Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Economía da Empresa: Función Financeira Código 650G01008
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
carlos.psanchez@udc.es
Profesorado
Llano Monelos, Pablo de
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
pablo.de.llano@udc.es
carlos.psanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las habilidades básicas precisas para comprende-la problemática financeira da empresa, iniciarse no estudio da teoría financeira e as Finanzas, e manexa-los modelos básicos de traballo.. Preténdese tamén que o alumno adquira un dominio inicial da terminoloxía e xerga financeira, se familiarice coa lóxica financeira, e aprenda a buscar e interpreta-la información relevante.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprende-la problemática financeira da empresa A14
A15
C6
C7
C8
Comprende-la lóxica financeira A10
A11
A13
A18
C4
C8
Coñece-los fundamentos teóricos das finanzas A10
A15
C1
C4
C8
Obtener e interpretar la información económico-financiera A10
A15
A24
C3
C8
Manexa-los modelos financeiros básicos A10
A13
A15
A20
A21
C3
Coñece-la terminoloxía financeira A15
C1

Contidos
Temas Subtemas
A función financeira da empresa Conceptos básicos sobre a empresa e o empresario
Contido da función financeira
O obxectivo financeiro: valor vs. Beneficio, dividendos, etc.
A contorna financeira da empresa
O patrimonio e as rendas da empresa O patrimonio da empresa: o activo e o pasivo. O equilibrio financeiro.
As rendas da empresa: a rendibilidade e o custo do financiamento
Fundamentos de análise financeira
Capital circulante e fondo de rotación
A estrutura financeira da empresa A estrutura financeira e o custo de capital
Fontes de financiamento: características básicas e custo
Decisións de investimento Concepto e clases de investimentos
Métodos contables para a análise de investimentos
Xestión financeira e curto prazo Xestión de tesourería
Xestión de stocks
O risco de creto

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 51 68
Solución de problemas 25 50 75
Proba mixta 1 2 3
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos aspectos básicos dos capítulos
Solución de problemas Traballo práctico do alumno baseado en exercicios, casos e/ou problemas
Proba mixta Proba de avaliación escrita, de contido teórico e práctico

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
Os alumnos poden acudir ás titorías no horario e condicións que sinale cada profesor.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Valorarase o grao de cumprimento dos obxectivos da actividade e o grao de consecución das competencias e habilidades esperadas nos alumnos 30
Proba mixta Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais 70
 
Observacións avaliación

Os
criterios para o cómputo da cualificación son aplicables con total uniformidade
nas "oportunidades" de Xuño e Xullo. Nesta última tamén son
puntuables, coa ponderación sinalada, as actividades persoais dos alumnos.

As tarefas
deben entregarse nas datas, polos procedementos, e cos requisitos de contido
que se sinalen en cada caso; puntuaranse como cero cando se incumpran estas
condicións, e tamén cando sexan desenvolvidas en fraude. O plaxio total ou
parcial terá a interpretación de fraude, coas consecuencias académicas que se
deriven.

Salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e
aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista, e
durante os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas
ou o uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión.

O exame
versa sobre os obxectivos didácticos, competencias e contidos da materia, de
acordo con esta guía e coas indicacións que se realicen durante o curso, e de
conformidade cos tempos de traballo presencial e autónomo que deben render os
alumnos. Caso de se considerar conveniente publicarase un documento de “normas
de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización da
proba.

A
efecto de realiza-los exames, os alumnos poderán servirse dunha calculadora non
programable. As normas de exame poderán preve-la posibilidade de que os alumnos
usen tamén determinado material de apoio, sempre de forma voluntaria. En ningún
caso se permitirá o uso de documentos en formato electrónico nin de material
que vulnere a lexislación sobre propiedade intelectual, en particular de libros
fotocopiados.

Cualificarase
a tódolos alumnos que accedan á aula de exame.

A
efecto de reforza-la igualdade, os exames serán avaliados de forma transversal;
por tanto cada profesor cualificará unha parte do exame de cada alumno.

Para
libera-la materia é preciso que a cualificación do exame sexa igual ou superior
a tres puntos sobre un total de sete. Os alumnos que non cumpran esta condición
terán unha cualificación global igual á do exame.

A comisión de fraude na realización das prácticas, dos exames, ou de calquera outra actividade da materia poderá implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.

A cualificación "non presentado" outorgarase seguindo as
directrices xerais da Facultade: “corresponde
ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación acadada
”.


Fontes de información
Bibliografía básica Suárez, A. (2003). Curso básico de Economía de la Empresa. Un enfoque de organización. Madrid: Pirámide
de Llano, P.; Piñeiro, C. (2012). Dirección financiera. Santiago: Andavira
Piñeiro, C.; de Llano, P. (2010). Dirección Financiera: un enfoque centrado en valor y riesgo. Madrid: Delta
Doldán, F. (2001). Fundamentos de las decisiones financieras empresariales. Santiago: Tórculo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dirección Financeira I/650G01019
Dirección Financeira II/650G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías