Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Administración de Sistemas I Código 614473010
Titulación
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Correo electrónico
emilio.padron@udc.es
Profesorado
Padron Gonzalez, Emilio Jose
Rodriguez Osorio, Roberto
Correo electrónico
emilio.padron@udc.es
roberto.osorio@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno as competencias básicas para despregar e administrar de forma efectiva un sistema informático en computación de altas prestacións. Para isto introducirase ao estudante nos fundamentos do hardware e software deste sistemas, especialmente no relativo aos sistemas operativos, servizos en rede, arquitecturas de almacenamento, redes de interxonexión e software base para contornos HPC e HTC.

Ademais, preténdese preparar aoa alumno para:
(1) o desenvolvemento de proxectos de equipamento de sistemas en contornos singulares de altas prestacións,
así como
(2) a participación no despregue de ditas infraestructuras. A xestión básica destes contornos, con especial atención na xestión dos usuarios, monitorización, política de backups e seguridade e xestión da configuración, constitue o groso da actividade dun administrador de sistemas, polo que se lle presentará ao alumno os coñecementos básicos sobre estas actividades.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou un software dado.
A2 Definir, avaliar e seleccionar a arquitectura e o software máis axeitado para a resolución dun problema.
A9 Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor e ser capaz de mellorar o rendemento e as capacidades do mesmo.
A10 Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas.
A11 Implementar as políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade.
A14 Implantar e administrar sistemas de supercomputación, HPC e HTC.
B1 Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Aplicar habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B8 Motivación pola calidade e mellora contínua.
B9 Usar as novas tecnoloxías.
B10 Buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
B13 Expor, defender e discutir propostas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor AI9
CM2
Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas AI9
AI10
AI14
BI4
BI8
BI9
BI10
CM2
CM3
CM6
Implantación de políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade dun sistema AI1
AI2
AI10
AI11
BI1
BI8
BI9
BI10
BI13
CM1
CM2
CM3
CM6
Saber resolver incidencias básicas na operativa da administración de sistemas AI9
AI10
AI14
BI1
BI4
BI8
BI9
BI10
CM2
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á administración de sistemas 1. Sistemas e servidores
2. Software de sistema
3. Usuarios e roles
4. O papel do administrador de sistemas
2. Administración básica do sistema 1. Xestión da árbore de directorios
2. Xestión básica dos usuarios
3. Xestión dos procesos
4. Xestión básica da rede
5. Xestión xeral do sistema
6. Servizos de impresión
3. Políticas de seguridade e backups 1. Sistemas informáticos seguros
2. Copias de respaldo: política de backups
4. Xestión avanzada de usuarios e recursos do sistema 1. Servizos de directorio (LDAP) e listas de control de acceso (ACLs)
Contidos prácticos 1. Configuración e compilación dun kernel Linux
2. Configuración e mantemento dun sistema de almacenamento baseado en RAID e LVM
3. Implantación da xestión de backups con Amanda
4. Xestión de usuarios e recursos con LDAP

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 7 14 21
Prácticas de laboratorio 14 38 52
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A metodoloxía docente desta materia compende varias sesións de clase maxistral, nas que se presentarán os contidos a traballar. Nas clases favorecerase a participación proactiva do alumno, así como a adquisición de coñecemento dun xeito crítico.
Prácticas de laboratorio Os contidos da materia traballaranse de forma aplicada en sesións de laboratorio, nas que se desenvolverán os contidos prácticos da materia. Dada a variedade de aspectos a desenvolver nas distintas actividades, traballarase en grupos pequenos (2-3 alumnos) buscando xerar sinerxias na aprendizaxe e na adquisición de destrezas tendo en conta os distintos perfiles e intereses que poden presentarse.

O traballo nesta materia requerirá dunha exhaustiva documentación do equipamento co que traballar, e dos servizos e aplicacións a implantar e configurar, co que o acceso a internet e a bibliografía especializada é imprescindible. Porén, as competencias a adquirir son consecuencia directa da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, co que se porá especial énfase na practicidade das discusións durante as clases maxistrais e na utilización dunha metodoloxía de evaluación continuada que prime o esforzo nas actividades máis aplicadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio antóxase imprescindible para dirixir aos alumnos no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e evaluar o traballo realizado polos alumnos nas distintas fases do seu desenvolvemento ata chagar á súa finalización.

Por outra banda, recoméndase aos alumnos a asistencia a tutorías como un mecanismo adicional de axuda.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Realización das prácticas da materia 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Aeleen Frisch (2002). Essential System Administration (3rd Ed.). O'Reilly
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2006). Linux Administration Handbook (2nd Ed.). Prentice Hall
Steve Shah (2001). Manual de Administración de Linux. MC Graw Hill
Evi Nemeth, Garth Snyder, Scott Seebass, Trent R. Hein (2000). UNIX System Administration Handbook (3rd Ed.). Prentice Hall

Bibliografía complementaria Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein (2007). La biblia de: Administración de sistemas Linux. Anaya Multimedia
Angie Nash, Jason Nash (2001). LPIC 1 Certification Bible. Wiley/Hungry Minds
Thomas A. Limoncelli, Christina J. Hogan, Strata R. Chalup (2007). The practice of System and Network Administration (2nd Ed.). Addison-Wesley Professional
Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein, Ben Whaley (2010). UNIX and Linux System Administration Handbook (4th Ed.). Prentice Hall

O libro «UNIX and Linux System Administration Handbook» ven a ser un compendio de dous dos libros da bibliografía básica, cos que ten tres autores en común. Incluimos tamén neste epígrafe de bibliografía complementaria a versión en castelán dun deses libros: «La biblia de: Administración de sistemas Linux»


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Administración de Sistemas II/614473011
Administración de Instalacións de Supercomputación/614473012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase dispor de acceso a un ordenador persoal fóra das horas presenciais para un óptimo seguemento do curso.

Facilitarase a entrega de prácticas fora das horas de clase para un seguimento non-presencial da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías