Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Prevención das dificultades lecto-escritoras no ámbito educativo Código 652498034
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Zubiauz , Begoña
Correo electrónico
bzubiauz@usal.es
Profesorado
Mayor Cinca, Mª Ángeles
Zubiauz , Begoña
Correo electrónico
mayor@usal.es
bzubiauz@usal.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Os estudiantes coñecerán as características diferenciales da intervención na linguaxe e na comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
A6 Saberán realizar unha intervención nas dificultades de lectura e dos trastornos específicos da linguaxe escrita.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C2 Os alumnos/as entenderán a importancia da cultura emprendedora e coñecerán os medios ó alcance das persoas emprendedoras.
C3 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
XERAIS DA MATERIA Poden describir coherentemente as bases biolóxicas, anatómicas e neuropsicolóxicas dos problemas da linguaxe e a comunicación.Poden informar sobre a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da linguaxe e a comunicación.Son capaces de recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociadas a déficit auditivas e visuais, o déficit de atención, os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe.Poden describir as funcións da Intervención na área da linguaxe e a comunicación: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento AP4
AP6
BP2
BP4
CP2
CP3

Contidos
Temas Subtemas
1.-Da linguaxe oral á linguaxe escrita
2.-Promoción da conciencia fonolóxica na primeira infancia
3.-A aula como espazo de intervención

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 6 10 16
Lecturas 3 9 12
Discusión dirixida 6 0 6
Obradoiro 8 15 23
Portafolios do alumno 0 6 6
Traballos tutelados 1 3 4
Proba obxectiva 1 6 7
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a, 2. - Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins), 3. - Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media): 1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a, 2. - Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos), 3. - Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.
No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema coma para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abranguer ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, abríéndose unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a
Obradoiro A materia considera a realización de prácticas na aula. Estas realizaranse en formato de taller.
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point corresondientes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso
Traballos tutelados Os estudantes non realizarán por cuadrimestre máis dun traballo tutelado. Este computará en todas as materias nas que estea matriculado posto que deberá contemplar as diferentes dimensións tratadas nelas. Todos os profesores/ás implicados actuarán como titores, se ben será o coordinador da titulación quen lle asigne un titor responsable. A relación de estudantes e titores responsables comunicarase a todo o profesorado. Finalizado o traballo todos os titores farán unha valoración (previamente protocolizada para simplificala) que remitirán ao titor responsable quen cualificará o traballo. Dado que en segundo cuadrimestre se acumulan materias, practicum e traballo fin de máster, os estudantes, coa orientación do seu titor e o acordo dos seus profesores poderán abordar un mesmo tema con tres perspectivas. Unha académica para responder á adquisición das competencias fixadas nas materias do plan de estudos. Outra profesional, para responder aos obxectivos do practicum. Unha última investigadora, onde a través da presentación dun proxecto de investigación poderán cumprir os obxectivos do traballo fin de máster. Pódese considerar, polo tanto, como un traballo único con tres partes e tres titores diferentes. Cada un recibirá o traballo completo, se ben cualificará a súa parte dando lugar a tres cualificacións independentes. O traballo deberá estar formalmente divido en tres partes independentes, posto que a parte académica debe ser valorada tamén polo profesorado do segundo cuadrimestre
Proba obxectiva Ao finalizar cada cuadrimestre os estudantes realizarán unha proba de avaliación única. Esta proba terá o formato de proba obxectiva e nela avaliaranse conxuntamente todas as materias. Para configurar a proba e dispor dun arsenal potencial, o profesorado remitirá 5 preguntas por crédito impartido nunha materia. Aos estudantes entregaráselles un cuestionario onde figurarán identificadas as materias coas preguntas que lles corresponden e contestarán só a aquelas nas que estean matriculados. A cualificación obtida en cada materia será remitida ao profesor/a correspondente para que a inclúa na avaliación do estudante. Quen suspendan unha materia recibirán indicacións do seu profesor/a para a súa recuperación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral 10
Lecturas 10
Discusión dirixida 10
Portafolios do alumno 40
Proba obxectiva 20
Traballos tutelados 10
 
Observacións avaliación

A
avaliación realizarase de forma individualizada en cada unha das materias do
máster. A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa
do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as
probas de exame que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas
polos estudantes nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán
todos os esquemas, presentacións, traballos realizados, lecturas, prácticas,
cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará dispoñible sempre que o
profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as
clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada
profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes
empregadas, en os créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será
o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A
cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que
imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva,
preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do
portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total
asignada ao portafolios. O resto da cualificación virá determinada polos
criterios seguintes: Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10% Realización de
lecturas e traballos tutelados: 30% Nivel de rendemento madureza demostrada en
actividades prácticas e tutorías:10%


Fontes de información
Bibliografía básica

-AGUILAR, M, MARCHENA, E., NAVARRO, J., MENACHO, I., y ALCALDE, C. (2011) Niveles de dificultad de la conciencia fonológica y aprendizaje lector. Rev de Logopedia, Foniatria y Audiología, 31 (2) 96-105

-JIMÉNEZ, J. y O´SHANAHAN, I. (2008) Enseñanza de la lectura: de la teoría y la investigación a la práctica educativa. Revista Iberoamericana de Educación, 45/2

-MAYOR, M.A. y ZUBIAUZ, B.(2011). LOLE. Del lenguaje oral al lenguaje escrito. Programa para el desarrollo de la conciencia fonológica y la preparación a la lectura. Madrid: TEA

-ZUBIAUZ, B. y MAYOR, M.A. (2008) Mejorando el aprendizaje lector en los alumnos de Primaria. En E. Diez-Itza (ed.): Estudios de desarrollo del lenguaje y educación, 32, 323-332. Aula Abierta. Universidad de Oviedo: ICE

-WAGNER, R.K., TORGESEN, J.K., LAUGHON, P., SIMMONS, K. Y RASHOTE, C.A. (1993) Development of Young Readers’ Phonological Processing Abilities. J of Educational Psychology, 85, 83-103

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías