Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Taller de análise territorial Código 630450004
Titulación
Mestrado Universitario en Urbanismo: Planos e Proxectos. Do Territorio á Cidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 11
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Martinez Suarez, Jose Luis
Correo electrónico
j.l.martinez@udc.es
Profesorado
Beltran Pedreira, Jose Ricardo
Borobio Sanchiz, Manuel
Diaz Revilla, Alfonso
García Fontán, Cristina
Gonzalez Harguindey, Javier
Llamazares Castro, Jesus
Martinez Suarez, Jose Luis
Correo electrónico
beltran7@udc.es
manuel.borobio@udc.es
a.diaz.revilla@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
javier.harguindey@udc.es
j.llamazares@udc.es
j.l.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral As morfoloxías dos 30.000 núcleos de poboación nas que habitaban a inmensa maioría dos
2.500.000 de habitantes cos que se inicia a segunda metade do século XX evidenciaban a
dominación xeneralizada de formas preindustriais de ocupación do territorio que tiveron a
súa orixe na lonxana sociedade medieval e que permanecían suxeitas a límites que tiñan no
ámbito comarcal a súa mais ampla referencia.
Hoxe Galicia é un país que está nun proceso imparable de urbanización.
Os 2.700.000 habitantes residen maioritariamente en vilas e cidades.
Este tránsito dunha sociedade rural cristalizada durante séculos a unha sociedade urbana
dinámica desenvolveuse espacialmente sen un modelo territorial previo explicitado a través
de instrumentos de ordenación territorial que permitiran prever o alcance dos seus efectos
dende as diferentes instancias para adoptar decisións en coherencia co alto grado de
complexidade que un proceso destas características precisaba.
O territorio en tódalas súas escalas (cidades e campo, urbano e rural) foi sometido a
transformacións profundas que afectaron ao conxunto do sistema.
Concentración de poboación en núcleos pertencentes ao sistema urbano de orixe medieval, cun desprazamento especialmente signifi cativo cara un extenso borde litoral que configuraunha das sinais de identidade da xeografía.
Baleirado de miles de asentamentos tradicionais e despoboamento da poboación de grandes áreas que rematan sendo abandonadas de toda actividade productiva.
Nas áreas de concentración da poboación, a dimensión do fenómeno urbano desborda os
limites municipais fi xados en 1833 e só modifi cados en parte no entorno das cidades ao
longo do século XX.
Nas áreas de depresión demográfi ca e económica, que abarcan a inmensa superfi cie do
país, as estructuras administrativas decimonónicas revelan unha inadecuación á nova
situación evidenciada nas difi cultades de xestión ante un proceso de crise que golpea unha e outra vez sectores clave para a supervivencia dunha poboación avellentada e ancorada nunha economía labrega e mariñeira de subsistencia.
Nun e noutro caso, emerxe a necesidade de superar os límites administrativos municipais
e enfocar os tradicionais problemas urbanísticos de xestión do espacio, de localización de
áreas para edifi cacións destinadas á residencia, a equipamentos e servizos, de trazado e
construcción de infraestructuras dende unha nova escala: A escala territorial.
O debate sobre novas formas de “administración territorial”, a necesidade de xestionar
os confl ictos dende lóxicas supramunicipais, as limitacións das políticas sectoriais, o
nacemento de novos paradigmas na relación co medio natural,… abren o paso á refl exión
sobre o territorio como un proxecto en transformación que dende o Departamento de
Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo se plasma a través do Módulo de Ordenación do
Territorio do Master de Urbanismo:Plans e proxectos. Do territorio á cidade.
Un módulo no que se supere o tradicional enfoque diagramático prefi xado que tantas veces
ten conducido a esquematismos que arrastran ao simplismo nas intervencións na escala
territorial.
Trátase de, a partir dunha concepción do territorio como sistema, proceder á análise a
través de métodos de representación e interpretación propios da disciplina urbanística, que propicien a realización dun diagnóstico que permita tomas de decisións e intervencións naqueles elementos específi cos da escala territorial que representan aspectos relevantes
da identidade dende un punto de vista morfotipolóxico na nova escala á que se está a
producir tanto o fenómeno urbano como a utilización dos novos espacios hoxe incorporados ao uso da poboación a través das posibilidades desencadeadas polos modernos medios de comunicación e transporte.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Capacidade para o planeamento territorial e urbano.
A8 Capacidade para a representación espacial.
A9 Capacidade para a adecuación medioambiental.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para o planeamento territorial e urbano. AP5
Capacidade para a representación espacial. AI2
Capacidade para a adecuación medioambiental. AM1

Contidos
Temas Subtemas
OBRADOIRO O obxetivo do taller é alcanzar un coñecemento profundo do ámbito de estudio, producir unha cartografía temática básice, froito dunha recopilación de información exhustiva e detallada.
O posterior análise de dita información co recoñecemento das características e particularidades máis representativas da zona e a selección de temas ou liñas de intervención para desenvolver nos seguintes obradoiros do máster.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 100 150 250
 
Atención personalizada 25 0 25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O obradoiro distribúese en grupos de 3 alumnos por profesor, polo que se produce unha simultaneidade na atención ós alumnos por parte dos profesores do taller, tendo relación os alumnos con todo o profesorado e unha atención especifica do seu tutor.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realización a exposición pública ante xurado dos traballos de taller e presentarase un dosier do mesmo para a avaliación por parte do coordinador da materia 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Bouhierr, Abel (2001). Galicia: ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Xunta de Galicia)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Taller de planeamento urbanístico/630450014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos e plans territoriais/630450001

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías