Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Intervención nas alteracións da linguaxe. fala. audición e voz: da teoría á práctica clínica Código 652498029
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Garcia Real, Teresa Juana
Mayor Cinca, Mª Ángeles
Correo electrónico
teresa.greal@udc.es
mayor@usal.es
Profesorado
Barrios Sánchez, Pablo
Garcia Real, Teresa Juana
Gorospe Arocena, José Manuel
Martín Martín, Eliseo
Mayor Cinca, Mª Ángeles
Sánchez-Mollón , Carmen
Correo electrónico
pbarrios1@hotmail.com
teresa.greal@udc.es
jmgoroaro@gmail.com
emartinma@upsa.es
mayor@usal.es
csmollon@camelotsalamanca.com
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Os estudiantes coñecerán as características diferenciales da intervención na linguaxe e na comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
A5 Os alumnos/as saberán realizar unha intervención nos trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C2 Os alumnos/as entenderán a importancia da cultura emprendedora e coñecerán os medios ó alcance das persoas emprendedoras.
C3 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
XERAIS DA MATERIA Poden informar sobre os principios xenerais da intervención nas dificultades da linguaxe e a comunicación. Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. Son capaces de aplicar os modelos e as técnicas de intervención. Poden describir as características diferenciais da intervención na linguaxe e a comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial. Son capaces de realizar unha intervención en trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo y as inhibicións da linguaxe. Son capaces de facer unha planificación estratéxica da intervención na área da linguaxe e a comunicación. Posúen os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. AP4
AP5
BP2
BP4
CP2
CP3

Contidos
Temas Subtemas
Prof. Teresa García Real
Tema 1. Fundamentos básicos da Terapia vocal. Principios
Indicacións e limitacións
Enfoques terapeúticos e perfil do terapeuta
Tema 2: Intervención vocal nas Disfonías funcionais: Postura e xesticulación corporal, respiración. Postura e xesticulacón corporal
Respiración, fonación, impostación e articulación
Adestramentao práctico dos recursos terapeuticos
Tema 3: Intervención vocal específica nas Disfonías orgánicas. Parálise vocal, larinxectomías. Adestramento práctico.
Tema 4. Intervención na voz profesional: a. Principios de oratoria.
b. Técnicas vocais para o canto e adestramento práctico da voz cantada.
c. Técnicas para falar en público e mellorar a exposición oral. Adestramento práctico de recursos corporais e vogais para a voz falada.
Tema 5: Programación de casos clínicos. Ordenación de datos, obxectivos, metodoloxía, aplicación de recursos terapéuticos e confección de informes.
Tema 6. Bases metodolóxicas para a investigación na terapia de voz: Obxectivos, deseños e probas estatísticas máis utilizadas.
Prof. Mª. Ángeles Mayor Cinca
Tema 7. Intervención en trastornos específicos da linguaxe na infancia
Grupo da Unidade de Foníatría, Logopedia e Audioloxía do Hospital Universitario de Salamanca:
Prof. Pablo Barrios Sánchez
Tema 8. Rehabilitación en trastornos da fala Introducción.
Disglosia. Definición e clasificación. Abordaxe xeral.
Disartria. Definición e clasificación. Rehabilitación.
Disfemia. Rehabilitación en nenos. Rehabilitación en adultos. Técnicas específicas de control da fala
Prof. José Manuel Gorospe Arocena
Tema 9. Aspectos básicos da deficiencia auditiva Definición e consecuencias da deficiencia auditiva no nenoe no adulto.
Prótesis auditivas e Implante coclear.
Tema 10. Rehabilitación audiolóxica en adultos con deficiencia auditiva. Elementos da rehabilitación audiolóxica.
Entrenamento auditivo e da comunicación.
A discapacidade como obxetivo nos programas de rehabilitación audiolóxica.
Prof. Eliseo Martín Martín
Tema 11. Orientación e estratexias de intervención en nenos con deficiencia auditiva. O neno deficiente auditivo portador de Implante Coclear. Consideracións xerais.
Criterios de selección e factores diferenciadores e de prognóstico.
Rehabilitación e intervención pedagóxica.
Programa de adestramento auditivo.
Prof. Carmen Sánchez Mollón
Tema 12.- La afasia - Definición
- Semioloxía
- Manifestacións que acompañan á afasia
- Formas clínicas de afasia
Tema 13.- Rehabilitación da afasia - Pautas xerais sobre a rehabilitación nas afasias
- Rehabilitación da sintomatoloxía nas afasias

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 9 18 27
Lecturas 6 6 12
Portafolios do alumno 0 15 15
Traballos tutelados 1 15 16
Obradoiro 6.5 0 6.5
Estudo de casos 14 14 28
Discusión dirixida 3 3 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas.
Para a Prof. Carmen Sánchez Mollón será de lectura obrigatoria:
Capítulo IX "Consideracións Xerais sobre a rehabilitación das afasias e trastornos asociados", En - Pena Casanova. J. e Pérez Pamies, Masón.: Rehabilitación das afasias e trastornos asociados. Masson, 1984
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso.
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo.
Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
Obradoiro Os 2 créditos impartidos pola profesora Teresa García Real serán completamente prácticos e desenvolveranse en forma de taller.
A parte práctica da prof.a Carmen Sánchez Mollón consistiá en:

1.- Presentación de casos clínicos (Historia clínica)
2.- Elaboración do programa inicial de rehabilitación (por grupos de alumnos)
3.- Exposición e debate,
Estudo de casos A parte práctica impartida polo prof. Eliseo Martín consistirá en:

Presentación de caso moi representativo de neno con implante coclear.
Cuestionario para o traballo en grupo sobre a presentación realizada.
Exposición e comentario sobre as respostas achegadas no cuestionario.
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos 10
Discusión dirixida 10
Obradoiro 10
Sesión maxistral 10
Lecturas 10
Portafolios do alumno 40
Traballos tutelados 10
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase de forma individualizada
en cada unha das materias do máster. A avaliación será continua e incluirá unha
valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade
realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas
actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel
os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este
portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en
todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a
súa supervisión e cualificación. Cada profesor avaliará as actividades
realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en os créditos que
teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar
probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa
cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu
peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes: Asistencia a clase
(por enriba do 80%): 10% Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA PROF. TERESA GARCÍA REAL

Andrews, M. (1999). Manual of voice treatment. Pediatrics trhrough geriatrics. 2ª Ed. San Diego: Singular Publising Group.

Berckhan, B, Krause, C y Róder, U. (2008). El arte de hablar en público: cómo ganar respeto con serenidad. Madrid: Santillana.

Bustos Sánchez I, (2003) La voz. La técnica y la expresión., Barcelona. Paidotribo.,

Heuillet-Martin, G y Garson-Bavard H. y Legré A. (2003). Una voz para todos. La voz normal y cómo optimizarla. Tomo 1. Barcelona: Solal.

Hirano, M. y Bless D. (1993). Videostroboscopic examination of the larynx. San Diego: Singular Publishing Group.

Irwin, D, Pannbacker, M y Lass, N (2007). Clinical research methods in speech-language pathology and audiology. San Diego: Singular Publishing Group.

Jackson Menaldi (2005). La voz normal. Buenos Aires: Médica Panamenrica.

Jackson Menaldi (2002). La voz patológica. Buenos Aires: Médica Panamericana.

Le Huche, F y Allali, A. (2004). La voz: Terapéutica de los trastornos vocales. 2ª edición. Barcelona: Masson.

Perelló, J. (1982): Canto y dicción. Barcelona: Científico Médica.

Perelló J. y Slavá, J.A. (1980).:Alteraciones de la voz. Barcelona: Científico Médica.

Navarro Tomás, T. (1999). Manual de Pronunciación española. Madrid: CSIF.

Núñez Batalla , F. y Suárez Nieto, C. (1999). Espectrografía de la voz. Oviedo: Universidad de Oviedo. Servicio de Publicaciones.

Rubín, J; Sataloff, R. y Korovín, G. (2006). Diagnosis and Treatment of voice disorders. 3º Edición. San Diego: Singular Publishing Group.

Sataloff, R.T (1991). Professonal vocice: The science and art of clinical care. New York: Paven Press.

Studer, J. (1996). Oratoría, el arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El drac.

Revistas:

Journal of Voice. EEUU.

Larygoscope. EEUU.

Journal of Speech and Hearing Research (ASHA). EEUU.

Revista Española de Logopedia, Foniataría y Audiología (AELFA). España.

Journal of Acoustical Society of América. EEUU.

BIBLIOGRAFÍA PROF. ELISEO MARTÍN MARTIN

Datta, G. y col. 2006. Implante coclear en los primeros años de vida: los primeros pasos. Pamplona.Cínica Universitaria de Navarra.

Datta, G. y Harrigan, S. 2007. Implantes cocleares para niños pequeños sordos: las primeras palabras. Pamplona. EUNSA.

Furmanski, M. H. (2003). Implantes cocleares en niños: Rehabilitación auditiva y terapia auditivo verbal. Barcelona: Neux Ediciones.

Huarte, A. (1991). Guía de rehabilitación del Implante Coclear en niños. Pamplona: Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Navarra.

Juarez, A. y Monfort, M. (2001). Algo que decir. Hacia la adquisición del lenguaje: Manual de Orientación para los padres de niños con sordera, de 0 a 5 años. Madrid: Ed. Entha Ediciones.

Manrique, M. y Huarte, A. (2002). Implantes Cocleares. Barcelona: Ed. Massón. 

BIBLIOGRAFÍA PROF. CARMEN SÁNCHEZ MOLLÓN

 Arango Lasprilla, J.C.: Rehabilitación neurpsicológica. Manual Moderno, 2006  

Bruna Irabassa, O. : Rehabilitación Neurospsicológica: Intervención y práctica clínica. Masson, 2012  

Catalá, ., Gallego, M. y Talavera, M.: Logos, Material para la rehabilitación de las afasias y otras alteraciones del lenguaje. Lébon.  

Christensen, A-L. El diagnóstico neuropsicológico de Luria. Visor Libros. 1987  

Ducarne de Ribaucourt, B.: Reeducación semiológica de las afasias, traducción al español. Masson S.A 1989. Barcelona.  

González Lázaro, P., González Ortuño, B.: De la teoría a la práctica. Panamericana. 2005  

Helm Estabrooks, A.: Manual de la afasia y de la terapia de la afasia. Panamericana, S.A, 2005  

Lobos, E., del Río, M., Zabala, K. Y J.L Nespoulous. : Protocolo Montreal- Toulouse. Buenos Aires del examen lingüístico de la afasia. Akadia.  

Peña Casanova,. J. y  Pérez Pamies, Masón.: Rehabilitación de las afasias y trastornos asociados. Masson, 1984.  

Perelló Gilbergá, j.: Diccionario de Logopedia, Foniatría y Audiología. Lébon, S.L. 2007  

Schuell, HM.:Afasias en el adulto según Schuell. Diagnóstico, Pronóstico y Tratamiento.Panamericana. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías