Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Aspectos básicos para a avaliación e o diagnóstico das alteracións da voz Código 652498018
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Garcia Real, Teresa Juana
Correo electrónico
teresa.greal@udc.es
Profesorado
Garcia Real, Teresa Juana
Correo electrónico
teresa.greal@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Os estudiantes saberán aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados na avaliación da linguaxe oral..
A2 Os estudiantes poderán levar a cabo a avaliación de trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
B3 Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C1 Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida.
C3 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
XERAIS DA MATERIA É capaz de recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, os trastornos do espectro autista; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe. Pode describir cales son os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. É capaz de aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados nas alteracións específicas da linguaxe e a comunicación. É capaz de realizar unha avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención; os trastornos do espectro autista; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe. É capaz de redactar un informe de avaliación correcto e adaptado ao seu destinatario. É capaz de realizar unha avaliación tras un proceso de intervención. É capaz de seleccionar e aplicar recursos das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións relacionados coa avaliación da linguaxe oral. É capaz de deseñar instrumentos de recollida de información en programas de intervención en linguaxe e comunicación. AP1
AP2
BP3
BP4
CP1
CP3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Principios de valoración multidisciplinar da voz. . Objetivos.
. Recursos materiasis e humanos dispoñibles.
. Vantaxas de elaborar protocolos de avaliacion.
Tema 2: Anamnese vocal. . Aspectos clínicos, etiolóxicos e laborais.
. Escalas de avaliación: Voice Handicap Index e outros cuestionarios.
Tema 3: Valoración acústica e perceptiva da voz. a. Nocións básicas de física acústica para a análise da voz.
b. Análise perceptiva da voz: escalas dispoñibles.
c. Análises acústicas: programas acústicos dispoñibles, parámetros acústicos, valores de referencia e metodoloxía para o seu rexistro.
d. Interpretación de resultados.
e. Aplicación práctica con análise de voz a través dos programas:MDVP, Real Time Pich, Espectrograma, Sona-match, etc.
Tema 4: Valoración aerodinámica e biomecánica da voz. . Instrumentos dispoñibles e probas a realizar.
. Aerophone e electroglotografía.
Tema 5: Exploración visual da larinxe: principios, aplicación e principais. . Principios, aplicación e principais instrumentos.
. VIdeolaringoestroboscopia y High speed video.
Tema 6. Protocolos específicos para as Disfonías. . Funcionais.
. Parálises vocais.
. Larinxectomías.
. Disodeas.
Tema 7. Bases metodolóxicas para a investigación nas alteracións da voz. . Obxectivos.
. Deseños: tipos e características.
. Metodoloxia para o rexistro.
. Principais bases de datos para revisións teóricas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17.5 15.75 33.25
Lecturas 8 8 16
Portafolios do alumno 11 22 33
Traballos tutelados 0.75 4.5 5.25
Obradoiro 20 0 20
Discusión dirixida 3 0 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Lecturas Haberá un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos
Portafolios do alumno En clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso.
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo.
Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
Obradoiro Nas horas prácticas o alumno realizará varios obradoiros: anamnese vocal (por parellas), valoración acústica, visualización de videos, confección de protocolos específicos de voz e por último un obradoiro de investigación.
Discusión dirixida Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
En el trabajo tutelado los alumnos disponen de horas de tutorias para resolver dudas en la confección de la memoria y trabajo tutelado grupal.
Durante las sesiones de práctica clínica y estudio de casos la profesora atenderá las cuestiones y dudas existentes.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Para a súa avaliación o alumno rexistrará nun portafolios todos os datos derivados da realización dos obradoiros previstos. 30
Sesión maxistral Os coñecementos teóricos serán avaliados mediente proba de resposta breve ou elección múltiple. 30
Lecturas O alumno deberá presentar a discusión e reflexións destas nun portafolios. 10
Traballos tutelados Seguiranse as directrices que foron explicadas na metodoloxía. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario que o alumno/a consiga un 5 en cada unha das partes que compoñen a avaliación (valorando de 0-10 a cada unha delas).


Fontes de información
Bibliografía básica

Andrews, M. (1999). Manual of voice treatment. Pediatrics trhrough geriatrics. 2ª Ed. San Diego: Singular Publising Group.

Berckhan, B, Krause, C y Róder, U. (2008). El arte de hablar en público: cómo ganar respeto con serenidad. Madrid: Santillana.

Bustos Sánchez I, (2003) La voz. La técnica y la expresión., Barcelona. Paidotribo.,

Heuillet-Martin, G y Garson-Bavard H. y Legré A. (2003). Una voz para todos. La voz normal y cómo optimizarla. Tomo 1. Barcelona: Solal.

Hirano, M. y Bless D. (1993). Videostroboscopic examination of the larynx. San Diego: Singular Publishing Group.

Irwin, D, Pannbacker, M y Lass, N (2007). Clinical research methods in speech-language pathology and audiology. San Diego: Singular Publishing Group.

Jackson Menaldi (2005). La voz normal. Buenos Aires: Médica Panamenrica.

Jackson Menaldi (2002). La voz patológica. Buenos Aires: Médica Panamericana.

Le Huche, F y Allali, A. (2004). La voz: Terapéutica de los trastornos vocales. 2ª edición. Barcelona: Masson.

Perelló, J. (1982): Canto y dicción. Barcelona: Científico Médica.

Perelló J. y Slavá, J.A. (1980).:Alteraciones de la voz. Barcelona: Científico Médica.

Navarro Tomás, T. (1999). Manual de Pronunciación española. Madrid: CSIF.

Núñez Batalla , F. y Suárez Nieto, C. (1999). Espectrografía de la voz. Oviedo: Universidad de Oviedo. Servicio de Publicaciones.

Rubín, J; Sataloff, R. y Korovín, G. (2006). Diagnosis and Treatment of voice disorders. 3º Edición. San Diego: Singular Publishing Group.

Sataloff, R.T (1991). Professonal vocice: The science and art of clinical care. New York: Paven Press.

Studer, J. (1996). Oratoría, el arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El drac.

Revistas:

Journal of Voice. EEUU.

Larygoscope. EEUU.

Journal of Speech and Hearing Research (ASHA). EEUU.

Revista Española de Logopedia, Foniataría y Audiología (AELFA). España.

Journal of Acoustical Society of América. EEUU.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Intervención nas alteracións da linguaxe. fala. audición e voz: da teoría á práctica clínica/652498029

Materias que continúan o temario

Observacións

Se recomienda llevar ordenador a clase, especialemente para los obradoiros.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías