Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Avaliación dos trastornos da linguaxe e audición desde a práctica clínica Código 652498021
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 1.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Mayor Cinca, Mª Ángeles
Correo electrónico
mayor@usal.es
Profesorado
Gorospe Arocena, José Manuel
Mayor Cinca, Mª Ángeles
Vicente , Conrado
Correo electrónico
jmgoroaro@gmail.com
mayor@usal.es
conrad@usal.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Os estudiantes saberán aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados na avaliación da linguaxe oral..
A2 Os estudiantes poderán levar a cabo a avaliación de trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
B3 Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C1 Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida.
C3 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
XERAIS DA MATERIA Poden describir coherentemente as bases biolóxicas, anatómicas e neuropsicolóxicas dos problemas da linguaxe e a comunicación.Poden informar sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da linguaxe e a comunicación.Son capaces de recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociadas a déficit auditivas e visuais, o déficit de atención, os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe.Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. AP1
AP2
BP3
BP4
CP1
CP3

Contidos
Temas Subtemas
Prof. José Manuel Gorospe Arocena
1.- Introdución. Obxectivos da avaliación na práctica clínica.
2.- Avaliación audiológica no neno e no adulto. Probas subxectivas e obxectivas. Audiometría verbal. Escalas funcionais.
3.- Valoración da minusvalidez nos trastornos da linguaxe, fala, voz e audición. Aplicación da Clasificación internacional do funcionamento e a minusvalidez da OMS (CIF).
Prof. Conrado Vicente y profra. Mª Angeles Mayor
4.- A avaliación cognitiva. Necesidade da avaliación cognitiva nos trastornos da linguaxe e a audición. Características xerais da avaliación cognitiva en alumnos de educación.
5.- Avaliación do fala e da linguaxe. Características xerais da avaliación lingüística en alumnos con problemas da linguaxe e a audición. Procedementos de avaliación.
6.- O informe de avaliación.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 3 5 8
Lecturas 2 4 6
Discusión dirixida 3 0 3
Obradoiro 4 7 11
Portafolios do alumno 0 3 3
Traballos tutelados 1 1 2
Proba obxectiva 1 3 4
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a
Obradoiro A materia considera a realización de prácticas na aula. Estas realizaranse en formato de taller.
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
Proba obxectiva Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral 10
Lecturas 10
Discusión dirixida 10
Portafolios do alumno 40
Proba obxectiva 20
Traballos tutelados 10
 
Observacións avaliación

A
avaliación realizarase de forma individualizada en cada unha das materias do máster. A
avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento
de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame
que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes
nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas,
presentacións, traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios
contestados, etc. Este portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado
queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases
presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada profesor
avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes
empregadas, en os créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será
o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A
cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que
imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva,
preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do
portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total
asignada ao portafolios. O resto da cualificación virá determinada polos
criterios seguintes: Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de
lecturas e traballos tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en
actividades prácticas e tutorías:10%


Fontes de información
Bibliografía básica

MILLER, J. F. (1986). Evaluación de la conducta lingüística en los niños. En : Schiefelbusch, R.L. : “Bases de la intervención en el lenguaje”. Madrid. Alhambra Universidad.

 

MAYOR, M. A. (1994) Evaluación del lenguaje oral. En : Verdugo, M. A. (Dir) : “Evaluación curricular, una guía para la intervención psicopedagógica”. Madrid. Siglo XXI de España Editores.

 

VALMASEDA, M. (1995). La evaluación y tratamiento en las deficiencias auditivas. En Verdugo, M.A. (Dir) : “Personas con discapacidad”. Madrid. Siglo Veintiuno de España Editores.

 

VALMASEDA, M. (1997). La evaluación cognitiva de los niños y jóvenes sordos. Rev. FIAPAS, nº 54. Enero-Febrero. Madrid

 

PUYUELO, M. (1995). Revisión sobre los procedimientos de evaluación del lenguaje, historia y actualidad de los métodos de evaluación.  Rev. Logop. Fon. Audiol., vol. XV, 2, pgs. 76-93

 

PUYUELO, M. y COLS (2000). Evaluación del lenguaje. Barcelona. Masson

 

TRIADO, C. ; FORNS, M. (1989). La evaluación del lenguaje. Una aproximación evolutiva. Barcelona. Anthropos.

 

PUYUELO, M. y OTROS (2002) Intervención del lenguaje. Metodología y recursos educativos. Aplicaciones específicas a la deficiencia auditiva. Barcelona. Masson

 

TORRES, S. ; RODRIGUEZ, J. M. ; SANTANA, R. ; GONZALEZ, M. A. (1995). Deficiencia auditiva, aspectos  psicoevolutivos y educativos. Málaga, Aljibe

 

SILVESTRE BENACH, N. (1998). “Desarrollo cognitivo en el alumnado sordo”. En Silvestre Benach, N. (Coord.) (1998).  Sordera. Comunicación y aprendizaje. Masson, S.A. Barcelona


WECHSLER, D. (2005). Escala de Inteligencia de Wechsler para niños (WISC-IV)
 Adaptación española. TEA Ediciones, S. A. Madrid

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías