Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Didáctica. currículo e organización escolar Código 652600001
Titulación
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.

Didáctica, currículo e organización escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da pedagoxía, da didáctica e da organización escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade no marco da educación secundaria.

Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.


Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A16 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A17 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A18 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos pertencentes aos comoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. AP3
AP9
AP16
CM4
CM6
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas de educación secundaria. AP1
AP3
AP9
CM4
Comprender as diferencias entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino-aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveles de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. AP3
AP4
AP9
CM4
CM6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. AP4
AP9
CM4
CM6
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupos, de formulación de obxectivos e de selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construcción e reconstrucción progresivo. AP3
AP4
AP5
AP9
CM4
CM6
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente educativa, formativa e formadora, así como afondar nas relacións entre avaliación, a investigación e a innovación. AP3
AP4
AP9
AP17
AP18
CM4
CM6
Profundizar no coñecemento crítico e fundamentado da estructura e funcionamiento do Sistema Educativo. AP9
CM4
CM6
Formalizar, sistematizar e integrar os saberes básicos da organización escolar, que permitan comprender a complexidade dos centros educativos, así como analizar e valorar críticamente a súa vida organizativa. AP9
CM4
CM6
Coñecer algúns dos modelos máis relevantes da organización escolar e comrender a importancia do contexto organizativo no proceso de ensino-aprendizaxe. AP9
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. A participación, xestión e avaliación nos centros de secundaria.
- A organización do Sistema Educativo en Galicia: o caso específico da Educación Secundaria.
- As dimensións organizativas dun centro escolar e a súa relación coa cultura de centro.
- A estructura organizativa dun centro educativo: órganos de gobernos e formas de participación.
- A avaliación de centros de secundaria e a inspección educativa.
Módulo II. Cultura e desenvolvemento organizativo.

- A cultura e o desenvolvemento organizativo: a toma de decisións científica, a toma de decisión interpretativa, e a toma de decisión dende unha perspectiva sociocrítica.
- O conflicto e a natureza conflictiva dos centros escolares.
Módulo III. Funcións e concepcións do currículo.
- A Didáctica e o currículo.
- As concepcións sobre currículo: enfoques e elementos de análisie.
- As políticas curriculares: a aportación autonómica ao currículo da Educación Secundaria.
- O oculto e o manifestó da aprendizaxe escolar.
- O currículo e a cultura escolar no marco da inclusión social e da atención á diversidade.
Módulo IV. Deseño e Desenvolvemento do currículo.
- O ensino como deseño e desenvolvemento do currículo.
- Do currículo prescrito ao currículo contextualizado: o reparto de competencias e responsabilidades.
- A planificación e desenvolvemento do currículo como tecnoloxía, e a planificación e desenvolvemento do currículo como investigación.
- O papel dos obxectivos e dos contidos na planificación: os enfoques disciplinares e interdisciplinares, e as unidades globalizadas.
Módulo V. Modelos de ensino e metodoloxías didácticas.
- O concepto e modelos de ensino.
- As tarefas como marco de socialización educativa e do proceso de ensino e aprendizaxe.
- A estructura das tarefas académicas no traballo de ensinantes e na actividade do alumnado.
- Os método de ensino-aprendizaxe centrados no alumno.
Módulo VI. Os materiais curriculaes e as TIC como recurso didáctico.
- Os recursos didácticos, organizativos e materiais no proceso de ensino-aprendizaxe.
- Os materiais impresos: o libro de etexto e outros materiais.
- Os medios audiovisuais e as TICs como recursos didácticos.
- Os recursos humanos e naturais na educación.
Módulo V. Sistemas e proceso de avaliación didáctica.

- A avaliación no pensamento educativo e na práctica escolar.
- Funcións socioeducativas da avaliaicón.
- A avaliación do currículo e a avaliación das aprendizaxes: modalidades e tipos según o propósito e os criterios.
- Procedementos e instrumentos de avaliación: principios que rixen o proceso avaliativo.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 11 16.5 27.5
Análise de fontes documentais 0 6 6
Lecturas 0 6 6
Proba de ensaio 2 3 5
Traballos tutelados 10 15 25
Discusión dirixida 8 12 20
Estudo de casos 8 12 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Análise de fontes documentais As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado.
Proba de ensaio A proba de ensaio constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumando reflexione sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Estudo de casos As actividades de estudio de caso versarán sobre a presentación de situacións centradas no ámbito educativo para a súa análise desde a óptica da intervención dos profesionais do ensino secndario de maneira integrada cos demais profesionais que desenvolven a súa labor no contexto educativo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Lecturas
Proba de ensaio
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumando.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio A proba de ensaio consistirá no desenvolvemento dunha ou varias cuestións interrelacionadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 50
Traballos tutelados En relación cos traballos tutelados valorarase: A profundidade do contido. O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. A presentación e a claridade da exposición. 25
Estudo de casos En relación cos estudos de caso valorarase: A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito educativo. A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia. O valor de síntese e da adecuación das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada. 25
 
Observacións avaliación

A materia esixe un mínimo de 80% de presencialidade. As actividades que, como mínimo, se esixirá ter aprobadas para a superación da materia serán tres:


- A realización da proba ensaio (individualmente).


- A realización dun traballo tutelado (grupalmente).


- A realizacón dun estudo de caso (grupalmente).


Fontes de información
Bibliografía básica

ALONSO TAPIA, J. (1999): Motivación y aprendizaje en la Enseñanza Secundaria. En COLL, C.: Psicología de la Instrucción: la enseñanza y el aprendizaje en la Educación Secundaria. Barcelona. ICE/Horsori, pp.105-140.

ÁLVAREZ MÉNDEZ, J.M. (1999): Evaluar para conocer, evaluar para aprender: las razones formativas de la evaluación educativa. En Álvarez Méndez, J.M. (1999): Evaluar para conocer. Examinar para excluir. Madrid. Morata, pp. 58 61.

ANTÚNEZ, S. (1993): La educación escolar se desarrolla en el seno de una organización. En Antúnez, S.: Claves para la organización de centros escolares. Barcelona. ICE-Horsori, pp. 13-35

AREA MOREIRA, M. (2009): Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización y tipos. En Introducción a la Tecnología Educativa, pp. 24-37.

AREA MOREIRA, M. (2009): Los medios y tecnologías en la educación escolar. En Introducción a la Tecnología Educativa, pp. 38-54.

BOLIVAR, A. (1999): Cómo mejorar los centros educativos. Madrid. Síntesis.

DE MIGUEL DÍAZ, M. (2006): Métodos y modalidades de enseñanza en la educación superior. En DE MIGUEL DÍAZ, M.: Metodologías de enseñanza y aprendizaje para el desarrollo de competencias. Orientaciones para el profesorado universitario ante el EEES. Madrid. Alianza, pp. 18-26.

FERNÁNDEZ MARCH, A. (2006): Metodologías activas para la formación de competencias. En Educatio siglo XXI, 24, pp. 35-56.

Ficha sobre Tipología de Tareas. En DOYLE, W. (1983): Academia work. En Review of educational Research, 53, pp. 159-199.; y en GIMENO, J. (1988: El curriculum: una reflexión sobre la práctica. Madrid. Morata.

Ficha sobre Tipología de Tareas.En ELLIOT, J. (1990): Investigación-acción en educación. Madrid. Morata.

FUENTES ABELEDO, E.J. (2004): El análisis del curriculum en el aula. En Padres y maestros, 283, pp. 35-39.

FUENTES, E. (2003): “Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes”. En Padres y Maestros, 279, pp. 34-39.

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M.T. (2003) (Coord.): Las organizaciones escolares: dimensiones y características. En González González, M.T.: Organización y gestión de centros escolares. Madrid. Pearson, pp. 25-38.

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M.T. (Coord.): Las relaciones micropolíticas. En González González, M.T.: Organización y gestión de centros escolares. Madrid. Pearson, pp. 133-145.

JORBA, J. y SANMARTÍ, N. (1993): La función pedagógica de la evaluación. En Aula. La evaluación en el proceso de enseñanza-aprendizaje, 20, pp. 20-30

SALINAS, D. (1994): La planificación de la enseñanza: ¿técnica, sentido común o saber profesional? En Angulo, J.F.; Blanco, N. (Coords.): Teoría y desarrollo del curriculum. Málaga. Aljibe, pp. 135- 160.

SALINAS, D. (2002): Formas de pensar la evaluación del aprendizaje. En Salinas, D.: ¡Mañana Examen! La evaluación: entre la teoría y la realidad. Barcelona. Graó, pp. 33-109.

SANTOS GUERRA, M.A. (1997): La luz del prisma. Para comprender las organizaciones educativas. Málaga, Aljibe, pp. 81-110.

Bibliografía complementaria

A) Libros e artigos.

ALONSO TAPIA, J. (1999): “Motivación y aprendizaje en la Enseñanza Secundaria. En COLL, C. (Coord.): Psicología de la Instrucción: la enseñanza y el aprendizaje en la Educación Secundaria. Barcelona: Horsori / ICE.

ÁLVAREZ MÉNDEZ, J.M. (2001): Evaluar para conocer, examinar para excluir. Madrid. Morata.

ANTÚNEZ, S. y otros (2005): Del proyecto educativo a la programación de aula. Barcelona: Graó.

BIGGS, J. (2005): Calidad del aprendizaje universitario. Madrid. Narcea.

BOLIVAR, A. (2000): Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesas y realidades. Madrid. La Muralla.

BOLIVAR, A. (2004). El centro como unidad básica de acción educativa y mejora. En MORENO, J.M. (Coord.): Organización y gestión de centros educativos. Madrid. UNED, pp. 93-120.

CABERO, J. (2007): “Bases para la selección e integración de los medios de enseñanza”. En CABERO, J. (Coord). Tecnología Educativa. Madrid. McGrawHill.

DE LA HERRÁN GASCÓN, A. y PAREDES LABRA, J. (2008) (Coords.): Didáctica General. Madrid. McGraw-Hill.

DE MIGUEL, M. (Coord.) (2006): Metodologías de enseñanza y aprendizaje para el desarrollo de competencias. Madrid. Alianza Editorial.

DEL CARMEN, L. y otros (2004): La planificación del aula. Barcelona: Graó.

DELORS, J. (1996): La educación encierra un tesoro. Madrid. Santillana / UNESCO.

DELVAL, J. (1990): Los fines de la Educación. Madrid. Siglo XXI.

ELLIOT, J. (1990): La investigación-acción en educación. Madrid. Morata.

ESCAMILLA, A. (2008): Las Competencias Básicas. Claves y propuestas para su desarrollo en los centros. Barcelona: Graó.

ESCUDERO MUÑOZ, J.M. (2002): La Reforma de la Reforma. ¿Qué calidad para quiénes? Barcelona. Ariel.

ESCUDERO MUÑOZ, J.M.; GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M.T. (1994): Escuelas y profesores: ¿hacia una reconversión de los centros y la función docente? Madrid. Ediciones Pedagógicas.

ESCUDERO, J.M. (1999): Diseño, desarrollo e innovación curricular. Sevilla. S.P.U. de Sevilla.

ESTEBARANZ, A. (1994): Didáctica e innovación curricular. Sevilla. Universidad de Sevilla.

ESTEVE, J.M. (1995): Los profesores ante el cambio social. Barcelona. Anthropos.

ESTEVE, J.M. (2003): La tercera revolución educativa. La educación en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Paidós.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (1990): La escuela a examen. Madrid. EUDEMA

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (2001): Educar en tiempos inciertos. Madrid: Morata.

FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (1994): Las tareas de la profesión de enseñar. Práctica de la racionalidad curricular. Didáctica Aplicable. Madrid. Siglo XXI.

FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (1994): Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid: Siglo XXI.

GIMENO SACRISTÁN, J. (1988): El curriculum: una reflexión sobre la práctica. Madrid. Morata. (7ª Ed.)

GIMENO SACRISTÁN, J. (Comp.) (2008): Educar por competencias, ¿qué hay de nuevo? Madrid. Morata.

GIMENO SACRISTÁN, J. (Coord.) (2001): Los retos de la enseñanza pública. Madrid. Akal/Universidad Internacional de Andalucía.

GIMENO SACRISTÁN, J. y CARBONELL SEBARROJA, J. (Coords.) (2004): Una mirada crítica al sistema educativo. Barcelona. CISSPRAXIS.

GIMENO SACRISTÁN, J. y PÉREZ GÓMEZ, A.J. (1997): Comprender y transformar la enseñanza. Madrid. Morata. (6ª Ed.)

HARGREAVES, a (2003): Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Octaedro.

HARGREAVES, A. (2005): Profesorado, cultura y postmodernidad: cambian los tiempos, cambia el profesorado. Madrid. Morata. (5ª Ed.)

IMBERNÓN, F. (1994): La formación y el desarrollo profesional del profesorado. Hacia una nueva cultura profesional. Barcelona. Graó.

JARES, S. (1995): Contexto organizativo y resolución de conflictos en los centros educativos. En MANZANO BERNÁRDEZ, P. (Coord.): Volver a pensar la educación. Madrid. Morata.

MARCELO, C. (1994): Formación del profesorado para el cambio educativo. Barcelona. PPU.

MEDINA RIVILLA, A. y SALVADOR MATA, F. (Coords.) (2002): Didáctica general. Madrid: Prentice Hall.

NAVARRO, R. (Coord.) (2005): Manual de Didáctica General y Diseño Curricular. Sevilla. Atril.

NIETO, S. (2005): Razones del profesorado para seguir con entusiasmo. Barcelona. Octaedro.

PERRENOUD, P. (1996): La construcción del éxito y el fracaso escolar. Madrid, Morata / Fundación Paidea (2ª Ed. ampliada).

PERRENOUD, P. (2004): Final del formulario. Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y Razón Pedagógica. Barcelona. Graó.

PERRENOUD, P. (2007): Diez nuevas competencias para enseñar. Barcelona: Graó.

POPKEWITZ, T. (Ed.) (1990): Formación del profesorado. Tradición. Teoría. Práctica. Valencia. Universidad de Valencia.

RODRÍGUEZ DIÉGUEZ, J.L. (2004): La programación de la enseñanza. El diseño y la programación como competencias del profesor. Málaga Aljibe.

RODRÍGUEZ DIÉGUEZ, J.L. y BOLIVAR BOTÍA, A. (2004): Diccionario Enciclopédico de Didáctica. Málaga. Aljibe.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, J. (2006) (Coord.): A elaboración e adaptación dos materiais curriculares. Santiago de Compostela. Ayuntamiento de Santiago.

SALINAS, D. (1994): “La planificación de la enseñanza: ¿técnica, sentido común o saber profesional?”. En ANGULO, J.F.; BLANCO, N. (Coords.): Teoría y desarrollo del currículum. Málaga. Aljibe.

SALINAS, D. (2002): ¡Mañana examen! La evaluación, entre la teoría y la realidad. Barcelona. Graó.

SAN MARTÍN ALONSO, A. (1994): “El método y las decisiones sobre los medios didácticos”. En Sancho, J.M. (coord.): Para una tecnología educativa. Barcelona. Horsori, pp. 67-71 y 75-78.

SÁNCHEZ HUERTE, J.C. (Coord.) (2008): Compendio de Didáctica General. Madrid. CCS.

SANJURJO, L. y RODRÍGUEZ, X. (2003): Volver a pensar la clase. Las formas básicas de enseñar. Rosario. Homo Sapiens.

SANMARTÍ, N. (2007): 10 ideas clave. Evaluar para aprender. Barcelona. Graó.

SANTOS GUERRA, M.A. (1993): La evaluación, un proceso de diálogo, comprensión y mejora. Málaga. Aljibe.

SAVATER, F. (1997): El valor de educar. Barcelona. Ariel.

SCHÖN, D. (1998): El Profesional Reflexivo. Cómo piensan los profesionales cuando actúan. Barcelona. Paidós.

SEVILLANO, M.L. (2004): Didáctica en el siglo XXI. Ejes en el aprendizaje y enseñanza de calidad. Madrid: Mc. Graw Hill.

STAKE, R. (2006): La evaluación comprensiva y la evaluación basada en estándares. Barcelona. Graó.

TORRES SANTOMÉ, J. (2005): El curriculum oculto. Madrid: Morata. (8ª Ed.)

TORRES SANTOMÉ, J. (2006): Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado. Madrid: Morata. (5ª Ed.)

TORRES, J. (2006): La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata.

TRILLO ALONSO, F. (1995): “El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela”. En Cuadernos de Pedagogía, 228, pp. 70-74.

TRILLO ALONSO, F. y SANJURJO, L. (2008): Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario. Homo Sapiens.

TRILLO, F. (2004):“Evaluación del aprendizaje: a grandes males grandes remedios”.En Cuadernos de Pedagogía, 308, 84-91.

TRILLO, F. (2005): “Competencias docentes y evaluación auténtica: ¿falla el protagonista?” En Perspectiva Educacional, 45, pp. 85-100.

WITTROCK M. (1989): La investigación de la enseñanza (Tomos I, II y III). Madrid: Paidós Educador / MEC.

ZABALZA BERAZA, M. (2007): Diseño y Desarrollo Curricular. Madrid. Narcea. (10ª ed.).

B) Bibliografía de motivación e literatura.

McCOURT, F. (2005): El profesor. Madrid. Maeva.

PENNAC, C. (2008): Mal de escuela. Barcelona. Mondadori.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías