Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Deseño de Sistemas de Información Código 614451113
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Sistemas Informáticos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Castro Souto, Laura Milagros
Correo electrónico
laura.milagros.castro.souto@udc.es
Profesorado
Castro Souto, Laura Milagros
Correo electrónico
laura.milagros.castro.souto@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Deseño, propiedades e mantemento do software.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os conceptos e técnicas propios da Enxeñaría do Software. AP5
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP14
BP15
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6
CM7
Manexar e adaptar as ferramentas de deseño e construcción de aplicacións. AP8
AP9
AP11
AP12
BP2
BP3
BP10
CM3
CM6
CM8
Aplicar con axilidade as linguaxes de modelado e os patróns de deseño. AP5
AP8
AP9
AP10
AP11
BP1
BP4
BP15
CM3
CM6
Interpretar as situacións en que se presentan os problemas típicos de deseño. AP5
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP8
BP11
BP12
BP15
CM6
CM8
Sintetizar os casos de éxito propios. AP5
AP8
AP10
AP11
BP1
BP3
BP6
BP7
BP9
BP10
BP11
BP13
CM1
CM2
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Introducción ao DSI a) Definición e obxectivos
b) O deseño como fase no proceso de desenvolvemento
c) Principios básicos de deseño
d) Introducción ás arquitecturas do software
e) A linguaxe de modelado unificada UML
f ) O modelo de vista da arquitectura 4+1
Estratexias de deseño a) Conceptos fundamentais
b) Deseño estruturado
c) Deseño orientado a obxectos
Arquitecturas do software a) Conceptos fundamentais
b) O patrón Modelo/Vista/Controlador
c) Deseño por capas
Introdución aos patróns de deseño a) Concepto de patrón de deseño
b) Composicionalidade (Composición)
Asignación de responsabilidades e delegación a) Asignación de responsabilidades (Proxy, Decorador)
b) Delegación (Decorador, Cadea de Responsabilidade)
Baixo acoplamento, instanciación, alta cohesión e división en subsistemas a) Baixo acoplamento e instanciación (Prototipo, Negociador, Instancia Única)
b) Alta cohesión e división en subsistemas (Fachada)
Modelado de comportamento dinámico a) Modelado de comportamento dinámico (Estado)
Reutilización a) Reutilización (Estratexia, Iterador)
Dependencias entre obxectos a) Dependencias entre obxectos (Observador)
Refactorización do deseño e preparación para o cambio a) Refactorización do diseño (Método de Fabricación, Método Plantilla)
b) Preparación para o cambio (Visitante)
Encapsulación e abstracción a) Encapsulación e abstracción (Comando, Recordo)
Adaptación de interfaces e manexo da complexidade a) Adaptación de interfaces (Adaptador, Ponte, Fábrica Abstracta)
b) Manexo da complexidade (Mediador)
Interfaces de usuario a) Conceptos fundamentais de interfaces de usuario
b) Interfaces en aplicacións web
c) Dependencias entre obxectos, encapsulación, abstracción, delegación e división en subsistemas.
Patróns de persistencia e concorrencia a) Introducción

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 21 42
Prácticas de laboratorio 15 15 30
Proba obxectiva 5 0 5
Traballos tutelados 0 24 24
 
Atención personalizada 24 0 24
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais na exposición dos coñecementos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados polo docente da asignatura na facultade virtual.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas polo docente da asignatura baseadas nos coñecementos que o estudante vai adquirindo. Os estudantes desenvolverán estes traballos en pequenos grupos, preferiblemente de dúas persoas.
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valoran os coñecementos adquiridos polo estudante. O estudante deberá desenvolver tanto os seus coñecementos a nivel teórico mediante a resposta a preguntas, como o seus coñecementos aplicados mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos prantexados nas prácticas de laboratorio e traballos titorizados.
Traballos tutelados Traballos titorizados propostos polo docente da asignatura e desenvolvidos polos estudantes, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos titorizados poderán ser avaliados mediante controis tipo test ou nas titorías personalizadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao estudiantado comprende non só as clásicas titorías, presenciais ou virtuais, para a discusión de dúbidas, senón tamén as seguintes actuacións:

- Seguemento do labor realizado nos traballos titorizados propostos polo docente.
- Avaliación dos resultados obtidos nos traballos e prácticas realizadas polo estudante.
- Discusión coa fin de solucionar os problemas atopados polo estudante na realización dos diversos traballos de carácter tanto teórico como práctico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso nunha defensa final. A pesares de que as prácticas son realizadas en grupos, cabe diferenciar dúas compoñentes na avaliación das prácticas dun alumno:

- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación e compenetración entre os membros.

- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta do alumno
ao grupo de prácticas.

Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:

- Rigor no acadamento dos obxectivos perseguidos na práctica empregando
as técnicas propostas na asignatura.

- Asimilación dos conceptos perseguidos pola práctica.

- Orixinalidade nas propostas acometidas durante a realización da práctica.

- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto.
30
Proba obxectiva Proba escrita dividida en tres bloques: cuestións cortas, pequenas extensións de deseño e implementación e un problema de deseño facendo fincapé na xustificación das decisións tomadas. 60
Traballos tutelados Valoraranse os seguintes aspectos:

- Dominio dos contidos dos traballos académicos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
- Seguemento axeitado do desenvolvemento da asignatura.
10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Gamma, E.; Helm, R.; Johnson, R. y Vlissides J. (1996). Design Patterns: Elements of Reusable Object-oriented Software. Addison Wesley
Arnold K., Gosling J. y Holmes D. (2005). The Java Programming Language. Prentice Hall
Rumbaugh, J.; Jacobson, I. y Booch, J. (2004). The Unified Modeling Language Reference Manual. Addison Wesley
Booch J.; Rumbaugh J. y Jacobson I. (2005). The Unified Modeling Language User Guide. Addison Wesley

Bibliografía complementaria Grand M. (2002). Patterns in Java. Volumen 1. John Wiley & Sons
Page-Jones, M. (2004). Applying UML and Patterns: An Introduction to Object-Oriented Analysis and Design and Iterative Development. Prentice Hall PTR
Cooper J. (2000). Java Design Patterns: A Tutorial. Addison Wesley
Stevens, P. y Pooley, R. (1999). Using UML. Software Engineering with Objects and Components. Addison Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Integración de Sistemas/614451201

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise e Deseño Orientado a Obxectos/614451107

Materias que continúan o temario
Análise de Sistemas Informáticos/614451106

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías