Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A5 |
Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A20 |
Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Asimilar os conceptos básicos das bases de datos para mellorar a capacidade de dirección dos desenvolvementos informáticos da empresa. |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Coñecer os fundamentos dos Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD) |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Coñecer e entender as estruturas, restricións e operacións básicas do modelo relacional. |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Ser capaz de crear, alimentar e consultar unha base de datos previamente deseñada utilizando SQL en modo interactivo. |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Entender a necesidade de deseñar modelos conceptuais; coñecer e ser capaz de utilizar o modelo ER. |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Aprender a racionalizar e reflectir formalmente as necesidades de almacenamento de información da empresa para poder realizar unha organización dos datos que permita o seu uso eficiente. |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Coñecer a existencia doutros modelos distintos do relacional. |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Coñecer as bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial (Data mining, Data warehouse e OLAP) |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Manterse motivado para profundizar na informática como ferramenta imprescindíbel para o desempeño da profesión. |
A5 A20
|
|
C3 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución ás bases de datos |
As bases de datos relacionais.
Os Sistemas Xestores de Bases de Datos. |
O modelo relacional |
Definición de relación.
Dominios e atributos.
Claves.
Restricións de integridade. |
Linguaxe de consulta de bases de datos: SQL |
Sentencias de consulta.
Sentencias de definición e actualización. |
Deseño conceptual de bases de datos |
Introdución ao Modelo Entidade-Relación.
Metodoloxía de deseño de bases de datos. |
As bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial. |
Bases de datos multidimensionais, Data mining, Data warehouse e OLAP. |
Creación e explotación de bases de datos nun SGBD: Microsoft Access |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
17 |
40 |
57 |
Prácticas a través de TIC |
25 |
30 |
55 |
Solución de problemas |
4 |
0 |
4 |
Traballos tutelados |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos combinados coa realización de exercicios prácticos. |
Prácticas a través de TIC |
Impartiranse aulas prácticas, nas que se traballará cos computadores das aulas de informática do centro. |
Solución de problemas |
Resolveranse as dúbidas xurdidas dos problemas propostos tanto nas aulas prácticas como nas teóricas. Tamén se fará un seguimento do desenvolvemento dos traballos tutelados.
Estas aulas celebraranse fóra do horario establecido para a materia. As datas e horas exactas estableceranse durante o curso e quedarán publicadas na páxina web da materia. |
Traballos tutelados |
Proporanse traballos que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados na páxina web da materia. |
Proba mixta |
Realizarase un exame escrito que conterá preguntas curtas, preguntas test e exercicios sobre os contidos das aulas de teoría e prácticas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos referentes á materia, como en canto ás habilidades para racionalizar e organizar formalmente necesidades de almacenamento de información.
É por iso que se planifica un tempo fixo de atención personalizada, tanto en grupo como individual, aparte do que precisen nas propias aulas e durante a solución de problemas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
Farase unha avaliación continua valorando cuantitativa e cualitativamente o traballo que o/a alumno/a faga cada día. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. |
15 |
Traballos tutelados |
Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. A data de entrega marcarase durante o curso. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. |
15 |
Proba mixta |
Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é preciso superar cada unha das tres probas de que consta a avaliación (isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada proba). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a
cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0. De non superar a materia na primeira oportunidade, o/a alumno/a será avaliado, por escrito, das partes non liberadas, na proba mixta de xullo. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos . Madrid: Addison-Wesley
Rivero, E., Martinez, L., Reina, L., Benavides, J. y Olaizola, J. (2002). Introducción al SQL para Usuarios . Madrid: Thomson |
|
Bibliografía complementaria
|
Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma
Piattini, M. G.; Marcos, E.; Calero, C.; Vela, B. (2006). Tecnología y diseño de Bases de Datos. Madrid: Ra-ma |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|