Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá Código 652608812
Titulación
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Yagüe Lopez, Pilar
Correo electrónico
pilar.yague.lopez@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Yagüe Lopez, Pilar
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
pilar.yague.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A3 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A7 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A11 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A13 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer o valor formativo e cultural das literaturas galega e castelá AP1
Coñecer os contidos que se cursan en ensino secundario e bacharelato nas materias de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá. AP2
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. AP3
Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. AP7
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das literaturas galega e castelá. AP11
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das literaturas galega e castelá e expor alternativas e solucións. AP13
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Coñecemento dos contidos relevantes das literaturas galega e española 1.1. Conceptos básicos do ensino da literatura galega e española:
1.1.1. Cuestións contextuais: a periodización e os xéneros literarios
1.1.2. O canon
1.1.3. A necesidade de revisión da historiografía literaria


2. Tendencias actuais nas literaturas galega e española 2.1. Enfoques metodolóxicos para o ensino da literatura: da visión historiográfica tradicional aos novos enfoques
2.2. Consideración crítica de obras e autores.


3. Adaptación das literaturas galega e española ao marco curricular 3.1. Orientación docente e plantexamentos formativos:
3.1.1. A lectura comprensiva e crítica
3.2.2. O comentario de textos
3.2.3. Selección de lecturas representativas


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 30 30
Obradoiro 12 0 12
Proba mixta 2 15 17
Análise de fontes documentais 0 20 20
Presentación oral 2 5 7
Sesión maxistral 12 0 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, os estudantes deberán ler os textos proporcionados ao comezo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación dos estudantes será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, mesas redondas, aprendizaxe colaborativa... Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Proba mixta Na última sesión do curso os estudantes deberán realizar unha proba mixta que versará sobre as lecturas realizadas previamente.
Análise de fontes documentais Cada estudante deberá seleccionar un dos textos proporcionados ao comezo do curso para elaborar sobre el unha análise dirixida a través da titorización individualizada.
Presentación oral A actividade de análise de fontes documentais, realizada polos estudantes fóra da aula, deberá ser exposta ante os demais compañeiros na última sesión do curso.
Sesión maxistral A modo de introdución ou visións de conxunto, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
Cada estudante deberá indicar á profesora o texto seleccionado para que lle sexan establecidas as pautas metodolóxicas específicas para abordar a análise.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Nestas sesións o estudante deberá amosar coa súa participación activa que traballou os materiais previamente proporcionados pola profesora.

20
Proba mixta Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
Análise de fontes documentais Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
- capacidade de síntese
- orixinalidade e profundidade da reflexión crítica
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical
20
Presentación oral Na presentación oral teranse en conta os seguintes aspectos:
- claridade e fluidez expositiva
- emprego de recursos de apoio
- linguaxe non verbal

10
 
Observacións avaliación

1. Aínda que non se reserve unha porcentaxe determinada para as lecturas, a súa realización é imprescindible para superar a materia, xa que sobre elas xiran os contidos teóricos, as sesións interactivas e as demais actividades que computan na avaliación.

2. Para superar a materia é imprescindible o uso correcto da lingua, tanto oral coma escrita: ortografía, puntuación, corrección sintáctica e gramatical.

3. Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.


Fontes de información
Bibliografía básica Aller García, C. (1998). Animación a la lectura II: juegos y actividades para después de leer. Sevilla. Quercus
Rodríguez Fer, C. (1991). Arte literaria. Vigo. Xerais
Pozuelo Yvancos, J.M. (2007). Desafíos de la Teoría. Literatura y géneros. Mérida. Venezuela. El otro@el mismo
García Rivera, G. (1995). Didáctica de la literatura en la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid. Akal
Bordons, G e A. Díaz-Plaja (2006). Enseñar literatura en secundaria. Barcelona. Graó
VV. AA. (2000). Galicia. Literatura, vols. 31-34.. A Coruña, Hércules de Edicións
VV.AA. (1996-1998). Historia da Literatura Galega, 5 vol.. Vigo. A Nosa Terra
Viñas Piquer, D. (2002). Historia de la crítica literaria. Barcelona. Ariel
Sánchez Miguel, E. (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona. Graó
Navarro Durán, R. (1995). La Mirada al texto : comentario de textos literarios.
Fernández Paz, A. (2004). Lingua e literatura: educación secundaria obrigatoria. Vigo. Xerais
Rodríguez, F. (1990). Literatura galega. Problemas de método e interpretación. Vilaboa-Pontevedra. O Cumio
VV. AA., (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo, A Nosa Terra
Martín Vegas, R.A. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid. Síntesis
Aguiar e Silva, V.M. de (1993). Teoria da Literatura. Coimbra. Livraria Almedina
Reyes, G. (Ed.) (1989). Teorías literarias en la actualidad. Madrid. ediciones el arquero

Bibliografía complementaria

Abuín, A. / Tarrío, A. (eds.) (2004): Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da península Ibérica, Santiago. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións.

Aguiar e Silva, V.M. de (1993): Teoria da Literatura.Coimbra. Livraria Almedina.

Bibliografía Española , Madrid, Servicio Nacional de Información Bibliográfica (luego Instituto Bibliográfico Hispánico, luego Biblioteca Nacional), 1959 y ss. Refundición anual del Boletín del Depósito Legal para el período 1958-1968, y continuación mensual del mismo a partir de 1969 (trimestral entre 1971-1981). Disponible en CD-ROM (cfr. infra).

Carballo Calero, R. (1981): Historia da Literatura Galega Contemporánea.Vigo. Galaxia.

Marchese, A. / Forradellas, J. (1991): Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria.Barcelona. Ariel. Pedraza Jiménez, F.B. / Rodríguez Cáceres, M. (1980-2000): Manual de literatura española. Tanfalla. Cénlit.

Rodríguez Cacho, L. (2009): Manual de historia de la literatura española. Madrid. Castallia.

Tarrío, A. (1994): Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo, Xerais.

Vázquez Cuesta, P. (1980): "Literatura gallega", in Díez Borque. J. Mª. (ed.), Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, pp. 621-896. Taurus, Madrid.

Vilavedra, D. (coord.) (1995-2004): Diccionario da literatura galega, 4 vols. Vigo, Galaxia.

Vilavedra, D. (1999): Historia da literatura galega. Vigo, Galaxia.

Viñas Piquer, D. (2002): Historia de la crítica literaria.Barcelona. Ariel

VV.AA. (1996-1998): Historia da Literatura Galega, 5 vol. Vigo. A Nosa Terra

VV. AA. (2000): Galicia. Literatura, vols. 31-34. A Coruña, Hércules de Edicións.

VV. AA. (2001): Literatura galega. Século XX. Vigo, A Nosa Terra.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá/652608821
Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608822
Fundamentos metodolóxicos e profesionais do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria/652608823
Proxectos de innovación e investigación educativa en língua e literatura galega e língua e literatura castelá/652608E31
Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá/652608811

Materias que continúan o temario

Observacións

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías