Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A2 |
Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A3 |
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A4 |
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares. |
A5 |
Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A6 |
Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A7 |
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A11 |
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A12 |
Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
A13 |
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste campo
|
AP4
|
|
CM7
|
Coñecer a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito labora, principalmente, no que fai os aspectos organizativos e funcionais. |
AP3 AP4
|
|
|
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, coñecer as características conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica.
|
AP3 AP5
|
|
CM5
|
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. |
AP5
|
|
|
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. |
AP1 AP2
|
|
|
Analizar e deseñar programas e materiais de orientación profesional para o ensino secundario, para os programas de cualificación profesional inicial e para os ciclos formativos.
|
AP4 AP6 AP7 AP12
|
|
|
Coñecer as posibilidades de utilización de Internet e da web 2.0 na OP e concretalas na programación das materias da especialidade
|
AP6 AP11
|
|
CM3 CM6
|
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade por razón de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. |
AP1 AP3 AP13
|
|
CM4
|
Identificar os obxectivos, contidos e principios da orientación profesional non sexista, analizar e deseñar programas ou actividades que integren a perspectiva de xénero |
AP1 AP6 AP7 AP11 AP12
|
|
CM4
|
Utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. |
|
|
CM1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL
|
1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
|
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
|
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2. Inserción laboral, profesional, sociolaboral e transición da escola a vida activa. Factores de inserción laboral.
2.3. Áreas de intervención
2.4. Modelos de intervención
2.5. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias |
Tema 3. Xénero e orientación profesional
|
3.1. O xénero como factor condicionante da toma de decisións académicas e profesionais.
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero do sistema educativo e do mercado laboral
3.3. A OP para a igualdade de oportunidades na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. Finalidades, obxectivos e contidos da OP para a igualdade de oportunidades.
5.5.Análise e deseño de programas e actividades de OP non sexista |
Tema 4. A utilización de internet e da web 2.0 en orientación profesional |
4.1. Ámbitos de utilización de Internet
4.2. As aplicacións da web 2.0
4.3. As competencias dixitais do profesorado de FOL
|
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
|
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OL no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego da UE.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
3 |
16 |
19 |
Sesión maxistral |
11 |
0 |
11 |
Aprendizaxe colaborativa |
4 |
8 |
12 |
Presentación oral |
1 |
1 |
2 |
Portafolios do alumno |
0 |
13 |
13 |
Estudo de casos |
7 |
27 |
34 |
Proba mixta |
1 |
3 |
4 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades de coñecementos previos que se realizarán ao inicio de cada tema. |
Análise de fontes documentais |
As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e que dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
|
Sesión maxistral |
O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
|
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análíse de fontes documentais e nas de estudo de casos. |
Presentación oral |
Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade |
Portafolios do alumno |
Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia. |
Estudo de casos |
a) Deseño un programa de orientación profesional s que inclúa a perspectiva de xénero para un grupo de alumnado dun Programa de Cualificación Profesional Inicial.
b) Deseño de obxectivos, contidos e actividades que incorporen algún dos ámbitos de utilización de Internet e da web 2.0.
|
Proba mixta |
Está orientada á avaliación das aprendizaxes tanto teóricas como prácticas. Combina preguntas curtas e de síntese dalgúns dos contidos abordados na materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
A titoría vai ser grupal e individual. A titoría ten como finalidade o apoio no proceso de aprendizaxe e ó seguimento e supervisión dos estudos de caso que, como se indica na planificación, esixen de apoio personalizado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e da que hase dar conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
As actividades grupais deste apartado desénvolvense no marco da aprendizaxe colaborativa |
10 |
Portafolios do alumno |
Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas, a súa aplicación no TFM e no período de prácticas e a relación co resto das materias do mestrado. |
35 |
Estudo de casos |
a) Deseño dun programa de orientación profesional que inclúa a perspectiva de xénero. O alumnado destinatario está a cursar un Programa de Cualificación Profesional Inicial.
b) Deseño de actividades que incorporen os distintos ámbitos de utilización de Internet para un grupo que está a cursar un Ciclo Formativo.
As dúas actividades de estudo de caso son grupais e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa. |
35 |
Proba mixta |
Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: - Cartafol individual (3,5 puntos)
- Actividades grupais (4,5 puntos)
- Proba mixta (2 puntos)
Para superar a materia cómpre sacar a metade da cualificación que se asigna a cada unha das tres actividades.
O portafolios do alumnado é unha actividade individual e ha de conter os seguintes apartados: - Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, pódese utilizar como criterio os obxectivos de cada tema, incorporar as aprendizaxes conseguidas na realización das actividades grupais)
- Marcador social creado para a clasificación e xestión dos recursos web útiles para o ensino dos módulos da especialidade
- Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que profundizar.....
- Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e especialmente coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación na elaboración do TFM
- Listaxe de cuestións relacionada cos contidos da matería que terás que observar e analizar durante as prácticas
- Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia
Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un dossier no que se inclúan todas as actividades realizadas. Tamén hai que incorporar unha descrición e reflexión sobre o funcionamento do grupo (distribución de tarefas, número de reunións grupais realizadas e obxectivos das mesmas, cambios introducidos e que se deberíand e ter feito para o seu mellor funcionamento).
Na avaliacion do programa e da docencia van se utilizar os seguintes medios:
- Observacións e reflexións da profesora sobre o desenvolvemento do programa - A valoración do alumnado recollida en distintas sesións. - Cuestionario final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sánchez Garcia, M. F. (2006). Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio . Madrid: Sanz Torres
Espin, J. e outras (1996). Análisis de recursos educativos desde una perspectiva sexista. Barcelona: Editorial Laertes
Rodríguez Moreno, M.L. (2010). Desarrollo de competencias: teoria y práctica. Barcelona:Editorial Laertes
Alastruey. R. (2010). El networking. Barcelona: Editorial UOC
Alastruey. R. (2009). Empleo 2.0. Barcelona: Editorial UOC
Álvarez González, M. e Bisquerra, R. (2007). La madurez para la carrera en Educación Secundaria: evaluación e intervención. Madrid: EOS
Cobos, A.; Gutiérrez-Crespo, E. e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Barcelona: Editorial Grao
Pérez Ortega, A. (2009). Marca personal. Madrid: Editorial ESIC
Echeverría, B. (Coord.) (2008). Orientación Profesional (caps:3,4,5 e7) . Barcelona: UOC
Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Madrid:Bibliotec Nueva
Grañeras, M. e Parras, A. (2008). Sociedad de la información e intervención psicopedagógica. Madrid: CIDE |
Para cada tema vaíse proporcionar bibliografía e webgrafia específica, diferenciando a de lectura obrigatoria e a de profundización.
|
Bibliografía complementaria
|
(). . |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O profesorado da especialidade de FOL asume funcións no campo da orientación profesional. Algúns dos contidos dos módulos e das áreas da súa competencia docente, xunto coas funcións que a normativa lle atribúe, como membro do departamento de orientación dos IES e dos departametos de orientación e información dos centros integrados de formación profesional, remarcan a necesaria especialización do profesorado de FOL no campo da orientación profesional.
Por outra parte, a heteroxoneidade na formación inicial do alumnado que cursa a especialidade de FOL, que, fóra dalgunha excepción, non ten cursado materias relacionadas coa OP, unida á necesidade de formación específica neste campo xustifican a incorporación da materia de Orientación e Inserción Laboral no itinerario de Formación e Orientación Laboral. Orientación e Inserción Laboral signifícase na dimensión profesionalizadora. A súa finalidade é contiribuir a adquisición das competencias que permiten comprender o alcance da orientación profesional e o exercicio satisfactorio das funcións orientadoras propias da especialidade. |
|