Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Informática Aplicada á Empresa Código 650G01020
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
angeles.saavedra.places@udc.es
Profesorado
Gonzalez Soto, Julio
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
julio.soto@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web http://docencia.lbd.udc.es/iae-grao
Descrición xeral Fundamentos da informática, conceptos relacionados co contorno empresarial: codificación da información, sistemas e formatos de arquivo; funcionamento básico dun computador e os principais compoñentes hardware; o software: os sistemas operativos e as linguaxes de programación; introdución á organización da información, as bases de datos; redes de computadores, protocolos de redes, Internet.

Ferramentas informáticas básicas para a xestión empresarial: fundamentalmente, follas de cálculo, mais tamén outras ferramentas ofimáticas e introdución ás bases de datos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A20 Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Asimilar os conceptos básicos da informática e o seu vocabulario, para acadar a capacitación suficiente para a dirección dos desenvolvementos informáticos da empresa. A5
A20
C3
C6
C8
Adquirir coñecementos sobre os aspectos xerais do funcionamento dun computador. A5
A20
C3
C6
C8
Coñecer as bases do software, os sistemas operativos, as linguaxes de programación e os compiladores e intérpretes. A5
A20
C3
C6
C8
Introducirse na construción de algoritmos. A5
A20
C3
C6
C8
Adquirir coñecementos de redes de ordenadores e, especialmente, de Internet. A5
A20
C3
C6
C8
Ser capaz de usar con soltura sistemas operativos de computadores personales (Windows ou Linux). A5
A20
C3
C6
C8
Ser capaz de usar as ferramentas ofimáticas máis estendidas no mundo empresarial, fundamentalmente follas de cálculo. A5
A20
C3
C6
C8
Manterse motivado para profundizar na informática como ferramenta imprescindíbel para o desempeño da profesión. A5
A20
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos da informática: conceptos relacionados co contorno empresarial Codificación da información
Sistemas e formatos de arquivo
O hardware
Funcionamento básico dun computador
Principais compoñentes do hardware
O software Sistemas Operativos
Linguaxes de Programación
As redes de computadores Protocolos de redes
Internet
Introdución á organización da información Bases de datos
Ferramentas informáticas básicas na xestión empresarial As follas de cálculo: Excel
Introdución aos sistemas xestores de bases de datos: Access

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 40 57
Prácticas a través de TIC 25 30 55
Solución de problemas 4 0 4
Traballos tutelados 0 30 30
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que presentarán contidos teóricos combinados coa realización de exercicios prácticos.
Prácticas a través de TIC Impartiranse aulas prácticas, nas que se traballará cos computadores das aulas de informática do centro.
Solución de problemas Resolveranse as dúbidas xurdidas dos problemas propostos tanto nas aulas prácticas como nas teóricas. Tamén se fará un seguimento do desenvolvemento dos traballos tutelados.
Estas aulas celebraranse fóra do horario establecido para a materia. As datas e horas exactas estableceranse durante o curso e quedarán publicadas na páxina web da materia.
Traballos tutelados Proporanse traballos que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados na páxina web da materia.
Proba mixta Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
É por iso que se planifica un tempo fixo de atención personalizada para cada persoa fóra das aulas presenciais aparte do que precisen nas propias aulas e durante a realización dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. 70
Prácticas a través de TIC Farase unha avaliación continua valorando cuantitativa e cualitativamente o traballo que o/a alumno/a faga cada día.
É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia.
20
Traballos tutelados Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. A data de entrega marcarase durante o curso. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. ria. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso superar cada unha das tres probas de que consta a avaliación (isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada proba). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

De non superar a materia na primeira oportunidade, o/a alumno/a será avaliado, por escrito, das partes non liberadas, na proba mixta de xullo. 

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.


Fontes de información
Bibliografía básica Prieto Espinosa, A., Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. Editorial McGraw-Hill
Cernuda, A., Gayo, D. A., Cueva, J. L. et al (2001). Fundamentos de Informática General. Oviedo. Publicaciones de la Universidad de Oviedo
Pascual, F. (2000). Guía de campo de Microsoft Excel 2000. Editorial RA-MA
López-Hermoso, J. et al (2000). Informática aplicada a la gestión de empresas. Madrid. ESIC Editorial
Casas, J. (2002). Informática para Gestores y Economistas. Madrid. Ediciones Anaya Multimedia
Llovet, J. V. (2000). Internet. Curso de Introducción. Ediciones de la Universidad de Alcalá de Henares
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson / Prentice Hall
Prieto Espinosa, A., Lloris Ruiz, A., Torres Cantero (2006). Introducción a la Informática. Editorial McGraw-Hill
Martin, M., Hasen, S., Kling, B. (2000). La biblia de Excel 2000. Ed. Anaya Multimedia

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías