Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Urbanística 3 Código 630G01029
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Creus Andrade, Juan Jose
Correo electrónico
juan.creus@udc.es
Profesorado
Beltran Pedreira, Jose Ricardo
Conde Garcia, Jesus
Creus Andrade, Juan Jose
Correo electrónico
beltran7@udc.es
jesus.conde@udc.es
juan.creus@udc.es
Web
Descrición xeral O curso plantéase como unha introducción ao proxecto urbano de espacio libre-público, mediante a achega ao medio ambiente e á sostibilidade como referencias clave para o seu diseño, a importancia do trazado dos servizos urbanísticos, o coñecemento das condicións normativas, de accesibilidade e movilidade, así como unha aproximación á súa construcción. A asignatura estructúrase en dúas partes: teoría e práctica, estreitamente relacionadas e que se desenrollan en paralelo ao longo do curso.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A2 PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións.
A3 DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias.
A4 PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos.
A7 SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes.
A8 PROXECTO DE OBRA ACABADA: aptitude ou capacidade para dimensionar, deseñar, programar e poñer en obra e integrar en edificios e conxuntos urbanos as solucións construtivas, encontros e remates dos sistemas de obra acabada, divisións interiores, carpintería, escaleiras e demais obra acabada, en conxunto e en detalle, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A11 XESTIÓN DE NORMAS CONSTRUCTIVAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas de construción, de homologación, de protección, de mantemento, de seguridade e de cálculo nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A12 PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO AMBIENTAL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de acondicionamento ambiental, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A18 PLANEAMENTO URBANO: aptitude ou capacidade para redactar e xestionar plans de ordenacións territorial e metropolitana, plans estratéxicos, plans de viabilidade urbanística e plans urbanísticos de ámbito municipal, de actuacións en áreas urbanas e de carácter especial.
A19 ADECUACIÓN MEDIOAMBIENTAL: aptitude ou capacidade para realizar estudos medioambientais e paisaxísticos, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
A20 PROXECTO DE ESPAZOS LIBRES: aptitude ou capacidade para redactar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización e de xardinería, así como os de obra civil e complementaria asociada a eles.
A21 PROXECTO DE OBRA CIVIL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular e executar as solucións de obra civil asociadas á edificación e aos conxuntos urbanos, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A22 CONSERVACION DE INSTALACIÓNS: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade e definir as condicións de mantemento das instalacións de subministro e evacuación de augas, electricidade, iluminación artificial, calefacción, aclimatación, transporte mecánico, comunicacións audiovisuais, seguridade e protección contra incendios.
A23 PROXECTO DE INSTALACIÓNS HIDRAÚLICAS: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar instalacións de subministro, tratamento e evacuación de augas, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A29 ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos.
A30 XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
A48 SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos.
A49 CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos.
A50 MORFOLOXÍA E REPRESENTACIÓN DO TERREO:comprensión ou coñecemento das bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial, urbanístico e paisaxístico e para practicar deslindes e parcelacións.
A51 BASES DE XARDINERÍA: comprensión ou coñecemento das bases de botánica, horticultura, floricultura e silvicultura e as técnicas de hidráulica precisas para realizar estudos e proxectos de xardín, de paisaxe e de urbanización.
A52 MÉTODOS URBANÍSTICOS: comprensión ou coñecemento dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B18 Razoamento crítico.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B27 Liderado.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A11
A12
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A29
A30
A34
A47
A48
A49
A50
A51
A52
B5
B9
B10
B18
B20
B27

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I:
PROXECTO E CONSTRUCIÓN DO ESPAZO URBANO
I.I. ESPAZO PÚBLICO (RED) E TECIDO
I.II. CATEGORÍAS
I.III. RÚA
I.IV. PRAZA E XOGO
MÓDULO II:
CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE E SERVIZO. NORMATIVA APLICABLE
II.I. ACCESIBILIDADE E MEDIO FÍSICO
II.II. TRAZADO DE VÍAS URBÁNS
II.III. APARCAMENTO
II.IV. PEATÓN E BICI
II.V. SERVIZOS URBÁNS
MÓDULO III:
MEDIOAMBIENTE E ESPAZO LIBRE-PÚBLICO
III.I. CONDICIÓNS AMBIENTAIS
III.II. PLANTA E ARQUITECTURA
III.III. ESPAZO VERDE
III.IV. BORDE URBANO

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 40 40 80
Sesión maxistral 30 15 45
Saídas de campo 3 0 3
Proba mixta 1 1 2
Presentación oral 10 0 10
Discusión dirixida 2 0 2
Lecturas 1 7 8
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Traballo de proxecto dun espazo público con criterios ambientáis e de sostibilidade.
Sesión maxistral Os distintos temas relevantes para o desenvolvemento do obradoiro serán obxecto de sesións maxistrais.
Saídas de campo Considérase fundamental o coñocemento do espazo obxeto da anáise, polo que a visita o lugar elixido para o traballo considérase esencial.
Proba mixta Ao final do curso o alumno realizará unha proba mixta (de xeito indiviual) na que se comprobarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso académico.
Presentación oral Os traballos elaborados no obradoiro serán presentados públicamente.
Discusión dirixida Os resultados do obradoiro serán obxecto de discusións dirixidas o longo do curso.
Lecturas Ao longo do curso indícanse unha serie de lecturas de apoio, que son de gran utilidade para facilitar o entendemento e asimilación dos coñecementos teóricos; así como para establecer pautas e abrir posibilidades que orienten o traballo no obradoiro.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Presentación oral
Discusión dirixida
Saídas de campo
Obradoiro
Descrición
Centrarase no seguimento do traballo realizado polos alumnos, dun xeito individualizado, no que se pretende a aplicación dos coñecementos explicados na teoría

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Consistirá nun examen teórico-práctico que pode constar de preguntas de resposta multiple ou de resposta breve, así como dalgún exercicio práctico, no que se valorarán os coñecementos e habilidades que ten o alumno sobre as cuestións fundamentais da teoría e dos exercicios prácticos realizados. 50
Obradoiro O traballo final valorarase na suas vertentes analítica, planificadora e de deseño 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Carlos Martínez Caro y Juan Luís de Las Rivas (). Arquitectura Urbana.
Fernando Terán (). Calles y algo más que Calles.
Y. Ashihara (). El Diseño de Espacios Exteriores.
Gordon Cullen (). El Paisaje Urbano.
J. Martínez Sarandeses (). Espacios Públicos Urbanos.
Manuel Herce (). Infraestructuras Urbanas.
Aldo Rossi (). La Arquitectura de la Ciudad.
J. Gehl (). La Humanización del Espacio Urbano .

Bibliografía complementaria AAVV (). a+t.
Robert Venturi y AAVV (). Aprendiendo de las Vegas.
A. Falcón (). Espacios Verdes para una Ciudad Sostenible.
AAVV (). La Calle. Diseño para peatones y ciclistas.
AAVV (). Paisea.
D. Boeminhaus (). Pavimentos y límites urbanos.
Dieter Printz (). Planificación y Configuración Urbana.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 6/630G01026
Urbanística 4/630G01032
Urbanística 5/630G01042

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 6/630G01026

Materias que continúan o temario
Proxectos 1/630G01001
Proxectos 2/630G01006
Proxectos 3/630G01011
Proxectos 4/630G01016
Urbanística 1/630G01018
Proxectos 5/630G01021

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías