Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Capacidades vinculadas á concepción e o desenvolvemento técnico de proxectos de estruturas metálicas no ámbito da edificación |
A2 A6 A59 A60
|
|
|
Capacidades vinculadas á concepción e o desenvolvemento técnico de proxectos de estruturas metálicas no ámbito da edificación |
A2 A6 A59 A60
|
B21
|
|
Habilidades relacionadas coa modelización e a análise de sistemas estruturais constituídos por elementos prismáticos, incluíndo a idealización de vínculos, ligazóns, materiais e accións |
A2 A6
|
B21
|
|
Determinar a configuración xeométrica asociada aos distintos elementos constitutivos dunha estrutura de edificación resolta con pezas de aceiro, co obxecto de que poidan satisfacer as necesarias condicións de estado límite |
A2 A6 A56 A57
|
B21
|
|
Proxectar unións e detalles construtivos no ámbito das estruturas metálicas de edificación |
A2 A6 A56 A57
|
B21
|
|
Familiarizarse coa consulta, interpretación e aplicación da normativa vixente no ámbito das estruturas metálicas de edificación |
A11
|
|
|
Iniciarse na utilización de aplicacións informáticas de análise estrutural, e de ferramentas básicas ligadas á implementación das tecnoloxías da información e das comunicacións |
|
B24
|
C3
|
Fomentar o desenvolvemento de capacidades actitudinais de carácter autónomo (tendencia á aprendizaxe continua, habilidade para resolver problemas de forma efectiva, capacidades de análises e sínteses, organización e planificación persoal, xestión produtiva da información) ou colaborativo (comunicación efectiva, comportamento fundamentado en responsabilidades compartidas). |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B11 B12 B15 B19 B22
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Deseño estrutural |
|
Proxecto de estruturas de edificación industrial |
|
Proxecto de estruturas porticadas de edificación |
|
Elementos estruturais |
|
Bases de cálculo e análise estrutural |
|
Resistencia das seccións |
|
Resistencia das barras |
|
Soportes |
|
Vigas de alma chea |
|
Vigas de alma alixeirada |
|
Vigas de celosía |
|
Unións |
|
Baseas de soportes |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
30 |
15 |
45 |
Solución de problemas |
15 |
45 |
60 |
Obradoiro |
15 |
15 |
30 |
Esquemas |
0 |
2 |
2 |
Proba mixta |
7 |
0 |
7 |
|
Atención personalizada |
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Unha fracción relevante da actividade presencial sérvese do método expositivo, cuxa responsabilidade recae fundamentalmente sobre o profesorado, xa sexa de forma oral ou co complemento de medios audiovisuais. No entanto, e con independencia do anterior, durante as devanditas sesións perséguese alcanzar unha certa cota de participación por parte do alumnado, potenciando a súa implicación, fomentando a retroalimentación do proceso (e por tanto o carácter bidireccional da comunicación), e dinamizando os mecanismos de aprendizaxe mediante técnicas de interacción. |
Solución de problemas |
Periodicamente exponse a realización de probas de carácter práctico, deseñadas a partir dos contidos traballados previamente, e que deben ser resoltas nun tempo limitado. Durante aquelas que teñan un carácter presencial o alumno pode facer uso do esquema perfilado en breve. O carácter progresivo de tales probas obedece a criterios de avaliación continua, de forma que as conclusións de cada fase poidan servir para reconducir os procesos de ensino e aprendizaxe convenientemente, adecuándoos ás particularidades do grupo a fin de alcanzar as pretendidas competencias. |
Obradoiro |
A materia participa no Taller 4, onde se integran igualmente Proxectos 6, Construción 4 e Urbanística 3. O taller concíbese como un espazo de traballo e intercambio concibido para facilitar a confluencia dos contidos das diferentes materias en torno ao proxecto arquitectónico, e por tanto baséase na integración multidisciplinar sobre a resolución de casos prácticos. |
Esquemas |
Na resolución de problemas e probas obxectivas preténdese utilizar como apoyatura un documento sinóptico que o alumno confeccionará ao longo do curso. Téntase reforzar así a aprendizaxe significativa mediante a síntese estruturada dos principais contidos traballado. A elaboración enténdese progresiva, ordenado de forma continuada conceptos e expresións, esquematizando procesos de análises, e incidindo na dedución de posibles relacións entre os sucesivos temas do programa. |
Proba mixta |
Exponse probas escritas como ferramenta de avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. O deseño axústase en cada enunciado ao perfil de coñecementos e capacidades que se pretende valorar, incidindo na comprensión dos contidos teóricos e nas destrezas asociadas á análise e resolución de casos prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Unha metodoloxía orientada cara á aprendizaxe require a consideración das singularidades que distancian a uns alumnos doutros dentro dun mesmo grupo, en termos de formación previa, posibles carencias, actitudes e aptitudes, expectativas e motivacións. Por iso enténdese necesaria unha dedicación adicional estruturada basicamente mediante tutorías presenciais ou virtuais, cuxo froito depende en gran medida do nivel de implicación do discente. Con obxecto de facilitar o seguimento da súa evolución ao longo do curso, ao principio do mesmo debe cumprimentar correctamente a correspondente ficha de alumno.
Así mesmo, e dado o carácter progresivo da materia, é aconsellable liquidar todas as posibles dúbidas a medida en que van xurdindo, o máis axiña posible e facendo uso das correspondentes tutorías. Esta cuestión intensifícase, se cabe, no desenvolvemento dos proxectos propostos a nivel de taller, cuxa metodoloxía só adquire sentido se se produce un contacto regular e xornal co profesorado a fin de optimizar e no seu caso reconducir as actividades en curso.
As probas propostas poderán ser revisadas tras a súa cualificación, dentro dos prazos establecidos, a efectos de constatar os erros cometidos e servir en consecuencia a unha mellor función formativa dos procesos de avaliación continua. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Ditas probas contemplarán a resolución de exercicios teórico-prácticos e o desenvolvemento de determinados aspectos vinculados ao proxecto de estruturas de edificación. A configuración das mesmas, así como os oportunos criterios de cualificación, serán definidos expresamente con cada enunciado. Durante o seu desenvolvemento permitirase a consulta dun formulario manuscrito polo propio alumno, cunha extensión máxima dun formato A4 (ver esquema no apartado metodolóxico), no que debe figurar o nome do alumno, e que se entregará conxuntamente co resto da documentación elaborada polo alumno durante o transcurso do exame. Así mesmo, poderase consultar a normativa. |
80 |
Solución de problemas |
A efectos de lograr unha maior continuidade no proceso de avaliación, exponse unha ejercitación práctica periódica atendendo aos contidos previamente desenvolvidos. Tales supostos prácticos deben ser resoltos nun tempo limitado, coa única apoyatura dun formato A4 esquemático elaborado polo propio alumno (ver esquema no apartado metodolóxico), e da propia normativa cando esta resulte pertinente e así se indique por parte do profesorado.
Así mesmo, dentro deste apartado considéranse incluídos os resultados alcanzados no ámbito do taller. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación, como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada. Os alumnos que se presenten nas convocatorias ordinarias na proba mixta, e non seguisen o curso, só poderán optar a unha cualificación máxima de 8,0 puntos, sobreentendiéndose que a cualificación mínima para superar a materia é de 5,0 puntos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Araujo, R. (2009). Construir con acero. Arquitectura en España: 1993-2007. Madrid. Apta
(2008). CTE Código Técnico de la Edificación. Madrid. Ministerio de Vivienda
(2008). CTE Código Técnico de la Edificación. http://www.codigotecnico.org/web/
Argüelles Álvarez, R.; Argüelles Bustillo, R.; Arriaga, F.; Atienza, J.R. (2005). Estructuras de acero 1. Cálculo. Madrid. Bellisco
Argüelles Álvarez, R.; Argüelles Bustillo, R.; Arriaga, F.; Atienza, J.R. (2007). Estructuras de acero 2. Uniones y sistemas estructurales. Madrid. Bellisco
Hurtado, C.; Fernández, F.; Asensio, M.; Vega, R. (2008). Estructuras de acero en edificación. Madrid. Apta
Arnedo, A. (2009). Naves industriales con acero. Madrid. Apta
Rodríguez-Borlado, R.; Martínez, C.; Martínez, R. (2002). Prontuario de estructuras metálicas. Madrid. Centro de Publicaciones, Ministerio de Fomento. CEDEX
(1990). Prontuario Ensidesa. Manuales sobre la construcción con acero. 0* Bases de cálculo. Dimensionado de elementos estructurales. Madrid. Ensidesa
(1990). Prontuario Ensidesa. Manuales sobre la construcción con acero. 0** Bases de cálculo. Dimensionado de elementos estructurales. Madrid. Ensidesa
Ortiz, J.; Villa, J.; Llamazares, E. (1989). Prontuario Ensidesa. Manuales sobre la construcción con acero. 1 La seguridad de las estructuras de acero ante el incendio. Madrid. Ensidesa
(1993). Prontuario Ensidesa. Manuales sobre la construcción con acero. 2 Acero para estructuras de edificación. Valores estáticos. Estructuras elementales. Madrid. Ensidesa
(1991). Prontuario Ensidesa. Manuales sobre la construcción con acero. 3 Protección anticorrosiva. Fabricación. Montaje. Madrid. Ensidesa
Viñuela, L. (1992). Prontuario Ensidesa. Manuales sobre la construcción con acero. 4 Recomendaciones para el proyecto de puentes. Madrid. Ensidesa
Araujo, R.; Seco, E. (1994). Prontuario Ensidesa. Manuales sobre la construcción con acero. 5 Construir arquitectura en España con acero. Madrid. Ensidesa |
|
Bibliografía complementaria
|
Cudós, V. (1978). Cálculo de estructuras de acero. Madrid. Blume
Rodríguez-Avial, F. (1987). Construcciones metálicas. Madrid. Bellisco
Zignoli, V. (1978). Construcciones metálicas. Madrid. Dossat
Rodríguez, L.F. (1992). Curso de estructuras metálicas de acero laminado. Madrid. Colegio Oficial de Arquitectos
Labein-Tecnalia; Tectum Ingeniería (2009). Estructuras de acero en aparcamientos subterráneos. Madrid. Apta
Batanero, J. (1960). Estructuras metálicas de edificios. Baracaldo. Altos Hornos de Vizcaya
Monfort, J. (2006). Estructuras metálicas para edificación. Adaptado al CTE. Valencia. Universidad Politécnica
Cudós, V.; Quintero, F. (1988). Estructuras metálicas. UD.1.I La pieza aislada. Flexión. Torsión. UD.1.II La pieza aislada. Inestabilidad. UD.2.I Uniones. Madrid. Escuela de la Edificación
(). Instituto Técnico de la Estructura en Acero. http://es.scribd.com/search?query=itea+tomo
Argüelles, R. (1987). La estructura metálica hoy. Madrid. Bellisco
Reyes, A.M. (2009). Manual imprescindible de Cype 2010: cálculo de estructuras metálicas con Nuevo Metal 3D. Madrid. Anaya Multimedia
Monfort, J.; Pardo, J.L.; Guadiola, A. (2008). Problemas de estructuras metálicas adaptados al Código Técnico. Valencia. Universidad Politécnica
(2010). Prontuario informático de estructuras metálicas y mixtas Image . http://apta.com.es/index.php?option=com_content&task=view&id=295&Itemid=119
Estévez, J.; Martín, E.; Vázquez, J.A. (2000). Vigas alveoladas. Madrid. Bellisco |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Proxectos 6/630G01026 | Construción 4/630G01027 | Urbanística 3/630G01029 |
|
Materias que continúan o temario |
Estruturas 1/630G01019 | Estruturas 2/630G01023 |
|
|