Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A3 |
Os alumnos/as saberán realizar a avaliación das dificultades de lectura e de trastornos específicos da linguaxe escrita. |
B3 |
Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B4 |
Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade. |
C1 |
Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida. |
C3 |
Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
XERAIS DA MATERIA
Poden informar por escrito sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición das alteracións da lecto-escritura.
Son capaces de recoñecer e discriminar os trastornos específicos da linguaxe escrita e as dificultades de lectura.
Poden informar sobre os principios xenerais da avaliación e diagnóstico nas alteracións da lecto-escritura.
Son capaces de seleccionar e aplicar as técnicas de avaliación e diagnóstico máis apropiadas para avaliar a aprendizaxe lecto-escritor.
Poden describir os procesos cognitivo-lingüísticos implicados na actividade de lectura.
Son capaces de realizar este tipo de avaliación no caso de nenos con deficiencia auditiva.
Poden reflexionar sobre o estado do coñecemento no ámbito da avaliación da lecto-escritura, os seus problemas e perspectivas.
|
AP3
|
BP3 BP4
|
CP1 CP3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.-Cognición, linguaxe e lectura: Procesos e desenvolvemento |
|
2.-Modelo colaborador de avaliación da linguaxe escrita |
|
3.-Avaliación da conciencia fonolóxica na primeira infancia |
|
4. -Competencia lectora e zona de desenvolvemento próximo |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
6 |
10 |
16 |
Lecturas |
3 |
9 |
12 |
Discusión dirixida |
6 |
0 |
6 |
Obradoiro |
8 |
15 |
23 |
Portafolios do alumno |
0 |
6 |
6 |
Traballos tutelados |
1 |
3 |
4 |
Proba obxectiva |
1 |
6 |
7 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia |
Lecturas |
Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas |
Discusión dirixida |
A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a |
Obradoiro |
A materia considera a realización de prácticas na aula. Estas realizaranse en formato de taller. |
Portafolios do alumno |
En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso |
Traballos tutelados |
Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre |
Proba obxectiva |
Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación. |
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
|
10 |
Lecturas |
|
10 |
Discusión dirixida |
|
10 |
Portafolios do alumno |
|
40 |
Proba obxectiva |
|
20 |
Traballos tutelados |
|
10 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación será continua e
incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada
actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar).
Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por
materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións,
traballos realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en
todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a
súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar
probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa
cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu
peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase
(por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
-BRADY, S.A. y SHANKWEILER, D.P. (1991) Phonological
Processes in Literacy. LEA -BRAVO
VALDIVIESO, L. (2004) La conciencia fonológica como una posible “zona de
desarrollo próximo” para el aprendizaje de la lectura inicial. Revista
Latinoamericana de Psicología, 36, 21-32 -CRUZ, A. (2001) El TEL y la dislexia ¿una relación
causa-efecto? En E. Mendoza (coord.):
Trastorno específico del lenguaje. Madrid: Pirámide -DEFIOR, S. y SERRANO, F.(2011) La conciencia fonémica,
aliada de la adquisición del lenguaje. Rev.
de Logopedia, Foniatría y Audiología, 31, (1):2-13 -FERNÁNDEZ, M.L., PERALBO, M.,
MAYOR, M.A., ZUBIAUZ, B., y TUÑAS, A. (2008) Efectos delSistema de Reconocimiento de Voz en los inicios del aprendizaje de
la lectura Estudios de
desarrollo del lenguaje y educación,
32, 349-356 . Aula Abierta:
Universidad de Oviedo ICE -SELLES,P.(2006) Estado actual de la evaluación
de los predictores y las habilidades relacionadas |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|