Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Análise Arquitectónico 1 Código 630G01012
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Representación e Teoría Arquitectónica
Coordinación
Lizancos Mora, Plácido
Correo electrónico
placido.lizancos@udc.es
Profesorado
Amado Lorenzo, Antonio Gonzalo
Castro García, Óscar
Doce Porto, Juan Manuel
Franco Taboada, Juan Manuel
Lizancos Mora, Plácido
Ventura Real, Jose Maria Nicolas
Zas Gomez, Evaristo
Correo electrónico
antonio.amado@udc.es
oscar.castro@udc.es
juan.doce@udc.es
manuel.franco.taboada@udc.es
placido.lizancos@udc.es
jose.ventura@udc.es
evaristo.zas@udc.es
Web
Descrición xeral ANÁLISE ARQUITECTÓNICA 1. METODOLOXÍA DO PROXECTO. TEORÍA DA ARQUITECTURA. GRAFIACIÓN ARQUITECTONICA AVANZADA

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A4 PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A10 REPRESENTACIÓN ESPACIAL: aptitude ou capacidade para aplicar, tanto manual como informaticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección e corte, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e a profundidade.
A14 IDEACIÓN GRÁFICA: aptitude ou capacidade para concibir e representar graficamente a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo, incluídas as informáticas.
A29 ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A35 SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A37 ANÁLISE DE FORMAS: comprensión ou coñecemento das leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas arquitectónicas e urbanas.
A39 RESTITUCIÓN GRÁFICA: comprensión ou coñecemento das técnicas de medición e levantamento gráfico de edificios e de ámbitos urbanos e naturais en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntamentos á restitución científica.
A40 XEOMETRÍA: comprensión ou coñecemento da xeometría métrica e proxectiva como fundamentos do trazado, deseño e composición arquitectónicos da comprensión dos sistemas de representación espacial.
A41 BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas.
A42 TEORÍA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento das teorías da arquitectura pasadas e presentes, especialmente as relativas á interdependencia de formas, usos e técnicas, á estrutura formal, ao estudo dos tipos e aos métodos de composición de edificios e espazos abertos.
A44 BASES DA ARUQITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A45 BASES DA ARQUITECTURA NATIVA: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas de carácter nacional, local e vernáculo e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A46 BASES DA ARQUITECTURA NON OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas do mundo non occidental, os seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos e as súas semellanzas e diferencias coas propias da cultura occidental.
A49 CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos.
A65 METODOLOXÍA DO TRABALLO: comprensión ou coñecemento dos sistemas de organización das oficinas profesionais respecto á distribución de tarefas e responsabilidades, ao control de tempos de produción, custos e rendementos laborais, á administración económica e á planificación comercial.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B22 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas.
B24 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B31 Coñecemento doutras culturas e costumes.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A1
A4
A9
A10
A14
A34
A35
A36
A37
A39
A40
A41
A42
A44
A45
A46
A49
A65
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B22
B24
B31
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Linguaxes secundarias da arquitectura Linguaxes secundarias da arquitectura
Intencións na representación
Proxeccións en 3d
2. Convencións gráficas Aplicación dos sistemas diedrico, acotado e cónico á comunciación arquitectonica
3. A infografía

Debuxo e imaxe electrónica
Os modelos dixitais
A animación
As presentacións dixitais dos proxectos de arquitectura
4. Os modelos tridimensionais como sistema de representación Maquetas espaciais, volumétricas, de relación coa contorna e de detalle…
A maqueta de traballo
5. Grafiación para a análise da arquitectura Ler un proxecto arquitectónico.
Comunicar un proxecto arquitectónico
Conceptos básicos para unha introdución á análise.
Debuxar para idear, analizar, comunicar a idea e comunicar o proxecto.
Procedementos e recursos de grafiación analítica.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 3 0.3 3.3
Análise de fontes documentais 6 9 15
Estudo de casos 10 20 30
Presentación oral 3 4.5 7.5
Sesión maxistral 10 0 10
Eventos científicos e/ou divulgativos 3 0 3
Obradoiro 22 44 66
Proba de ensaio 3.1999 0 3.1999
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Previamente ao inicio do proceso de análise arquitectónica o estudiante será sometido a un proceso de perfeccionamento do debuxo e da informática, considerados aspectos instrumentais imprescindibles.
Análise de fontes documentais O coñecemento dos edificios obxectivo de cada curso precisa previamente dun recoñecemento na documentación que sobre eles exista en calquera soporte audiovisual ou bibliográfico, tanto analóxico como dixital.
Estudo de casos A análise das edificacións implica o enfrontamento do alumno ante situacións prácticas reais que deben ser comprendidas, valoradas e resoltas polo grupo de estudiantes previa a análise razoada realizada por cada individuo.
Presentación oral Os estudiantes expoñen verbalmente, co paoio de TIC, os resultados dos seus traballos, interactuando co profesorado e con outros estudiantes.
Sesión maxistral Destinada á introducción conceptual e a ofrecer a información necesaria para o desenvolvemento dos traballos de taller.
Eventos científicos e/ou divulgativos Para profundar no coñecemento de aspectos especializados relacionados coa materia que podan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso.
Obradoiro Nos obradoiros combínanse tódalas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) simultaneamente, sobre tarefas prácticas, co asistencia do profesor.
Proba de ensaio O estudante repostará individualmente e de xeito gráfico a un suposto real e complexo que sintetiza os diversos asuntos tratados no curso. Valorarase especialemente a capacidade de razoar, argumentando e relacionado ideas complexas sempre cun obxectivo creativo e crítico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Actividades iniciais
Presentación oral
Descrición
A avaliación é un proceso continuo, no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o estudiante é controlada e rexistrada. Periodicamente e -en todo caso, sempre que o estudante asi o require- infórmaselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
Establécese un perído ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de obradoiros, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de xeito individual de forma que cada estudante é orientado cara á consecúción dos obxectivos finais da materia ou, no seu caso, á excelencia.
En todo momento do curso os profesores brindan aos estudantes apoio complemntario ao docente de xeito individual, en horario coñecido.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio Dado o forte contido práctico da materia, estímase que a avaliación é un proceso continuo. Así pois resérvase a proba final a aqueles estudantes que por algunha circunstancia non puideron desenvolver o curso coa continuidade requerida. Nese casos, esta proba resultará o único mecanismo eficaz de avaliación. 1
Obradoiro O obradoiro é o ámbito de síntese da materia e de confluencia con Proxectos, onde se poñen en práctica directa os coñecementos e destrezas adquiridas.
No Obradoiro evidencianse simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recursos comunicativos propios do arquitecto.
60
Análise de fontes documentais O coñecemento dos edificios que serán obxectivo do curso require un fondo coñecemento previo, sustentado no estudio das fontes documentais. 4
Presentación oral Sendo unha materia eminentemente práctica, as presentacións orais que os estudiantes realizan constitúen o mellor xeito de valorar o dominio dos coñecementos e técnicas que son o obxectivo da materia. 15
Sesión maxistral Os contidos das sesións teóricas son fundamentis para coñecer as técncias e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
(). .
Baker, Geoffrey H. (1989). Análisis de la forma. Urbanismo y arquitectura. GG. Barcelona
Clark & Pause (1987). Arquitectura. Temas de composición. GG. Barcelona
Clark & Pause (1984). Arquitectura. Temas de composición. Aalto, Kahn, Moore, Stirling, Le Corbusier, Paladio, Venturi. GG. Barcelona
Ching, Frank (1988). Arquitectura: forma, espacio y orden. GG. Barcelona
Ching, Frank (1989). Dibujo y proyecto. GG. Barcelona
Jorge Sainz Ávia (1990). El Dibujo de Arquitectura. Nerea
Leonardo Benévolo (1984). El diseño de la ciudad-1. GG. Barcelona
Fraser & Henmi (1994). Envisioning architecture. An analysis of drawing. Willey & Sons. Nova York
Norberg- Schulz, Christian (1967). Intenciones en arquitectura. GG. Barcelona
Moo Zell (2008). The architectural Drawing Course. Thames & Hudson. Londres

Os Casos de Estudio sobre os que se aplica a docencia acompañaranse de bibliografía específica.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 4/630G01016
Análise Arquitectónico 2/630G01017
Urbanística 1/630G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 3/630G01011

Materias que continúan o temario
Proxectos 1/630G01001
Debuxo de Arquitectura/630G01002
Xeometría Descritiva/630G01003
Análisis de Formas Arquitectónicas/630G01007
Proxectos 3/630G01011
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G01014

Observacións

O ESTUDANTE PRECISA O DOMINIO DE INFORMÁTICA (ENTORNO WINDOWS) E COÑECEMENTOS BÁSICOS DE INFORMÁTICA GRÁFICA.

ESTA MATERIA DEBE CURSARSE CONXUNTAMENTE COA DE PROXECTOS DO MESMO CADRIMESTRE.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías