Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estatística I Código 650G01009
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Iglesias Vazquez, Emma Maria
Correo electrónico
emma.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Vazquez, Emma Maria
Mourelle Espasandin, Estefania
Correo electrónico
emma.iglesias@udc.es
estefania.mourelle@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A9 Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A11 Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A13 Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A21 Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A23 Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
A24 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Análise de Datos e da Estatística Descriptiva. A1
A9
A11
A13
A21
A23
A24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Coñecer e comprender o manexo das técnicas básicas da Análise de Datos e da Estatística Descriptiva. A9
A11
A13
A21
A23
A24
C3
C6
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades. A1
A9
A13
A21
A23
A24
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Manexar os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades. A13
A21
A23
A24
C3
C6
Comprender e saber aplicar as ferramentas básicas e instrumentos de natureza cuantitativa precisos para a obtención, diagnóstico e análise da información empresarial e o seu entorno económico e social. A1
A13
A21
A23
A24
C1
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TÉCNICAS ESTATÍSTICAS DE DESCRIPCIÓN DE DATOS










- Análise estatística dunha variable

- Análise estatística de dúas variables

- Regresión e correlación

- Series de tempo

- Números índices
TEORÍA DA PROBABILIDADE - Introducción á probabilidade

- Variables aleatorias

- Principais distribucións de probabilidade

- Converxencia e teorema central do límite

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 28 42
Obradoiro 20 40 60
Prácticas a través de TIC 4 8 12
Proba mixta 3 12 15
Aprendizaxe colaborativa 5 15 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerias da materia ...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos e a introducción dalgunhas preguntas dirixidas ós estudiantes.
O obxectivo é introducir ó alumnado nos conceptos da materia, transmitirase así a base de coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, problemas, exposición, debate ou comentario de exercicios, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc..
Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como complemento das sesións maxistrais.

Observación: para contabilizar o tempo que se adicará ó obradoiro, terase en conta que ocasionalmente unha parte dunha hora presencial pode repartirse entre obradoiro e proba oral.
Prácticas a través de TIC Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballarase con apoio do ordenador, e reservarase para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos o recomenda.
De xeito trasversal tamén se introducirá ó alumnado no traballo en Estatística con medios informáticos.
Proba mixta Proba escrita utilizada para avaliacion da aprendizaxe. Nela poderanse combinar diferentes formatos de pregunta como exercicios, preguntas de resposta breve, test, ... O obxectivo final reside en que, proporcionando a resposta esperada, o alumno desenvolva a súa capacidade de razoamento e o profesor conte cun instrumento de avaliación de coñecementos, destrezas, rendemento e habilidades do estudante.
Aprendizaxe colaborativa Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, na resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como a dos restantes membros do grupo.
Adicaranse varias sesións de titorías en grupo (fora das horas habituais de clase) nas que o profesorado da asignatura interactuará cos alumnos para facilitar o desenvolvemento das tarefas, ó tempo que os alumnos expoñen as dúbidas e/ou as dificultades coas que se atopan na realización das mesmas. Deste xeito créase un debate entre eles, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espíritu critico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Nestas horas o profesor atenderá e resolverá as cuestións e dúbidas que o alumnado, de xeito individual ou en grupo, plantexe sobre a materia a medida que esta se vaia desenvolvendo. Trataríanse, especialmente, aspectos relativos á preparación das probas de coñecementos, a elaboración do traballo en grupo, os exercicios prácticos e o manexo das aplicacións informáticas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Durante os diferentes obradoiros desenvolveranse probas e exercicios prácticos de dous tipos.
Exercicios tipo I) Exercicios individuais que os alumnos realizarán a proposta do profesor.
Exercicios tipo II) Exercicios en grupo que se basearán en boletíns proporcionados polo profesor e outras actividades complementarias.
20
Proba mixta Realizaranse dúas probas mixtas. A primeira comprende os temas de Técnicas Estatísticas de Descripción de Datos; a segunda corresponderá ós temas de Teoría da Probabilidade.
70
Aprendizaxe colaborativa Desenvolvemento dun traballo en grupo. 10
 
Observacións avaliación

CUESTIÓNS DE RELEVANCIA


PROBAS MIXTAS. Estas dúas probas parciais considéranse fundamentais na avaliación, polo que será necesario obter un mínimo de 40 puntos (sobre 100) en cada unha delas como requisito para liberalas e superar a asignatura, así como para que computen as restantes actividades que se avalían. 


CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Un alumno que participe en actividades de avaliación con ponderación máxima igual ou superior ó 20% da cualificación final será cualificado coa nota obtida, e non como "non presentado".


GUÍA COMPLEMENTARIA. A comezos do cuatrimeste, os alumnos disporán de normas de curso complementarias e aclaratorias para cada grupo. Nelas proporcionarase información adicional que reflicta, entre outras cuestións, os formatos e contidos das probas de avaliación dos obradoiros, a elaboración do traballo de curso e a cronoloxía das actividades do curso.


 


 


 


Fontes de información
Bibliografía básica Casas Sánchez, J. M. e outros (2006). Ejercicios de estadística descriptiva y probabilidad para economía y administración de empresas. Madrid, Pirámide
Montiel, A. M., Rius, F. e Barón, F. J. (1997). Elementos básicos de Estadística económica y empresarial. Madrid, Prentice Hall
Castillo, I. e Guijarro, M. (2006). Estadística descriptiva y cálculo de probabilidades. Madrid, Pearson Prentice Hall
Esteban García, J. e outros (2004). Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J. e Ruiz-Maya, L. (2004). Estadística I: Probabilidad. Madrid, Thomson
Casas Sánchez, J. M. e outros (2010). Estadística para las ciencias sociales. Madrid, Ed. Centro de Estudios Ramón Areces
Peña, D. (2008). Fundamentos de Estadística. Madrid, Alianza Editorial
Martín-Pliego, F. J. e Ruiz-Maya, L. (2006). Fundamentos de probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J. (2007). Introducción a la Estadística económica y empresarial. Teoría y práctica. Madrid, Thomson
Casas, J. M. e Santos, J. (2002). Introducción a la Estadística para la administración y dirección de Empresas. Madrid, Ed. Centro de Estudios Ramón Areces
Peña, D. e Romo, J. (2003). Introducción a la Estadística para las ciencias sociales. Madrid, McGraw-Hill
Martín-Guzmán, P. e outros (2006). Manual de Estadística: Descriptiva. Madrid, Ed. Civitas
Martín-Pliego, F. J., Montero, J. M. e Ruiz-Maya, L. (2006). Problemas de probabilidad. Madrid, Thomson AC

Bibliografía complementaria (). .
Gonick, L. e Smith, W. (2001). A Estatística ¡en caricaturas!. SGAPEIO e Harper Collins
Pérez Suárez, R. (coord.) (1993). Análisis de datos económicos: Métodos descriptivos. Madrid, Pirámide
García-Carro Peña, B., Sánchez Sellero, M. C. e Martínez Filgueira, X. M. (2003). Curso práctico de probabilidad con aplicaciones económicas. Coruña, Universidade da Coruña
Pérez, C. (2002). Estadística aplicada a través de Excel. Madrid, Pearson Educación
Escuder, R. e Murgui, J. S. (2011). Estadística aplicada: economía y ciencias sociales. Valencia, Ed. Tirant lo Blanch
Arnaldos, F. e outros (2002). Estadística descriptiva para economía y administración de empresas. Madrid, AC
Uriel, E. y Muñiz, M. (1988). Estadística económica y empresarial. Madrid, AC
Casas, J. M. (2000). Estadística I. Probabilidad y distribuciones. Madrid, Ed. Centro de Estudios Ramón Areces
Newbold, P. (1997). Estadística para los negocios y la economía. Madrid, Prentice Hall
Peña, D. (2000). Estadística. Modelos y métodos: I. Fundamentos. Madrid, Alianza
Peralta Astudillo, M. J. e outros (2007). Estadística. Problemas resueltos. Madrid, Pirámide
Cao Abad, R. e outros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones . Madrid, Pirámide
Canavos, G. C. (1988). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y métodos. México, McGraw-Hill
Sanz, J. A. e outros (1996). Problemas de Estadística descriptiva empresarial. Barcelona, Ariel
Riobóo, J. M. e Pío del Oro, C. (2000). Representaciones gráficas de datos estadísticos. Madrid, AC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística II/650G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/650G01010

Materias que continúan o temario

Observacións

CONDICIÓNS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Se durante a realización da proba se detecta que un alumno posúe ó seu alcance un dispositivo destas características, considerarase que o emprega con ánimo de fraude e será de aplicación a normativa vixente.

IDENTIFICACIÓN DOS ESTUDANTES. Antes da entrada ou ó longo da realización dos exames, poderase requerir a identificación dos estudantes.

NORMATIVA VIXENTE. http://www.udc.es/sobreUDC/documentos/documentacion_xeral/normativa_academica/normativa_avaliacions_cualificacions_reclamacions.html

http://www.udc.es/sobreUDC/documentos/documentacion_xeral/normativa_academica/estatuto_estudantado.html

http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sobreUDC/documentos/documentacion_xeral/normativa_academica/estatuto_estudante_universitario_g.pdf

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías