Datos Identificativos | 2012/13 | ||||||||||||||||||
Asignatura (*) | Taller de análise territorial | Código | 630450004 | ||||||||||||||||
Titulación |
|
||||||||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||||||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 11 | |||||||||||||||
Idioma |
|
||||||||||||||||||
Prerrequisitos | |||||||||||||||||||
Departamento | Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo |
||||||||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||
Web | |||||||||||||||||||
Descrición xeral |
As morfoloxías dos 30.000 núcleos de poboación nas que habitaban a inmensa maioría dos 2.500.000 de habitantes cos que se inicia a segunda metade do século XX evidenciaban a dominación xeneralizada de formas preindustriais de ocupación do territorio que tiveron a súa orixe na lonxana sociedade medieval e que permanecían suxeitas a límites que tiñan no ámbito comarcal a súa mais ampla referencia. Hoxe Galicia é un país que está nun proceso imparable de urbanización. Os 2.700.000 habitantes residen maioritariamente en vilas e cidades. Este tránsito dunha sociedade rural cristalizada durante séculos a unha sociedade urbana dinámica desenvolveuse espacialmente sen un modelo territorial previo explicitado a través de instrumentos de ordenación territorial que permitiran prever o alcance dos seus efectos dende as diferentes instancias para adoptar decisións en coherencia co alto grado de complexidade que un proceso destas características precisaba. O territorio en tódalas súas escalas (cidades e campo, urbano e rural) foi sometido a transformacións profundas que afectaron ao conxunto do sistema. Concentración de poboación en núcleos pertencentes ao sistema urbano de orixe medieval, cun desprazamento especialmente signifi cativo cara un extenso borde litoral que configuraunha das sinais de identidade da xeografía. Baleirado de miles de asentamentos tradicionais e despoboamento da poboación de grandes áreas que rematan sendo abandonadas de toda actividade productiva. Nas áreas de concentración da poboación, a dimensión do fenómeno urbano desborda os limites municipais fi xados en 1833 e só modifi cados en parte no entorno das cidades ao longo do século XX. Nas áreas de depresión demográfi ca e económica, que abarcan a inmensa superfi cie do país, as estructuras administrativas decimonónicas revelan unha inadecuación á nova situación evidenciada nas difi cultades de xestión ante un proceso de crise que golpea unha e outra vez sectores clave para a supervivencia dunha poboación avellentada e ancorada nunha economía labrega e mariñeira de subsistencia. Nun e noutro caso, emerxe a necesidade de superar os límites administrativos municipais e enfocar os tradicionais problemas urbanísticos de xestión do espacio, de localización de áreas para edifi cacións destinadas á residencia, a equipamentos e servizos, de trazado e construcción de infraestructuras dende unha nova escala: A escala territorial. O debate sobre novas formas de “administración territorial”, a necesidade de xestionar os confl ictos dende lóxicas supramunicipais, as limitacións das políticas sectoriais, o nacemento de novos paradigmas na relación co medio natural,… abren o paso á refl exión sobre o territorio como un proxecto en transformación que dende o Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo se plasma a través do Módulo de Ordenación do Territorio do Master de Urbanismo:Plans e proxectos. Do territorio á cidade. Un módulo no que se supere o tradicional enfoque diagramático prefi xado que tantas veces ten conducido a esquematismos que arrastran ao simplismo nas intervencións na escala territorial. Trátase de, a partir dunha concepción do territorio como sistema, proceder á análise a través de métodos de representación e interpretación propios da disciplina urbanística, que propicien a realización dun diagnóstico que permita tomas de decisións e intervencións naqueles elementos específi cos da escala territorial que representan aspectos relevantes da identidade dende un punto de vista morfotipolóxico na nova escala á que se está a producir tanto o fenómeno urbano como a utilización dos novos espacios hoxe incorporados ao uso da poboación a través das posibilidades desencadeadas polos modernos medios de comunicación e transporte. |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |