Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Sistemas Multiaxente Código 614434015
Titulación
Mestrado Universitario en Computación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Sanchez Maroño, Noelia
Correo electrónico
noelia.sanchez@udc.es
Profesorado
Cabrero Canosa, Mariano Javier
Hernandez Pereira, Elena Maria
Sanchez Maroño, Noelia
Correo electrónico
mariano.cabrero@udc.es
elena.hernandez@udc.es
noelia.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Adquirir coñecementos de Lóxicas Computacionais e as súas principais aplicacións a outras áreas específicas de investigación en Computación tales como Raonamento Automático, Representación do Coñemento, Razoamento Temporal e Espacial, Sistemas Multiaxente, Web semántica, Verificación Formal, etc.
A2 Comprender os conceptos básicos da aprendizaxe computacional, as diferentes técnicas dispoñibles e o seu ámbito de aplicabilidade. Ser capaz de aplicar as distintas técnicas de aprendizaxe empregando unha metodoloxía axeitada.
A3 Coñecemento dos principais aspectos de modelado formal e de avaliación do rendemento dos Sistemas Distribuídos e Concorrentes.
B1 Ser capaz de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B2 Destreza na adquisición do coñecemento, análise do estado da arte e bibliografía relevante nunha área de investigación.
B3 Capacidade para identificar problemas e formular adecuadamente as hipóteses a contrastar seguindo unha metodoloxía científica.
B4 Aplicación do método científico mediante análise empírico das hipóteses formuladas ou mediante demostración formal, no caso de propiedades matemáticas. Destreza no deseño de experimentos e a análise de resultados.
B6 Soltura e facilidade para a presentación oral, a transmisión de conceptos, problemas, solucións e resultados relevantes en investigación, tanto a público especializado como a non especializado.
B7 Acostumarse ó uso do inglés como principal idioma de adquisición e transmisión de coñecemento científico e de investigación.
B8 Coñecer resultados recentes en áreas de investigación punteiras e presentados de primeira man polos seus propios autores ou especialistas de recoñecido prestixio.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Afianzar os conceptos básicos de Sistemas Multiaxente desde unha perspectiva distribuída nos sistemas intelixentes AI1
AI2
BI2
BI3
BI7
CM2
Comprender as distintas metodoloxías dos axentes intelixentes AI3
BI2
BI7
BI8
CM2
Discutir as distintas aproximacións metodolóxicas destes sistemas BI1
BI6
CM6
Comprender a necesidade de comunicación entre axentes intelixentes para alcanzar obxectivos comúns. AI3
BI2
BI7
BI8
CM2
Capacitar ao alumno para a resolución de problemas complexos, neste caso o desenvolvemento e a implementación dun sistema multiaxente BI3
BI4
BI7
BI8
CM3
CM6
Capacitar ao alumno para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica BI1
BI4
CM3
CM6
CM7
CM8
Comprender a necesidade dun marco organizacional estandar do coñecemento manexado nun sistema distribuído e a súa expresión como ontología AI1
BI2
BI7
BI8
CM2

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción Concepto de axente intelixente.
Sistemas multiaxente.
Arquitecturas de axentes
Tema 2. Arquitecturas Agentes de razonamiento simbólico
Agentes de razonamiento deductivo
Agentes de razonamiento práctico
Arquitectura BDI
Arquitecturas reactivas
Arquitecturas híbridas
Tema 3. Metodoloxías de desenvolvemento Modelado de axentes.
Enxeñería do software orientada a axentes: GAIA. MaSE, INGENIAS, Prometheus, ...
Enxeñería do coñecemento orientada a axentes: MASCommonKADS, DESIRE, ...
Tema 4. Comunicación Consideracións preliminares.
Linguaxes de comunicación: KQML, FIPA-ACL
Linguaxes de contenido: KIF, FIPA-SL
Protocolo de interacción FIPA
Tema 5. Ontoloxías Definición y componentes.
Tipoloxías.
Aplicacións.
Metodoloxías de deseño. Exemplos
Linguaxes de edición: RDF, OWL, DAM+OIL
Software de desenrolo
Reutilización: Ontolingua, OntoAgent, WebSchema
Tema 6. Aplicacións Industria
Medicina
Búsqueda de información
Comercio Electrónico
Telecomunicacións
Temario práctico Ferramentas de implementación: JADE
Ferramentas de edición de ontoloxías: Protegè

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Prácticas de laboratorio 1.5 6.75 8.25
Seminario 3.5 5.25 8.75
Sesión maxistral 9 4.5 13.5
Traballos tutelados 0 30 30
Presentación oral 0.5 4 4.5
Proba obxectiva 1 5 6
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura
Prácticas de laboratorio O profesor de prácticas exporá problemas de aspectos clave da asignatura-- por exemplo, modelado de sistemas, comunicación, ou ontoloxías--que deberán ser resoltos mediante as ferramentas introducidas. Durante as clases de laboratorio, os alumnos poderán realizar a implementación e expor as dúbidas que teñan ao profesor.
Seminario Consistente en clases prácticas onde se repasan os conceptos adquiridos da ferramenta JADE. Ademais explícanse brevemente o funcionamento das ferramentas Protegè e INGENIAS.
Sesión maxistral Exposición dos conceptos básicos da materia con axuda de medios audiovisuais.
Traballos tutelados Realización de actividades de carácter práctico a través das cales se formulan situacions que requiren identificar un problema obxeto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedimentos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusions oportunas do traballo realizado
Presentación oral Exposición pública do traballo realizado e os resultados acadados nos traballos tutelados.
Proba obxectiva Cuestionario de preguntas cortas no que se demostre que o alumno a asimilidado os contidos teóricos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Os problemas prácticos que deberán ser resoltos polos alumnos serán presentados por cada grupo ao profesor de forma individualizada, de tal xeito que o profesor poida cualificar o traballo de cada alumno por separado.


Durante as prácticas de laboratorio, o profesor responderá a todas as dúbidas sobre o uso da ferramenta JADE e ás posibles dúbidas sobre a implementación concreta da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral A exposición e defensa pública dos traballos tutelados será calificada nesta sección. Valorárase a claridade, brevedade e concisión na explicación do traballo efectuado así como os resultados experimentais que puideran derivarse.
20
Proba obxectiva O alumno realizará, o longo do curso, varias probas curtas (15 -20 min) que constaten a asimilación dos contidos teóricos mais relevantes dos sistemas multiaxente 50
Traballos tutelados O alumno deberá entregar traballos de tipo práctico nas datas indicadas polos profesores, utilizando á documentación que estes proporcionarán na páxina Web da materia.


30
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia realizarase mediante o método de avaliación continuada. E necesario aprobar tanto a parte teórica como a parte práctica para aprobar a asignatura ( compénsase a partir do 4.5). Cada parte supón o 50% da asignatura.

Dentro da parte teórica, todalas probas obxetivas puntúan igual.

No caso de suspender a parte teórica da asignatura na primeira oportunidad (Xuño), fárase unha única proba obxetiva na oportunidade de Xullo que englobe todolos temas da asignatura. No caso de suspender a parte práctica, entregárase unha nova memoria dos traballos tutelados e fárase unha nova presentación oral.

Se alguns alumnos non puideran facer algunha proba obxetiva, por razóns excepcionais, nas datas sinaladas polos profesores, poderán facer a devandita proba noutra data previamente acordada cos mesmos.


Fontes de información
Bibliografía básica A. Mas (2005). Agentes Software y Sistemas Multiagente: Conceptos, Arquitecturas y Aplicaciones. Pearson/Prentice-Hall
M. Wooldridge (2002). An introduction to multiagent systems . John Wiley and Sons
F. Bellifemine, G. Caire, D. Greenwood (2007). Developing multi-agent systems with JADE. WILEY
M. Gruninger y M. S. Fox (1995). Methodology for the Design and Evaluation of Ontologies. Proceedings of IJCAI'95, Workshop on Basic Ontological Issues in Knowledge Sharing
G. Weiss (1999). Multiagent systems: A modern approach to distributed artificial intelligence . MIT Press
Natalya F. Noy and Deborah L. McGuinness (2001). Ontology Development 101: A Guide to Creating Your First Ontology. Knowledge Systems Laboratory Technical Report KSL-01-05 and Stanford Medical Informatics Technical R

Bibliografía complementaria (). Agenticies Homepage. http://www.agentcities.org/
(). European Coordination Action for Agent Based Computing. http://www.agentlink.org/
(). Foundation for Intelligent Physical Agents. http://www.fipa.org/
M. Klush (1999). Intelligent Information Agents. Agent-based information discovery and management on Internet. Springer-Verlag
Jorge J. Gómez Sanz (2003). Metodologías para el desarrollo de sistemas multi-agente. Inteligencia Artificial, Revista Iberoamericana de Inteligencia Artificial. No.18, pp. 51-63.
J. Ferber (1999). Multiagent systems: An Introduction to distributed artificial intelligence. Addison-Wesley
(). Ontolingua. http://www.ksl.stanford.edu/software/ontolingua/
M. Huhns, M. Singh (2000). Readings in agents. Morgan Kaufmann Publishers
S. Russell y P. Norvig (2004). Russell, Norvig, Inteligencia Artificial: un enfoque moderno. Pearson Prentice-Hall
(). The DARPA Agent Markup Language Homepage . http://www.daml.org/
(). The Protege Ontology Editor and Knowledge Acquisition System. http://protege.stanford.edu/
(). UMBC AgentWeb: KQML. http://www.cs.umbc.edu/kqml/

O alumno disporá dunha plataforma web da asignatura donde pode obter:

  • A guía docente da materia, incluíndo o temario, bibliografía comentada, horas de tutorías, actividades, avaliación, etc.
  • Apuntes de apoio para a materia en formato electrónico.
  • Transparencias empregadas nas clases maxistrais de todos os temas da materia.
  • Enunciados dos traballos e prácticas.
  • Ferramentas informáticas para realiza-las prácticas.
  • Unha axenda cos eventos máis importantes da materia (entrega de prácticas ou traballos, exames, etc.)
  • Enlaces de interese.
  • Tutorías virtuais.
  • Preguntas frecuentes.
  • Foros de discusión.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Aprendizaxe Máquina/614434001
Lóxica Computacional/614434004

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías