
3. Catálogo e biblioteca de portas
4. Descrición dos menús
5. Visualización de cronogramas: modo SCOPE
6. Exemplos
4. SIMULACIÓN DIXITAL XERÁRQUICA 1. Metodoloxía
2. Exemplos
5. SIMULACIÓN DIXITAL VLSI 1. Biblioteca VLSI
2. Exemplos
6. AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA DE CIRCUITOS: LOGED 1. Deseño de portas
2. Utilización de novas portas no DIGLOG
3. Exemplos
7. INTRODUCIÓN AO DESEÑO ANALÓXICO 1. Introdución a ANALOG
2. Diferenzas entre DIGLOG e ANALOG
3. Exemplos
8. DESEÑO DE SISTEMAS DIXITAIS CON VHDL 1. Linguaxes de descrición hardware
2. Características principais de VHDL
3. Exemplos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 20 10 30
Prácticas de laboratorio 22 33 55
Seminario 2 0 2
Proba oral 0.25 0.75 1
Proba obxectiva 0.75 2.25 3
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases maxistrais expoñeranse os coñecementos necesarios sobre a simulación de sistemas dixitais, sobre o sistema LOG e sobre VHDL e o sistema ISE de Xilinx para a utilización dos paquetes informáticos nas prácticas de laboratorio. Para elo combinarase a exposición oral, coa utilización do encerado, proxeccións de computador e con material escrito (fotocopias de transparencias, apuntamentos, etc.). Tamén disporán dos horarios de titorías para facer calquer consulta sobre estas sesións no despacho do profesor.
Prácticas de laboratorio As clases prácticas serán titorizadas, isto é, nelas os alumnos por parellas implementarán os circuitos que propoñan para o sistema LOG ou realizarán as prácticas de VHDL, e o profesor resolverá calquera dúbida que teñan sobre a utilización dos programas. Finalizada a práctica, o profesor avaliará o resultado final.
Para fomentar a iniciativa entre os alumnos e unha certa competividade, nas prácticas do sistema LOG darase liberdade aos alumnos para escoller un deseño dixital segundo uns requerimentos mínimos.
Seminario No seminario explicarase a versión analóxica do simulador dixital. Non será avaliado.
Proba oral Será unha proba práctica individual sobre o sistema LOG, con defensa oral diante do profesor.
Proba obxectiva Consistirá nun exame escrito tipo test sobre a simulación VHDL

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Proba oral
Descrición
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención personalizada para calquera dúbida que se poda presentar durante as sesións.
Tamén haberá unha atención personalizada na proba oral, xa que é unha proba individual.
Os alumnos tamén dispoñen dos horarios de titorías para realizar calquera consulta sobre as sesións maxistrais ou as prácticas, ou ben para entregar as prácticas do sistema LOG.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Haberá que entregar unha práctica do sistema LOG, que valerá un cuarto da nota final.
Tamén haberá que entregar unha práctica de VHDL que será avaliada e que corresponderá a outro cuarto da nota final.
50
Proba oral Será un exercicio práctico individual sobre os programas do sistema LOG, con defensa oral. Será un cuarto da nota final. 25
Proba obxectiva Consistirá nun exame escrito tipo test sobre o tema de VHDL. Será un cuarto da nota final. 25
 
Observacións avaliación

A práctica do sistema LOG será avaliada segundo a orixinalidade do deseño presentado. Ademais tamén se valorará a presentación que se faga da práctica.

A práctica de VHDL será avaliada mediante un cuestionario que se cubrirá na entrega da práctica.

É obrigatorio entregar as dúas prácticas, o cuestionario e facer os dous exames finais para poder aprobar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Óscar Besteiro Vázquez (1997). Aplicación del Sistema LOG al diseño y simulación de circuitos digitales. Proxecto de diplomatura da Facultadede de Informática da Universidade da Coruña
Serafín Alfonso Pérez, Enrique Soto e Santiago Fernández (2002). Diseño de Sistemas Digitales con VHDL. Ed. Thomson

Documentación HTML do Sistema LOG en INTERNET: http://www.cs.berkeley.edu/~lazzaro/chipmunk/

Documentación HTML do Sistema LOG nos PCs con Linux do laboratorio: file:/usr/local/chipmunk/webdoc/index.html

Bibliografía complementaria Rubén Bello Soto (1997). Aplicación del Sistema LOG al diseño y simulación de circuitos analógicos. Proxecto de diplomatura da Facultadede de Informática da Universidade da Coruña
Departamento de Electrónica e Sistemas (2008). Apuntes de Tecnoloxía de Computadores. Facultade de Informática da Universidade da Coruña
Antonio Llorís e Alberto Prieto (1996). Diseño Lógico. Ed. McGraw-Hill
David A. Patterson e John L. Hennessy (2000). Estructura y Diseño de Computadores. Ed. Reverté
Stephen Brown e Zvonko Vranesic (2066). Fundamentos de lógica digital con diseño VHDL. Ed. McGraw-Hill
TEXAS INSTRUMENTS (1985). The TTL databook (vol. I).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía de Computadores/614111104
Tecnoloxía Electrónica/614111103
Estrutura de Computadores I/614111208

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Arquitectura e Enxeñaría de Computadores/614111401
Estrutura de Computadores II/614111306

Observacións

• Orientación para o estudo: como a materia é totalmente práctica, o estudante deberá utilizar os programas informáticos cos que se fan as prácticas para asentar os coñecementos. Ademais deberá repasar o estudado na materia Tecnoloxía de Computadores para a elaboración dos deseños.

• Como a materia non ten docencia presencial non se terá en conta nin será de aplicación o indicado nos apartados Planificación, Metodoloxías e Atención personalizada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías